Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela

O Concello de Santiago "blinda" xudicialmente as estatuas de Abraham e Isaac

Patrimonio - 25 Setembro 2018

Martiño Noriega critica que Xunta e Ministerio "debaten quen ten que facer que" sobre Meirás mentres o Consistorio "actúa".

Participantes na andaina de Rutas de Historia na Igrexia románica de Lobios, en Sober / Rutas de Historia

O románico e o mundo castrexo da Ribeira Sacra cautivan a amantes do patrimonio de toda Galicia

Patrimonio - 24 Setembro 2018

Máis de 120 persoas dos catro recunchos de Galicia participaron nas dúas andainas que o proxecto Rutas de Historia celebrou durante o sábado e o domingo en Sober, Monforte e Pobra do Brollón. A seguinte cita será no Pedregal de Esteiro, en Muros.

Torre de Caldaloba, en Cospeito / Xabier Moure

Toman un castelo para reivindicar o seu abandono

Patrimonio - 17 Setembro 2018

Unha primeira pica, unha toma de conciencia. Así describe Antón Tenreiro, da asociación Os Vilares, Lareira de Soños, a I Toma Cultural da Caldaloba. Este domingo a fortaleza foi escenario de poesías e músicas inspiradas na mítica Torre, derradeiro reduto da nobreza galega e dos herdeiros do mariscal Pardo de Cela.

Queima das Fachas / Asoc. Cultural As Fachas

Cando o lume unía aos pobos da antigua Gallaecia

Patrimonio - 10 Setembro 2018

Taboada celebra un ano máis a Queima das Fachas, unha tradición cunha difusa orixe que algúns investigadores relacionan con rituais celtas.

Castro atopado por Patrimonio dos Ancares en Navia de Suarna / Xabier Moure

Achan un novo castro que podería controlar as minas de ouro dos Ancares

Patrimonio - 07 Setembro 2018

A fortificación castrexa atópase en Navia de Suarna nun lugar no que en dous quilómetros cadrados hai ata 15 xacementos auríferos catalogados.

Museo Etnográfico de Ribadavia/ xunta.gal

Denuncian a privatización do Museo Etnográfico de Rivadavia tras investir 1,36 millóns de euros públicos

Patrimonio - 03 Setembro 2018

CC.OO. di que a Consellaría de Cultura ten en trámite "a concesión do servizo de atención ao público e control das instalacións" por un importe de pouco máis de 74.000 euros.

Ósos e outros restos óseos atopados na escavación do castro de San Lourenzo / XdL

Estes son os segredos dos ósos humanos atopados nun castro de Lemos

Patrimonio - 02 Setembro 2018

No castro de San Lourezo, na parroquia de Cereixa, da Pobra do Brollón, habitaba unha comunidade labrega humilde de diferentes xeracións que compartían este espazo vencellado a un santo. Estamos na antesala das parroquias galegas dos séculos XII-XIII.

Campamento romano de Penedo dos Lobos, en Manzaneda, o máis antigo datado ata o de agora en Galicia / romanarmy.eu

Descuberto o primeiro campamento romano en Galicia da época das Guerras Cántabras

Patrimonio - 28 Agosto 2018

Descuberto en Penedo dos Lobos, Manzaneda, o campamento romano máis antigo de Galicia. Unha fortificación romana feita en plenas guerras cántabras, o que podería demostrar a participación activa do antigo territorio galego nesas guerras.

O que semella un quad no illote do Areoso / illadearousa.com

Quads no illote do Areoso?

Patrimonio - 27 Agosto 2018

Denuncian que vehículos de catro rodas foron vistos hai uns días neste illote inzado de elementos patrimoniais.

Mámoa destrozada en Friol por maquinaria pesada adicada á madeira / Patrimonio dos Ancares

Atopan petróglifos e mámoas en Friol, mentres aparece outro túmulo destrozado por madeireiros

Patrimonio - 27 Agosto 2018

Patrimonio dos Ancares dá conta da descuberta de novas estacións de petróglifos e dúas mámoas e denuncia a destrución doutra que estaba catalogada.

