Vinte anos supercomputando en Galicia

Tecno - 24 Xuño 2013

HP e Intel celebraron este venres en Santiago de Compostela un acto para a conmemoración do 20 aniversario do Centro de Supercomputación de Galicia. Desde a súa apertura hai dúas décadas, o CESGA adquiriu gran importancia coa incorporación de tecnoloxías revolucionarias e co talento dos seus tecnólogos, investigadores e usuarios, que hoxe superan os 550, converténdoo nun importante foco de creación de emprego e apoio á ciencia e á investigación.

O PP de Ourense "twitterízase"

Tecno - 23 Xuño 2013

José Manuel Baltar insiste en que as redes sociais son unha das "ferramentas fundamentais" para comunicarse cos cidadáns.

Lámpada que aforra enerxía producida no campus de Ourense

Ourense comeza a producir unha lámpada para farolas que aforra un 80%

Tecno - 20 Xuño 2013

Cada noite en España acéndense arredor de dez millóns de farois de alumeado público que supoñen un custe para as administracións, e polo tanto para os cidadáns, de aproximadamente 1000 millóns de euros anuais. Nunha sociedade en crise, que busca fórmulas de maior sustentabilidade desde o punto de vista económico e ambiental, estas cifras poñen sobre o tapete a necesidade de repensar o modelo actual.

Os recursos culturais galegos, a golpe de móbil

Tecno - 19 Xuño 2013

O Consello da Cultura presenta LEME, aplicación gratuíta e aberta para móbiles, con acceso a 6.000 equipamentos e recursos culturais galegos.

Curso gratuíto de xestor de redes sociais

Tecno - 18 Xuño 2013

O xoves 20 e o venres 21 de xuño o Centro Demostrador TIC de Santiago acolle o terceiro módulo do curso “Redes sociais e comunicación 2.0”, promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, e que se centra nas funcións do community manager e nas ferramentas coas que conta para desenvolver o seu traballo.

Parte da directiva da Asociación puntoGAL /Marcus Fernández en marcus.es

Galicia unida logra o .gal, o seu dominio na Rede

Tecno - 14 Xuño 2013

A Asociación puntoGAL destaca que "o apoio unánime de toda a sociedade galega" foi fundamental para que a ICANN aprobase o dominio de internet para a lingua e cultura galegas. En Galicia, Amancio Ortega busca que o ente que regula Internet lle aprobe o .zara.

Perfil da páxina contra os radares en Twitter

Vixiando a quen nos vixia

Tecno - 25 Maio 2013

Usuarios das redes sociais crean@radaresCostaMorte para controlar os radares.

Noticia de GC compartida en Colashme

Colashme, agregador social de contidos con selo galego

Tecno - 24 Maio 2013

Antonio Mariño e Ángel Folgueira presentan a nova plataforma para a promoción social e difusión de contidos web a través de fotografías, debuxos, infografías e vídeos. O sistema é de acceso libre, sen barreiras nin rexistros, e garante o anonimato dos usuarios que interactúan.

'Antergos', nova distribución Linux con selo galego

Tecno - 17 Maio 2013

O informático galego Alexandre Filgueira lidera este proxecto que toma o nome galego 'Antergos' para "vincular o pasado co presente".

Unha das sesións de teleformación do Sergas

O Sergas vende teleformación en tempo de recortes

Tecno - 13 Maio 2013

Publica vídeos de entre 20 e 25 minutos no que distintos profesionais falan dunha área determinada da investigación médica.

Manuel Casal Lodeiro

A guía de Internet para as organizacións sociais galegas

Tecno - 25 Abril 2013

Manuel Casal Lodeiro, ciberactivista e consultor de Internet, pon en marcha unha campaña de microfinaciamento colectivo para lanzar un manual práctico dirixido a colectivos sociais e culturais do país que queran explorar as "posibilidades do medio dixital para a transformación social".

O .gal prevé aprobar o exame este verán

Tecno - 23 Abril 2013

A Asociación puntoGAL é "moderadamente optimista sobre o veredicto inicial" que lle fará a ICANN, o ente que goberna os dominos de internet.

Presentación dun dos libros de Carlos Callón/ snlzas.blogaliza.org

A nova web de Movistar ignora outra vez o galego

Tecno - 21 Abril 2013

A Mesa pola Normalización lémbralle a Teléfonica que hai cinco anos prometeu incorporar o idioma propio de Galicia ao seu portal, pero na nova versión só usa catalán e castelán.

De esquerda a dereita; Concepción González Bello, José M. Otero, Emilio Lence, Lorena Tizón e Antonio Peón, autores da investigación

Como "matar de fame" ás bacterias da tuberculose e cancro de estómago

Tecno - 04 Abril 2013

Un estudo da USC, portada da revista ACS Chemical Biology.

Porcos celtas en liberdade /USC

O porco celta sucumbe ao encanto de Pavlov

Tecno - 30 Marzo 2013

A EPS e Asoporcel avalían os beneficios ambientais dun curral móbil, un novo sistema de manexo que garante o control dos animais en liberdade no monte.

Avión de Air Nostrum nun aeroporto galego

Google aposta por voar tamén en galego

Tecno - 21 Marzo 2013

O xigante estadounidense estrea en Europa o seu servizo de buscas de voos Google Flight Search, que se ofrece en oito idiomas, un deles o galego.

Investigadores CTC TRAP, que patentaron a base de novas terapias contra o cancro / Fundació Barrié

Científicos galegos patentan a base de novas terapias contra o cancro

Tecno - 07 Marzo 2013

O sistema controla o desenvolvemento da mestátase, cando a enfermidade comeza a espallarse dende os tumores e que é a principal causa de morte.

Mar Pereira, secretaria xeral da IMIT

A Xunta promete que gastará 1,6 millóns menos en Microsoft

Tecno - 19 Febreiro 2013

A Administración autonómica abonará 1,9 millóns de euros anuais por tres anos fronte aos 3,5 que pagaba en 2010, segundo a AMTEGA.

Alberto García, alcalde de Catoira/ pontecesures.net

Un tweet sobre o "ladrón" de Catoira acaba nos tribunais

Tecno - 15 Febreiro 2013

O alcalde de Catoira denuncia a un menor por chamarlle "ladrón" en Twitter e di que o fai para "educalo".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.