Política - 04 Agosto 2016
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, asegurou este xoves que "entre hoxe e mañá" empezarán as negociacións con En Marea para presentarse de xeito conxunto ás eleccións autonómicas, despois de que os inscritos en Podemos apostasen por unha coalición entre ambas as dúas formacións. Segundo dixo, haberá unha convocatoria formal das reunións.
Política - 03 Agosto 2016
Este grupo aplaude o resultado da consulta, malia ser contrario ao que buscaban. Para liderar a confluencia, prefiren a súa líder e rexeitan a Luís Villares.
Política - 03 Agosto 2016
O alcalde da Coruña avisa de que "non ten sentido" que se realicen "dúas primarias en procesos paralelos". E Martiño Noriega ve unha "contradición" entre o establecido na asemblea constituínte de En Marea e a proposta de coalición de Podemos Galicia.
Política - 03 Agosto 2016
O secretario de Organización de Ciudadanos (C's), Fran Hervías, subliñou este mércores que prevé "ter representación" no Parlamento galego e, nesta liña, avanzou que as candidaturas para as eleccións autonómicas do 25 de setembro estarán confeccionadas "a finais da semana que vén".
Política - 03 Agosto 2016
O sector crítico de Podemos Galicia (a corrente interna Xuntos Podemos e unha decena de representantes municipais) celebraron este mércores o resultado da consulta telemática aos inscritos da formación morada, e a aposta por concorrer ás eleccións autonómicas do 25 de setembro nunha "coalición á catalá".
Política - 03 Agosto 2016
Traslada cinco preguntas presentadas no Congreso para mellorar a empresa naval pública
Política - 03 Agosto 2016
Correos informou este mércores de que o prazo para emitir o voto por correspondencia para as próximas eleccións autonómicas en Galicia e no País Vasco, convocadas para o próximo 25 de setembro, xa está aberto e se estenderá ata o 15 de setembro.
Política - 03 Agosto 2016
Cren que "non ten sentido" que encabecen o diálogo quen "torpedearon" a confluencia e apostaban por ir en solitario
Política - 03 Agosto 2016
Recorda que a asemblea local aprobou unha lista por unanimidade e aseguran non comprender a decisión tomada
Política - 03 Agosto 2016
Cren que "non ten sentido" que encabecen o diálogo cos demais partidos quen "torpedearon" a confluencia e apostaron por ir en solitario. E insisten en que non se pode descartar formar parte do partido instrumental.
Política - 03 Agosto 2016
A deputada nacional de En Marea volve apuntar a Luís Villares como candidato da coalición para presidir a Xunta
Política - 03 Agosto 2016
O voceiro municipal do PP en Santiago, Agustín Hernández, esperou que Serunión "cumpra as condicións" e "non repita os problemas de anos anteriores" en caso de confirmarse que se adxudica o servizo de comedores escolares na capital galega.
Política - 03 Agosto 2016
A contía tamén sobe con respecto á fixada polo bipartito en 2009, cando cada parlamentario supoñía uns 19.400 euros
Política - 03 Agosto 2016
Convoca ao PP galego, durante unha xunta no Pico Sacro, a "non entrar en pelexas" cunha oposición que non pode "gobernarse nin a si mesma"
Política - 03 Agosto 2016
O voceiro de Jueces para la Democracia recibe o respaldo explícito de Esquerda Unida e gabanzas dende ANOVA e os municipalistas.
Política - 03 Agosto 2016
A Coordinadora provisional de En Marea manterá na tarde deste mércores a segunda das súas reunións, na que aprobará o calendario elaborado polo Comité Electoral da confluencia para a realización de primarias, que se iniciarán esta semana.
Política - 03 Agosto 2016
O deputado provincial de Compostela Aberta Manuel Dios resaltou a captación dun total de 2,4 millóns de euros para a capital galega, tras cumprirse un ano da presenza do grupo na Deputación da Coruña o pasado 16 de xullo.
Política - 03 Agosto 2016
A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, considerou este mércores que conseguir oito deputados dos catorce que se escollerán na provincia nos próximos comicios autonómicos do 25 de setembro sería "un bo resultado" para a formación neste territorio.
Política - 03 Agosto 2016
As bases de Podemos Galicia votan masivamente a prol da confluencia coas mareas, cun 75% dos votos, pero a líder do partido avisa de que manterán a súa marca, contra a fórmula do partido instrumental. A decisión da militancia abre a porta a que Luís Villares, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, poida ser o candidato de consenso á Presidencia da Xunta.
Política - 03 Agosto 2016
Podemos Galicia deu a coñecer os resultados da súa consulta interna sobre a forma de concorrer ás eleccións autonómicas, na que resultou vencedora a opción de formar "alianza con outras forzas do cambio", cun respaldo do 75% dos votos emitidos.