Pazo De Meirás. Europa Press - Archivo / Europa Press

Sada pídelle ao Goberno que a Lei de Memoria Histórica inclúa o Pazo de Meirás

Patrimonio - 22 Agosto 2018

Ínstalle, de novo, a presentar a demanda civil que posibilite a incorporación do inmoble ao patrimonio galego.

[Grupovigo] Ou Camiño Portugués Dá Costa Multiplica Por Cinco A Súa Cifra De Per. XUNTA DE GALICIA / Europa Press

O Camiño Portugués pola Costa multiplica por cinco os seus peregrinos desde o seu recoñecemento oficial

Patrimonio - 21 Agosto 2018

Pasou das 1.474 persoas que o percorreron en 2015 ás preto de 8.000 que xa o realizaron este ano.

O Castro de Chavaga deteriorado polos traballos dos madeiristas / EP.

O castro de Chavaga: primeiro foi afectado polos incendios e agora é destruído por maquinaria pesada

Patrimonio - 12 Agosto 2018

As deputadas Lidia Senra e Paula Verao critican a deixadez da Administración e a perminisividade que adoita ter cos intereses dos madeiristias, aínda que se sexa a costa de destruír o territorio.

A escultura da "muller adúltera"/ Wikipedia

A historia da “muller adúltera” que leva 900 anos ollando cara nós na Catedral de Santiago

Patrimonio - 10 Agosto 2018

A "muller adúltera" é unha escultura románica colocada na Fachada de Praterías, considerada un precedente do cómic feito en pedra. GC fala coa guía turística Merichel Vicente e o historiador Asar Fernan Rodri para descubrir os segredos da figura. E para reflexionar sobre a ollada do turista, do peregrino e do compostelán.

 Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, en Barreiros, convertido nun aparcadoiro de autocaravanas / Mariña Patrimonio

Os castros, de espazos arqueolóxicos a espazos multifunción

Patrimonio - 10 Agosto 2018

É ilegal o aparcadoiro de autocaravanas do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia? Que responsabilidade de conservación patrimonial teñen os concellos? Tentamos aclarar algunhas preguntas chave sobre a polémica suscitada pola utilización dun xacemento como lugar de estacionamento en Barreiros.

Román Rodríguez visita a restauración da pintada da Catedral de Santiago / Europa Press

A Xunta elude a "responsabilidade" sobre a vixilancia do centro histórico e a Catedral de Santiago

Patrimonio - 09 Agosto 2018

O conselleiro de Cultura felicita o resultado de restauración da figura do século XII, cuxo custo cifra entre os 10.000 e 12.000 euros.

Escultura da Catedral de Santiago limpada após pintada / Europa Press

Conclúe o labor de limpeza da escultura pintada da Catedral

Patrimonio - 08 Agosto 2018

A pesar de que a figura foi limpada en case a súa totalidade, aínda persisten pigmentos azuis. Avaliarase se é posible unha segunda intervención, pero os técnicos apuntan ao risco existente de danar o mármore.

 Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, en Barreiros, convertido nun aparcadoiro de autocaravanas / Mariña Patrimonio

Os turistas de caravana usan un castro de Barreiros como aparcadoiro

Patrimonio - 07 Agosto 2018

Adega e Mariña Patrimonio denunciaron no Servizo de Protección da Natureza (Seprona) que se está a utilizar o Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia como aparcadoiro de autocaravanas. O concello asegura que se trata dunha finca particular.

Escultura da Catedral de Santiago limpa

O delegado do Goberno ve complexo identificar o autor da pintada na Catedral de Santiago

Patrimonio - 07 Agosto 2018

Javier Losada, confirmou que a Policía Nacional abriu unha investigación, que está en curso, en coordinación co Concello de Santiago sobre a pintada realizada nunha estatua da Catedral.

Goretti Sanmartín e o investigador Carlos Babío. DIPUTACIÓN DE A CORUÑA / Europa Press

A Deputación da Coruña pide iniciar "de inmediato" o proceso xudicial para recuperar Meirás

Patrimonio - 07 Agosto 2018

A vicepresidenta provincial remítese a un informe xurídico que avala que o Pazo pasou a mans de Franco nun acto de compravenda "ficticio".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.