Tecno - 03 Outubro 2016
Só un 30% dos galegos compra pola Rede.
Tecno - 02 Outubro 2016
O 82,6 por cento dos concellos dispón de software libre no seu equipamento informático.
Tecno - 02 Outubro 2016
Destina máis de medio millón de euros a un servizo que se encargará de realizar auditorías técnicas de seguridade e vixilancia dixital e ciberintelixencia, entre outras funcións. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) é a responsable da seguridade tecnolóxica da Xunta. Sen embargo, a súa acción é limitada e, por iso, acaba de convocar un concurso público para que unha empresa privada se encargue da auditoría e vixilancia da ciberseguridade na Xunta de Galicia, co obxecto de reducir os riscos de ciberseguridade aos que está exposto o Goberno galego.
Tecno - 28 Setembro 2016
Bird Counter, dispoñible para dispositivos Android, permite compartir os avistamentos por correo electrónico e redes sociais e na nube.
Tecno - 19 Setembro 2016
Unha rede neutral, estándares abertos e persoal cualificado nas administracións son algunhas das propostas do Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia.
Tecno - 16 Setembro 2016
O centro tecnolóxico vigués e ElevenPaths asinan acordo marco polo que colaborarán na innovación e desenvolvemento de iniciativas e proxectos tecnolóxicos centrados nos campos da seguridade, a privacidade e a ciberseguridade.
Tecno - 12 Setembro 2016
Vinte empresas constitúen a Asociación Galega de Empresas de Sistemas Intelixentes non Tripulados.
Tecno - 08 Setembro 2016
José Nogueira é un dos avogados galegos con maior especialización nas tecnoloxías da información. Nesta entrevista co creador do bufete Sistemius, abordamos o polémico cambio de condicións legais de WhatsApp e a fusión dos seus datos con Facebook. Ademais, explícase as novas medidas de protección de datos que deben adoptar os concellos, por moi pequenos que sexan, e as empresas para cumprir, e evitar as multas, do novo marco legal fixado pola UE.
Tecno - 06 Setembro 2016
Os robots aspiradores son o último trebello na tecnoloxía doméstica que logrou afianzarse nos fogares. Hai poucos anos eran unha rareza propia das casas máis acomodadas e dos fanáticos da tecnoloxía. Pasoulles o mesmo que aos lavalouzas. Dunha rareza pasaron a ser unha ferramenta común -e para algúns imprescindíbel- en moitísimos fogares dispostos a pagar unha media duns 300/400 euros por aforrar o tempo de pasar a vasoira.
Tecno - 02 Setembro 2016
Agronovo Ecoloxía presenta unha aplicación de xestión alimentaria que pronto tamén estará dispoñíbel para o sector do mel e do leite.
Tecno - 12 Agosto 2016
Publicar calquera páxina web tamén ten, aínda que moitos non o saiban, un custe ecolóxico que contribúe ao problemma do cambio climático e o aumento de temperatura no planeta. Os servidores, as máquinas que albergan os portais, non son máis que uns computadores específicamente deseñados para esta labor. Debido a enorme capacidade de procesamento dos trebellos que permiten o hosting das webs, estas máquinas producen moita calor e, polo tanto, necesitan unha considerable ventilación. En definitiva, cada sitio da Internet produce -como cada actividade humana- unha pegada de carbono.
Tecno - 08 Agosto 2016
Empregar un comparador de produtos, evitar as compras compulsivas e descargar un calendario de ofertas son algunhas das estratexias para sacar partido ao novo boom do comercio a traves da Internet.
Tecno - 05 Agosto 2016
A directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, presentou hoxe esta nova ferramenta, destinada a poñer en valor as paisaxes de Galicia e a proporcionar información útil para a xestión das mesmas. A través desta plataforma os usuarios poderán ver e localizar imaxes da paisaxe. galega, tanto actuais como pasadas, e tamén aportar a súa propia visión, enviando e compartindo as súas fotografías
Tecno - 29 Xullo 2016
As novas regras europeas en materia de protección de datos recibiron esta primavera o visto e prace definitivo do Parlamento Europeo. A reforma, que pronto será aplicábel en España, eleva moito os estándares que deben cumprir as empresas en aspectos como o dereito ao esquecemento ou os ataques piratas, so pena de importantes multas.
Tecno - 22 Xullo 2016
O UCL Energy Institute británico desenvolve un mapa mundial interactivo do tráfico de embarcacións que permite observar en detalle como é o seu paso fronte á costa galega.
Tecno - 21 Xullo 2016
A asociación PuntoGal celebra o Día da Patria poñendo a disposición no seu web 'dominio.gal' do "Documento Galego de Identidade (DGI)", que os usuarios poderán "personalizar, descargar e compartir en redes sociais".
Tecno - 20 Xullo 2016
As novas furgonetas contaminan un 68% menos coas anteriores e teñen unha autonomía de entre 80 e 125 quilómetros.
Tecno - 15 Xullo 2016
Javier García Tobío —director xerente do Cesga—, Fernando Suárez Lorenzo —presidente do CPEIG— e o xornalista Henrique Neira participan nesta conversa que parte do libro 'Historia da Informática en Galicia. Unha cronoloxía'.
Tecno - 09 Xullo 2016
O 52,9 por cento ten sede electrónica, 20 puntos máis que en 2014, pero segue habendo carencias en transparencia. Aumenta a presenza en redes sociais.
Tecno - 08 Xullo 2016
Investigadores das tres universidades participan no proxecto Telepares, que combina ingüística computacional, tradución, recuperación de información e adquisición do coñecemento para a análise de sentimento en microtextos.