Un home maior bebe auga dunha botella nun día de intensa calor / Arquivo

2023, o ano máis cálido en Galicia dende 1961, e tamén o máis húmido dende o 2000

Medio Ambiente - 17 Xaneiro 2024

Juan Taboada, meteorólogo de Meteogalicia, insistiu no balance anual do 2023 en que ningún mes foi "frío"; algo que xa pasou en 2022. "Levamos 25 meses, desde decembro do ano anterior, sen ningún mes frío. É algo a considerar; estatisticamente é moi rechamante", comentou.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, en Cabana / CONSELLERÍA DO MAR

A Xunta pide "mensaxes reais" e "que non afecten ao sector do mar" na manifestación do domingo

Medio Ambiente - 17 Xaneiro 2024

O comité de expertos que avaliará o impacto das verteduras plásticas no mar reunirase este venres. Segundo Meteogalicia, un cambio nos ventos debería mover os microplásticos "cara ao Golfo de Biscaia sen chegar de maneira masiva ao litoral galego".

Especies en perigo de extinción afectadas polo proxecto de Altri en Palas de Rei / ADEGA

Altri ocultou que o seu proxecto afectará a tres especies en perigo de extinción

Medio Ambiente - 16 Xaneiro 2024

Así o denuncia ADEGA que asegura que o informe de impacto ambiental obviou a afectación á santolina de Melide (Santolina melidensis), a herba de namorar de Merino (Armeria merinoi) e á magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum).

Voluntarios limpan nas praias o chapapote do

Frases para a historia: dos "hilitos de plastilina" do Prestige ao "entran por onde entran e saen por onde saen"

Medio Ambiente - 15 Xaneiro 2024

A crise dos 'pélets', ou dos plásticos, está deixando frases para a historia. Frases que lembran, e moito o acontecido durante a catástrofe do Prestige. Galicia Confidencial recompila as principais declaracións de dirixentes políticos e sociais dos últimos días e a súa semellanza co acontecido hai máis de 20 anos.

Varios voluntarios recollen pellets na praia de Panxón, a 11 de xaneiro de 2024, en Pontevedra / Javier Vázquez - Arquivo

Adega amosa "preocupación" porque o Plan Camgal se basee en decisións políticas en lugar de en criterios técnicos

Medio Ambiente - 15 Xaneiro 2024

Plataformas de voluntariado reclaman "interlocución" coas administracións para garantir a recollida eficaz. Un equipo de WWF percorreu durante o fin de semana algúns dos puntos de Galicia máis afectados.

Un voluntario recolle pellets na praia de Samil, a 10 de xaneiro de 2024, en Vigo / Adrián Irago - Arquivo

Inma, unha galega que abre a súa casa aos voluntarios: "Cando alguén vén limpar de tan lonxe, non pode ser unha mala persoa"

Medio Ambiente - 14 Xaneiro 2024

Conta a Galicia Confidencial que abrir as portas da súa casa non é "nada raro" para ela, pois "a min paréceme como do máis normal, como di a frase esta de que 'o pobo salva ao pobo', e para nós sería outra forma de poder axudar dende a outra parte, e estariamos encantados".

Zulema Varela / Arquivo

Zulema Varela, investigadora da USC: "Consumimos microplásticos ata na auga da billa "

Medio Ambiente - 13 Xaneiro 2024

Chama a ter coidado coa masificación das praias, pois ao pisar os pellets poden introducirse máis na area. Tamén di que, ao angazar os areais, pódese destruír o hábitat de moitos animais, aínda que os voluntarios traten de organizarse. "Evidentemente os voluntarios fano por ben, pero deben ter moito coidado", alerta.

Manu e Tomás, de Cataluña a Galicia en bus para axudar na limpeza dos pélets / GC

Manu e Tomás, dous mozos cataláns que se fixeron 14 horas de bus e durmen nun coche só para axudar na recollida dos pélets

Medio Ambiente - 13 Xaneiro 2024

Tomás, ademais, é estudante de Fotoxornalismo en Barcelona, polo que tamén cre que é importante "documentar fotograficamente esta vertedura" e "o traballo que están a realizar os voluntarios". Así nolo contan a Galicia Confidencial.

Pélets atopados na praia de Boa, a 13 de xaneiro de 2024, en Noia / Elena Fernández

Que din os informes da UDC e da UVigo sobre a toxicidade dos microplásticos?

Medio Ambiente - 13 Xaneiro 2024

Confirman que os pélets que chegan ás praias galegas tras a vertedura do buque 'Toconao' son polietileno "pouco tóxico" con aditivos "pouco solubles".

Pélets na praia do Espiñeirido, a 11 de xaneiro de 2024 / GC - Arquivo

Asturias dá por estabilizada a crise dos pélets nas súas costas

Medio Ambiente - 13 Xaneiro 2024

O Goberno do Principado considera estabilizada a chegada de pélets á costa asturiana, pero seguirá mantendo unha vixilancia exhaustiva para reducir o máis posible o seu impacto no litoral.

