Tribunais - 30 Xuño 2017
A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou esta semana prorrogar o reforzo para a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Tribunais - 30 Xuño 2017
A acusada tamén foi condenada a catro de inhabilitación para o exercicio da patria potestade
Tribunais - 29 Xuño 2017
Un veciño de Mondariz Balneario recoñeceu haber agredido sexualmente a tres menores de idade, durante o xuízo celebrado este xoves na Audiencia de Pontevedra. A pesar diso, a súa avogada esgrimiu un informe dunha psicóloga forense para defender que o acusado é inimputable a efectos penais, porque actuou en "estado crepuscular".
Tribunais - 29 Xuño 2017
O exalcalde de Santiago Gerardo Conde Roa foi novamente citado pola titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, para declarar en relación ás dilixencias abertas sobre as contas do PP compostelán por ingresos entre maio e xullo de 2011, unha cuestión derivada da 'Operación Pokémon'.
Tribunais - 29 Xuño 2017
A imposibilidade que tres persoas adoptaran as posturas descritas pola presuntamente violada nunha tenda de campaña é un dos argumentos que usa a Xustiza para absolver ao acusado. O suceso tivo lugar nas lindes do Camiño de Santiago.
Tribunais - 27 Xuño 2017
A Asociación Profesional de Letrados do Consello Consultivo de Galicia expresou este martes a súa "satisfacción" pola decisión do Tribunal Constitucional (TC) de admitir a trámite o recurso presentado por En Marea en relación á reforma da lei que regula este órgano.
Tribunais - 27 Xuño 2017
O que foi director financeiro do Grupo de Empresas Álvarez (GEA), que chegou a ser o primeiro grupo cerámico de España, Manuel José Antonio S. --nomeado polo Instituto Nacional de Industria (INI)--, asegurou este luns que, no momento da venda, o grupo estaba en "un momento doce", despois de que se fixese "un saneamento da débeda".
Tribunais - 27 Xuño 2017
A Audiencia acorda a posta en liberdade do tres homes que permanecían en prisión provisional
Tribunais - 27 Xuño 2017
O empregado dunha gasolineira de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) aceptou unha condena de 9 meses de prisión ao recoñecer ante o tribunal ser o autor dun delito continuado de estafa e apropiación indebida.
Tribunais - 27 Xuño 2017
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra resolveu este martes mediante un acordo de conformidade un xuízo a tres persoas acusadas de participar, de distintas maneiras, nunha organización dedicada a favorecer a entrada en España de dúas mulleres procedentes de Brasil para exercer a prostitución nun club do Salnés e de obrigar a unha terceira a exercela a pesar de coñecer que o facía contra a súa vontade.
Tribunais - 26 Xuño 2017
O xulgado de instrución número 2 de Redondela (Pontevedra) decretou este luns o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza de José Luis L.P, o home que supostamente matou dun tiro a un mozo na praia de Arealonga, en Chapela, na pasada noite de San Juan.
Tribunais - 26 Xuño 2017
O home de 43 anos de idade, José Luís L.P., detido o sábado como presunto autor da morte dun mozo de 25 anos ao que tería disparado na praia de Arealonga, en Redondela (Pontevedra), pasou este luns a disposición do Xulgado de Instrución número 2 desta localidade.
Tribunais - 26 Xuño 2017
A muller e dúas dos fillos de Manuel Fernández de Sousa, ex presidente de Pescanova, acudirán a declarar á primeira hora da mañá deste luns á Audiencia Nacional por un presunto delito de branqueo ou alzamento de bens en Andorra.
Tribunais - 25 Xuño 2017
A muller e dúas dos fillos de Manuel Fernández de Sousa, ex presidente de Pescanova, acudirán a declarar á primeira hora da mañá deste luns á Audiencia Nacional por un presunto delito de branqueo ou alzamento de bens en Andorra.
Tribunais - 22 Xuño 2017
Di que será a súa clienta a que decida se acoden ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos
Tribunais - 22 Xuño 2017
O xulgado de primeira instancia número dous de Lugo require ao Concello de Burela que abone a Celta Prix, a empresa que se facía cargo da limpeza municipal e actualmente atópase en concurso, os máis de 162.000 euros que lle debe.
Tribunais - 22 Xuño 2017
O Tribunal Constitucional pechou a porta ao recurso da defensa de Rosario Porto contra a condena polo asasinato da súa filla, Asunta Basterra.
Tribunais - 22 Xuño 2017
O Ministerio Fiscal apunta que o procesado cría que a vítima "lle pertencía"
Tribunais - 22 Xuño 2017
Un perito di que, segundo os informes de Xapón, o cambio do contido só puido producirse ao cargar os colectores en Mondariz
Tribunais - 22 Xuño 2017
Alega que as indagacións pendentes "xerarán con case toda seguridade novas dilixencias que deberán levar a cabo"