Como "vender motos" na rede

Tecno - 30 Outubro 2010

Dous rapaces de Redondela acaban de poñer en marcha unha rede social para mozos que algúns medios venderon como a noticia do día sen contrastar como estaba feita... Por iso hai truco.

Os mozos do PP queren facer pública a SGAE

Tecno - 22 Outubro 2010

Ao igual que fixo o BNG onte, Javi Dorado aplaude a decisión do Tribunal da UE. Ademais, propón solucións para solventar o conflito entre internautas e SGAE.

O BNG súbese tarde ao carro contra o canon dixital

Tecno - 21 Outubro 2010

Os nacionalistas aplauden a decisión do Tribunal da UE de declara ilegal a taxa que axudaron a establecer nas Cortes.

U-los 800.000 € para software libre?

Tecno - 20 Outubro 2010

Malia gastar 4 millóns en Microsoft, a Xunta di apostar polo código aberto. A maioría das accións prometidas existen só no papel. Mesmo a oficina TIC do Goberno segue a comunicarse co .doc, contradicindo directamente o seu propio Plan.

Catro millóns máis para Microsoft, malgasto ou aforro?

Tecno - 19 Outubro 2010

Na maior licitación de software da historia de Galicia só hai un gañador posíbel, Microsoft. Para o maior sindicato na Xunta é un “despilfarro”, para o Goberno unha compra imprescindíbel na que aforra ao mercar por vez primeira todo xunto. Documentación do concurso no interior.

Entrevista os/as que resucitaron Chuza

Tecno - 16 Outubro 2010

A popular rede social de noticias en galego volve a funcionar este sábado, grazas ao esforzo dun cento de voluntario/as que hoxe se constitúen oficialmente en asociación en Santiago. Linguas, melloras e financiamento do novo Chuza son algúns dos temas que se debullan nesta conversa.

Perde a ciencia e gaña a Cidade da Cultura

Tecno - 30 Setembro 2010

A Consellería de Economía e Industria acaba de anular un contrato para elaborar un programa de divulgación da ciencia e tecnoloxía na TVG mentres que a polémica Cidade da Cultura contrata novos servizos por valor de máis de 200.000 euros.

O GC, primeiro diario con botóns para todas as redes sociais galegas

Tecno - 25 Setembro 2010

O novo Chuza!, Do Melhor e agora Cabozo. Galicia Confidencial incorpora funcionalidades e anuncia novas melloras.

Denuncian que o galego é "excluído" nos primeiros netbooks

Tecno - 18 Setembro 2010

Os 14.000 ultraportátiles non deixan de dar problemas. Primeiro foi o atraso de Coremain e as críticas ao reparto na privada. Agora G11.net revela que na primeira presentación só viña preinstalado inglés e castelán.

O Abalar desgasta máis a Jesús Vázquez

Tecno - 15 Setembro 2010

O conselleiro de Educación, foco das críticas polo 'decreto do plurilingüismo', incapaz de dar unha data de entrega dos 14.000 computadores que adxudicou á consultora santiaguesa Coremain. O PSdeG aproveita este atraso para arremeter contra Feijóo no Parlamento, pero o presidente acusa a Pachi de mentir no pleno.

Cambian a imaxe de Moncho Reboiras por un logo da CIG

Tecno - 08 Agosto 2010

O blog de Máis Galiza na diáspora foi obxecto na tarde deste sábado dun ataque informático nunha das súas novas coa substitución dunha imaxe de Mocho Reboiras pola dun logo da CIG.

Chuza morre de éxito?

Tecno - 24 Xullo 2010

A rede social, que chegou a ter máis de 6.000 usuarios únicos diarios de media, fecha tras revolucionar a información da rede en galego.

Piratas informáticos fanse cunha das webs de Radio Nacional

Tecno - 17 Xullo 2010

A páxina de podcast de Radio 3 é hacekada nunha das fins de semana de máis audiencia para emisora estatal.

Piratas informáticos violan a web da Consellería de Industria

Tecno - 09 Xuño 2010

O Goberno investiga a procedencia do ataque, que acusaba a Feijóo de corrupción.

Cerco á pornografía infantil na rede Windows Live

Tecno - 05 Xuño 2010

A Asemblea de Madrid foi a primeira en España en pedir explicacións á compañía Microsoft polos contidos pedófilos na súa rede social Windows Live, onde existen milleiros de entradas con fotografías de sexo explícito con menores e outros materiais de pornografía infantil, ademais de comentarios que fan apoloxía da pedofilia e a pederastia, e que son accesibles a calquera usuario.

Apple comeza a facer negocio coas linguas minoritarias

Tecno - 19 Abril 2010

O presidente de Apple, Seteve Jobs, presentou o pasado xoves a nova versión do sistema operativo do iPhone, 4.0. que recoñece as linguas minoritarias.

A Xunta nega calquera trato de favor a Tecnoloxías Plexus

Tecno - 19 Marzo 2010

A empresa da que é directivo un ex-alto cargo da era Fraga logra as súas adxudicacións, case un millón nun ano, grazas a 'criterios absolutamente técnicos', segundo unha nota do Goberno en resposta a unha información de Galicia Confidencial.

Plexus gaña outro contrato e xa suma un millón

Tecno - 17 Marzo 2010

A consultora dun ex-alto cargo da Xunta de Fraga faise cos telecentros da Presidencia e completa así unha excelente traxectoria de adxudicacións co Executivo Galego dende que goberna o PP, incluída a polémica reforma da web do Xacobeo.

O PPdeG, a avangarda no uso de Internet

Tecno - 16 Marzo 2010

Este partido será o primeiro en retransmitir en directo o Debate de Estado da Autonomía a través da súa páxina Web.

Chat desde o Parlamento

Tecno - 10 Marzo 2010

O deputado Pedro Puy mantivo hoxe un chat mentres se desenvolvía o Pleno do Parlamento. Un feito que criticaron numerosos usuarios das redes sociais.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.