Antiga cimentación no convento de Santa Clara / DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O convento de Santa Clara, en Pontevedra, é moito máis antigo do que se cría e xa tiña no século XIV tres edificios

Patrimonio - 10 Marzo 2025

O descubrimento dunha antiga cimentación revela a definición do núcleo orixinario do convento de Santa Clara para confirmar que o recinto é moito máis antigo do que se cría e que estaba composto por tres edificios.

Entroido Ribeirao de Chantada / Entroido Ribeirao

Entroidos que nunca morren: O Entroido Ribeirao, cos seus choqueiros, peliqueiros e maragatos

Patrimonio - 05 Marzo 2025

O Entroido Ribeirao, que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba, en Chantada, é unha das mostras de Entroido tradicional galego máis antigas e de maior valor etnográfico

Personaxes do Entroido de Samede / Entroido de Samede

Entroidos que volven á vida: Vixigueiros, bonitos e carolos bailan a Muiñeira Cruzada no Entroido de Samede

Patrimonio - 04 Marzo 2025

O proceso de recuperación do Entroido de Samede comezou de maneira casual. "Todo empezou cun traballo escolar para o meu fillo", explica Emilia Cagiao

O Museo do Pobo Galego propón un entroido en liña con tres sesións dedicadas ás máscaras tradicionais.. MUSEO DO POBO GALEGO

Personalidade e ritualidade. Descubrindo as máscaras do Entroido galego

Patrimonio - 04 Marzo 2025

Xosé Manuel Seixas, coñecido como o 'Home Entroido', leva máis de 30 anos dedicados á investigación e recuperación das máscaras e tradicións do Entroido galego

Entroido das Bonitas de Sande, en Cartelle / Cedida

Entroidos que volven á vida: Sande, en Cartelle, coas súas Bonitas, toda unha reivindicación de xénero no pasado

Patrimonio - 03 Marzo 2025

O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras do Entroido de Sande da man de Mónica, membro da Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande, que nos conta os pormenores das Bonitas, recuperadas no 2002, do Oso, da Vaca e das Avutardas. Ademais, explica a particularidade tan especial que ten nesta parroquia a queima do Meco.

Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada durante o Domingo Lambedoiro / Rosa Veiga - Arquivo

O Entroido xa é Ben de Interese Cultural de Galicia

Patrimonio - 03 Marzo 2025

O Consello da Xunta aprobou este luns o decreto que declara Ben de Interese Cultural o 'Entroido' galego, ao considerar acreditado o seu valor singular como "patrimonio inmaterial" da comunidade, tal e como explicou o xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda.

Convento de Santa Clara en Pontevedra / Zarateman - Wikimedia - Arquivo

Cruzamento de acusacións entre Deputación e Concello de Pontevedra pola tramitación da licenza do convento de Santa Clara

Patrimonio - 03 Marzo 2025

O vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, culpou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, do atraso que acumula o proxecto de rehabilitación; mentres que desde o goberno local, o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, asegura que o político popular está "desnortado".

Momia guanche / Wikipedia - Arquivo

Os museos retiran os restos humanos das súas exposicións: cales son as implicacións desta decisión?

Patrimonio - 01 Marzo 2025

Galicia Confidencial fala con Edgard Camarós, profesor na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e arqueólogo que traballa directamente con restos humanos, que considera que "cun resto humano empatízase de maneira inmediata e é un fío condutor extraordinario nun museo para entender que detrás de calquera outro resto está o ser humano", polo que "non debemos deixar de pensar que a Historia é tan social como biolóxica".

Felos no Entroido de Carguizoi, en Maceda / Instagram @carguizoi

Entroidos que volven á vida: Carguizoi, en Maceda, co Felo, o Fiadeiro e o recentemente recuperado Reinado

Patrimonio - 28 Febreiro 2025

O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras do Entroido de Carguizoi da man de Manuel, o 'alcalde' da aldea, así nomeado de broma polos veciños, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Felo e Fiadeiro houbo tamén a representación do Reinado.