Saco de pélet localizado nas proximidades de Punta Frouxeira polo helicóptero Pesca 2 do Servizo de Gardacostas de Galicia / XUNTA

O operativo de procura da Xunta atopa un saco de plásticos no mar

Medio Ambiente - 13 Xaneiro 2024

A Xunta mantén activo este sábado un operativo de 300 persoas en 54 praias de 35 concellos, cun dispositivo con dous helicópteros, cinco buques e sete embarcacións no mar. O avión de Salvamento Marítimo sobrevoou este sábado a zona de cabo Silleiro-Ortegal sen atopar sacos de pélets

Técnicos municipais recollendo pélets na praia das Sinas, en Vilanova de Arousa / Cedida

Jorge de los Bueis, presidente de Oceanógrafas de Galicia: "Preocúpanos ver concellos meter maquinaria pesada nas praias"

Medio Ambiente - 12 Xaneiro 2024

"Vemos que moitos concellos non saben ben que facer ou están actuando de boa fe, pero equivocándose en determinadas cousas, e parécenos importantísimo que teñan indicacións claras de como proceder, do que poden e non poden facer nos seus areais", argumenta o experto.

Estudantes do IES Porto do Son colaboran na recollida dos pélets na praia de Cabeiro / GC

Nenos do IES Porto do Son colaboran na recollida de plásticos na praia de Cabeiro

Medio Ambiente - 12 Xaneiro 2024

A ONG catalá Plastic Free Wave organizou unha limpeza de praias en colaboración con este colexio. Elia Planas, voluntaria da asociación, falou con Galicia Confidencial durante esta recollida de microplásticos e asegurou que, "ao final, canta máis precisión, mellor, e con nenos creo que nos irá ben, porque teñen mans máis pequeniñas".

Limpeza de pélets en Muros / CONCELLO DE MUROS

A Xunta recoñece que recibiu un "WhatsApp" avisando do colector de pélets perdido o 21 de decembro, pero "non de forma oficial"

Medio Ambiente - 12 Xaneiro 2024

A vicepresidenta segunda da Xunta, Ángeles Vázquez, recoñeceu este venres que Salvamento Marítimo informou nunha comunicación co 112 o 24 de decembro de que tiñan rexistradas "varias incidencias" por localización de plásticos na costa dos que analizaban se podían ter "relación cun buque" que "podería perder" colectores no mar.

Voluntarios limpan pellets na praia de Samil, a 10 de xaneiro de 2024, en Vigo / Adrián Irago - Arquivo

Tras sobrevoar en avión a ría de Vigo, o Goberno di que non detectou sacos de pélets nas Rías Baixas

Medio Ambiente - 12 Xaneiro 2024

En cambio, en Pontevedra acaban de notificar a presenza dos primeiros microplásticos

Embarcación con base en Santurtzi (Bizkaia) equipada cunha rede especial para a recollida de pélets / H. BILBAO - EUROPA PRESS

Aparecen cantidades "poucos significativas" de microplásticos en Portugal, non se sabe se relacionados co 'Toconao'

Medio Ambiente - 12 Xaneiro 2024

Os plásticos da costa vasca non son os de Galicia que xa traballa con buques propios. O Goberno Vasco ten preparados dous barcos en Santurtzi equipados con redes especiais para a recollida deses plásticos, se fose necesario.

Sacos entre rochas en Corrubedo Foto de Antonio Ferreirós

Así está Corrubedo, zona cero da marea de plásticos

Medio Ambiente - 11 Xaneiro 2024

Os pélets que chegaron a Corrubedo puideron facelo primeiro nos seus sacos que logo romperían contra as rochas e esparexerían o contido pola costa. Porén, houbo sacos que chegaron enteiros á praia cos datos mínimos sobre propietario e contido. A preocupación principal de todas as persoas que viron o acontecido no parque é que pasará agora coa fauna e co mar nos vindeiros anos.

Veciña de Santiago limpando na praia do Espiñeirido, a 11 de xaneiro de 2024 / GC

A impotencia de limpar unha praia quilométrica entre dúas persoas mentres as mareas seguen traendo microplásticos

Medio Ambiente - 11 Xaneiro 2024

"Síntome impotente aquí sentada, na pedra dunha praia de dous quilómetros de lonxitude, apañando con escoba e recolledor os pélets da area e tratando de separalos das algas a man, mentres as mareas seguen traendo máis e máis", cóntanos a Galicia Confidencial unha veciña de Santiago que quixo aproveitar as súas vacacións para, "en lugar de tomar o café, estar botando unha man" na praia de Espiñeirido, entre Ribeira e Porto do Son.

Un voluntario recolle pélets na praia de Samil. Adrián Irago - Europa Press / Europa Press

Desde a perda de carga do 'Toconao' ao desastre actual: cronoloxía da vertedura de pélets en Galicia

Medio Ambiente - 11 Xaneiro 2024

Hai xa 34 días que o buque perdeu parte da súa carga fronte ás costas portuguesas.

Axentes do Servizo de Vixilancia Ambiental da Consellería de Medio Ambiente do Goberno de Cantabria inspecionando a chegada de pélets a unha praia / GOBERNO DE CANTABRIA

A limpeza nas praias de Cantabria e de Asturias estase a realizar de xeito coordinado con medios do Goberno central

Medio Ambiente - 11 Xaneiro 2024

O Executivo remitirá este xoves a petición formal ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, coas necesidades de Cantabria para facer fronte aos traballos necesarios ante a chegada destes microplásticos ás súas costas.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.