A polarización e o totalitarismo, o cancro de España

A polarización ideolóxica é o peor que pode sucederlle a España, eu non quero esas actitudes na miña cidade, O Porriño, como non as quero en Galiza, nin en España.

Por Carlos González Armada | O Porrriño | 16/06/2020

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Se propós diálogo os da ultradereita chámanche "comunista de merda" e che axustizan cun "o mellor comunista é un comunista morto". Os de ultraesquerda dinche que a única esquerda posible son eles, que ti e as túas ideas restan, e que es o culpable de que gañe a dereita, que quedes na casa e que serán eles os que loiten contra o fascismo, que ti te dediques a aplaudir desde a barreira.
 
Logo tes aos nacionalistas exacerbados, (de dereitas e de esquerdas), cuxo único obxectivo é "separarse" de España, como solución a todos os males.
 
Creo poder dicir alto e claro que son progresista, feminista,  animalista, ecoloxista, e  confederalista, (no meu caso galeguista), e non creo que ninguén de VOX ou do PP me poida dar clases de ser español, nin ninguén do BNG ou Marea Galeguista de ser galego, tampouco ningún/a  excompañeir@ de Podemos de como ser progresista.
 
Aos fascistas combáteselles, non se dialoga con eles...aos  estalinistas o mesmo; é tan  ruín e despreciable unha ideoloxía totalitaria de dereitas como de esquerdas, porque ningunha é progreso, e todas falta de liberdade.
 
Unha ditadura é un reximen  totalitario no cal estas obrigado a cumprir con todo aquilo que non está prohibido de facer, e que che priva da liberdade de pensar, de opinar, e de decidir por ti mesmo.
 
En España esa é a forma de actuar de VOX, de todos os seus dirixentes e do 95% dos seus seguidores, e iso sería asumible se nada máis fora VOX; unha parte do PP está nesa mesma liña, (non sei cuantificar canta, pero agora dirixe ao partido), e iso é xa máis perigoso
 
O que me molesta especialmente é que pase en Podemos, unha parte, (tampouco sei cuantificar canta, e espero que sexa pouca), alíñase con esta forma de interpretar a "democracia", cren que son os únicos autorizados para defender ideas progresistas e non respectan as túas ideas.
 
Estas posturas encorsetadas e  totalitarias son as que matan a unha sociedade, eu quero para a miña cidade, Porriño, unha clase política que dialogue buscando resolver os problemas do día a día da xente, que senten e debatan, que dialoguemos buscando solucións.
 
Eu non lle pedirei ao PP que pense como eu, pero se podo sentarme a dialogar co PP de Porriño para que unha familia chegue a fin de mes, para que un comercio local sexa rendible, ou para que Porriño chegue a ser a segunda cidade en importancia económica, e a primeira no social é en calidade de vida de toda a comarca de Vigo.
 
O mesmo que estou disposto a facer eu esíxollo aos políticos Españois aspirantes a gobernar o meu pais, tan meu, ou máis, como os propietarios das banderiñas, ou aos aspirantes para gobernar a miña nación, Galiza, tan miña como os que se cren máis galegos que eu por falar só en Gallego...eu pola miña banda prefiro a diversidade de poder falar 5 idiomas e defender en cada un deles a cultura, a historia e a lingua da miña amada Galiza.

Carlos González Armada