Unha reunión do HackforGood, concurso para hackers sociais  / Alberto Varela telefonica.com

Hackear por un mundo mellor

Tecno - 20 Febreiro 2017

A Universidade de Vigo acolle o encontro HackForGood entre o 9 e o 11 de marzo. O encontro celebrarase simultaneamente en 15 cidades do Estado.

Un dron voando

A UVigo lidera un proxecto europeo para detectar e previr incendios forestais con satélites e drons

Tecno - 13 Febreiro 2017

O proxecto, denominado 'Fire-RS', desenvólvese para a detección remota, mapeado, predición e prevención de incendios forestais mediante picosatélites e unha frota de vehículos non tripulados.

Imaxes do Primeiro Taller Tec&Tea en Corcubión. Analizando, destripando, identificando e volvendo a poñer en marcha as computadoras/ QPC

O proxecto que fai que os nenos fedellen no interior da tecnoloxía

Tecno - 08 Febreiro 2017

Tec&tea é unha iniciativa de alfabetización dixital crítica que pretenden educar aos nenos, e non tan nenos, sobre os valores da tecnoloxía.

A investigadora Vitoria Canoura / uvigo.es

Cal é a mellor web municipal de Galicia?

Tecno - 08 Febreiro 2017

Dous estudios diferentes da Universidade de Vigo avalían os portais dos concellos do país. Ambos sitúan dúas cidades nas primeiras posicións. Outras conclusións son que os concellos de Portugal están máis adiantados. En Galicia o goberno electrónico é moi pouco frecuente, malia que en España está regulado e en Portugal non.

Obradoiro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela / CPEIG.

Quen pode ser técnico superior de Informática?

Tecno - 02 Febreiro 2017

Un recurso xudicial modifica un proceso selectivo da Deputación da Coruña para técnico superior de Informática por incluír outras titulacións ademais das de Informática.

Parte da directiva da Asociación puntoGAL /Marcus Fernández

Gran rebaixa do prezo dos dominios .gal en homenaxe a Rosalía

Tecno - 01 Febreiro 2017

O puntoGAL, que medra a ritmo lento pero constante, é o menos popular dos dominios lingüísticos e culturais aprobados no seu día pola ICANN. Para darlle un pulo, a Asociación puntoGAL presenta unha importante promoción este mes.

Fotografía da Vía Láctea feita en Finisterre e que recibiu a mención de honra na categoría

Deseñan un sistema galego de xestión intelixente do alumeado público

Tecno - 26 Xaneiro 2017

No proxecto Candela participan Setga, Itelsis, Inteco, Insitu, Universidade e Gradiant.

Alfredo Ramos, director xeral de R, nunha imaxe do seu Linkedin

R di que comeza a pagar aos seus clientes pola avaría de Nadal

Tecno - 25 Xaneiro 2017

A compañía insiste en que o culpábel do sucedido foi Vodafone por mandar SMS a eito. Con todo, promete devolver até 4,12 euros por liña.

Recollida da sonda Maruma Sat logo da súa viaxe á estratosfera / marumasat

Tres institutos galegos únense para constituír unha axencia espacial escolar galega

Tecno - 20 Xaneiro 2017

150 alumnos abordarán en Ordes os datos recollidos no proxecto Maruma Sat que realizou o IES Maruxa Mallo de Ordes en 2016.

Imaxe promocional do concurso Youtubeiros / youtubeiras.gal

Até 1.000€ por ensinar ou opinar nun vídeo en galego

Tecno - 20 Xaneiro 2017

Ourense acolleu esta mañá a presentación dunha iniciativa para normalizar o galego na rede, sobre todo entre os máis mozos. O Concurso Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Pedro Arias e Higinio González, do grupo Geotech da Universidade de Vigo, adscrito ao Centro de Innovación Aeroespacial, Cinae / UVigo.

Geotech, primeiro representante galego no comité AENOR de drons

Tecno - 18 Xaneiro 2017

A Asociación Española de Normalización y Certificación confirma a admisión do grupo de investigación da Universidade de Vigo no seu subcomité de Normalización Vehículos Aéreos non Tripulados.

Marcos Mata, presidente do Cpetig

Na oposición a informático do SERGAS conta máis un curso que ser enxeñeiro técnico en Informática

Tecno - 16 Xaneiro 2017

Unha recente convocatoria do Sergas para prazas de técnicos de xestión e técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, publicada no DOG o pasado 10 de xaneiro, pon de manifesto a evidente discriminación da Enxeñaría Técnica en Informática, fronte ao resto de enxeñarías. Esta é unha das denuncias feitas hoxe polo Colexio Profesional de Informática de Galicia (CPETIG).

Obradoiro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela / CPEIG.

Os nenos hospitalizados no CHUS achéganse á informática e a robótica

Tecno - 02 Xaneiro 2017

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou un obradoiro para os cativos ingresados.

Os teléfonos móbiles tamén servirán para operar con notifica.gal

Notifica.gal, un portal para as notificacións administrativas

Tecno - 26 Decembro 2016

Este portal do Goberno galego servirá para enviar notificacións electrónicas fidedignas con xustificante de recepción con selo electrónico da Xunta.

Presentación do campionato D3Mobile 2017 na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da Universidade de Santiago / USC.

A quinta edición do campionato D3Mobile conta co aval da Unesco e o apoio de Marc Márquez

Tecno - 21 Decembro 2016

O concurso científico escolar D3Mobile Metrology World League bota a andar de novo na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago.

Edificio Tecnolóxico Aeroespacial, en Porto do Molle, Nigrán / DUVI.

O Centro de Innovación Aeroespacial galego fabricará o seu primeiro microsatélite

Tecno - 13 Decembro 2016

O Cinae deseñará para a empresa Aistech o satélite '2 U', que orbitará arredor da Terra para captar datos que despois a compañía procesará e venderá.

Robot presentado por Abanca / Abanca

Os robots tamén chegan aos bancos

Tecno - 12 Decembro 2016

"Chámome R4, son un robot de protocolo e encántame coñecer xente nova". É como se presenta este robot presentado por Abanca e cuxo software foi desenvolvido en Galicia.

Simulación do dron Victoria, prototipo do proxecto Ulises, na ría de Vigo / UVigo.

Galicia estrea o primeiro dron mariño creado en España

Tecno - 01 Decembro 2016

O primeiro barco autónomo robotizado creado en España comeza a partir deste xoves a súa fase de probas na ría de Vigo.

Captura de pantalla do hackeo que sufriu a web do Bispado de Lugo

O Bispado de Lugo reforza a seguridade na súa páxina web tras o ataque dun grupo islamista

Tecno - 24 Novembro 2016

O sitio foi intervido por un grupo que proclamaba o Islam "como única relixión".

Captura de pantalla do hackeo que sufriu a web do Bispado de Lugo

“O Islam é a única relixión” na web do Bispado de Lugo

Tecno - 22 Novembro 2016

Anosavoz.com , a web oficial do Bispado de Lugo, está caída. Tirárona os propios administradores, despois de sufrir un ataque informático este domingo.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.