Tecno - 25 Setembro 2017
Alumnos de Enxeñaría de Telecomunicación e Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo traballan na adaptación da obra 'A viaxe do elefante'.
Tecno - 19 Setembro 2017
A ría de Vigo foi o escenario da botadura dunha embarcación opcionalmente tripulada que se desenvolve no marco do programa do polo tecnolóxico e industrial de Rozas, no que xa están a traballar 17 empresas coa creación de 150 empregos.
Tecno - 18 Setembro 2017
A TIC de Lugo esgota as 877 prazas dos 64 cursos gratuítos de novas tecnoloxías para maiores.
Tecno - 03 Setembro 2017
É a comunidade con menor taxa de internautas e nove de cada dez municipios galegos carecen de conexión “real” á rede. A pesar do Plan de Banda Ancha 2020 da Xunta, hai moitas puntos negros na cobertura.
Tecno - 30 Agosto 2017
A Xunta publica cinco licitacións para a compra de solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas no uso de vehículos aéreos non tripulados para mellorar a prestación de determinados servizos públicos.
Tecno - 29 Agosto 2017
Un novo proxecto científico, Robondrovi, prevé o uso de frotas de robots voadores para, polo de agora, recoller información sobre as vides e no futuro realizar outras tarefas vitícolas.
Tecno - 29 Agosto 2017
A Policía Nacional desarticulou a ramificación española dunha organización que estafou ata 6.000.000 de euros por todo o mundo mediante cargos fraudulentos a cartóns bancarios destinados a empresas fantasmas. Hai seis persoas detidas, dúas delas na Coruña, tres en Zaragoza e unha en Madrid.
Tecno - 27 Agosto 2017
O centro AtlantTIC da Universidade de Vigo colaborou coa Universidad Politécnica Salesiana ecuatoriana no desenvolvemento dunha ferramenta 'intelixente' para os máis maiores que recomenda eventos aos usuarios e a formación de grupos para acudir xuntos.
Tecno - 25 Agosto 2017
O CiTIUS da Universidade de Santiago organiza o Congreso Internacional Euro-Par 2017.
Tecno - 10 Agosto 2017
As últimas tecnoloxías ábrense paso no campo sanitario, e máis concretamente no da saúde ocular, e acoden desde o futuro ao presente para mellorar e liquidar os problemas que provocan as distintas patoloxías xeradas por disfuncións visuais, tan comúns no individuo, como a miopía, hipermetropía, o astigmatismo ou tan propias de idade máis avanzada como a presbicia e as cataratas.
Tecno - 27 Xullo 2017
Avaliamos as avantaxas que levaron a este sistema de predeseños a estar detrás de moitas das webs dos últimos lustros.
Tecno - 27 Xullo 2017
Puntogal, Agasol e Dinahosting promoven o i.gal, un novo servizo para a Internet galega.
Tecno - 19 Xullo 2017
Nestes días os galegos poderán cruzarse nas rúas cos coches que toman as imaxes para Google Street View. Automóbiles e traballadores cargados con voluminosas mochilas, como a que se puido ver estes días polo centro peonil de Vigo.
Tecno - 14 Xullo 2017
A Xornada de Usuarios da Red Española de Supercomputación e a Conferencia do HPC Advisory Council celebraranse en Galicia os días 28 e 29 de setembro.
Tecno - 05 Xullo 2017
Investigadores das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e Harvard presentan os resultados do maior estudo feito no Estado español sobre patróns de comportamento en Internet de adolescentes e o papel que exercen os pais. A investigación fíxose sobre unha mostra de case 40.000 estudantes galegos de Secundaria.
Tecno - 25 Xuño 2017
É a primeira tecnoloxía que comercializa o Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga.
Tecno - 23 Xuño 2017
O xogo en liña e as apostas a través da Internet seguen a mostrarse como un dos sectores económicos con máis pulo na economía da nosa contorna. As súas taxas de crecemento son únicas, a penas lastradas pola crise, pero unha gran interrogante pende sobre o sector debido ao Brexit.
Tecno - 29 Maio 2017
Vigo acollerá o vindeiro 10 de xuño unha nova edición de PyDay Galicia. Trátase dun evento a nivel galego para xuntar aos programadores de Python, unha das principais linguaxes de programación actual.
Tecno - 19 Maio 2017
O Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia e a empresa Aistech Space suman forzas para desenvolver unha rede de 25 nanosatélites de observación, comunicación e control.