Labardeiros de Mugares / TVG

Entroidos que volven á vida: Mugares, en Toén, onde aos Mazarucos se suma o teatro de rúa

Patrimonio - 26 Febreiro 2025

O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras recuperadas do Entroido de Mugares da man de Roberto, o presidente da asociación cultural organizadora, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Mazarucos, Señoritas e Labardeiros haberá tamén representación das Comedias.

Formigoneira suspendida no aire fronte á Igrexa de Santa María do Azogue en Betanzos

Nova polémica en Betanzos por como se está restaurando a Igrexa de Santa María do Azogue

Patrimonio - 26 Febreiro 2025

A intervención na igrexa, que conta cun financiamento da Xunta de Galicia de case 450.000 euros, está enfocada na renovación da cuberta e a sancristía

Oso de Salcedo / Felipe Castro - Arquivo

Entroidos que volven á vida: Salcedo, na Pobra do Brollón, cos Disfraces de Campo e os Osos Grande e Pequeno

Patrimonio - 24 Febreiro 2025

O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras recuperadas do Entroido de Salcedo da man de Lucas, o presidente da Asociación de Veciños, que nos conta todos os segredos que agocha esta celebración, cada ano máis exitosa.

Entroido de Budián / RibeiraSacra.org

Entroidos que volven á vida: Budián, en Pantón, cos seus Brancos e o seu Farranquí

Patrimonio - 23 Febreiro 2025

O GC comeza a semana grande do Entroido coñecendo as curiosidades do Entroido de Budián da man de Lucas, unha das persoas implicada na recuperación desta festividade, que logrou volver celebrarse no ano 2021, despois de máis de 65 anos esquecida.

Club pequeamigxs nas Xornadas Pacegas organizadas pola Rede de Museos de Lugo / Deputación de Lugo

Cando os museos teñen vida e os profesionais son o motor desa vida

Patrimonio - 22 Febreiro 2025

O podcast ‘Que din os Rumososos, arroutadas da Historia de Galicia’ aborda en catro programas (o 7º,8º, 9º e 10º da serie ) a importancia do papel dos museos como elementos de educación e concienciación patrimonial e histórica das sociedades.

Casa histórica de Cambados / @casahistorica_cambados

(Vídeo) Casa Histórica de Cambados, unha xoia patrimonial do ano 1.780 onde nada é o que parece ser a simple vista

Patrimonio - 22 Febreiro 2025

Elena e Nenucha, nai e filla, abren as portas da súa casa ao Galicia Confidencial para amosarnos todos os seus segredos, que xa vos adiantamos que non son poucos.

O portavoz de infraestruturas do PPdeG, José Manuel Balseiro / PPdeG

O PP de Lugo reclama ao Goberno a rehabilitación do mosteiro de Vilanova de Lourenzá

Patrimonio - 22 Febreiro 2025

O senador José Manuel Balseiro pedirá na Comisión de Cultura que o Executivo lidere e financie a restauración do monumento

Detalle da escavación no Castro de Esmelle / Samuel Nión

O castro de Esmelle, como o mundo castrexo da costa é moi diferente ao do interior

Patrimonio - 22 Febreiro 2025

Os recentes achados en Esmelle ofrecen novas pistas sobre a vida na Idade do Ferro nun castro costeiro.

Pezas atopas no interior dun sarcófago / Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Sabes que gran segredo romano ocultan os terreos da estación de autobuses de Lugo?

Patrimonio - 21 Febreiro 2025

Os estudos arqueolóxicos realizados ao longo de máis dun século confirman a existencia dun importante sitio arqueolóxico que se estende dende a capela de San Roque ata O Vello Cárcere

Mosteiro de Trandeiras ou do Bon Xesús / Concello de Sandiás

O mosteiro que se fixo tras aparecerse a virxe María co neno Xesús, camiño de ser BIC

Patrimonio - 19 Febreiro 2025

Iniciado o proceso para converter o Convento do Bon Xesús da Limia en ben de interese cultural.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.