Aló polo 2015 publiquei un artigo feito dende as miñas entendedeiras na que dibuxaba algúnha corredoira pola que camiñar. Si alguén quere darlle unha volta, aló vai de novo. Farei só, algunhos apuntamentos daquela muiñada.
Teño dito mais dunha e sete veces que a crise é unha realidade obxectiva coa que imos ter que convivir neste tempo. Nesta convivencia no sistema hexemónico do capitalismo, crises e conflito conforman a rolda dialéctica dos acontecementos.
O capitalismo que ven é mais reaccionario e autoritario. Non será posible a volta de políticas neokeynesianas para que o estado benfeitor terme do social; este modelo foi posible pola existencia dun proxecto socialista que foi emerxendo na crise, dos anos 30 do século pasado, e que alentou o imaxinario alternativo das loitas da clase obreira, principalmente na Europa. A resposta reformista do capital temos que asociala ao poder popular que emerxía. As reformas e manexos da politica de hoxe no mellor dos casos, son recortes do social por moito que na maioria dos parlamentos, as chamen axustes.
O bipartidismo ( sistema de reparto exclusivista para xestionar entre dous partidos o goberno do estado desde a ditadura ata hoxe ), ademais dalgún logro foi quen de practicar e consentir excesos que hoxe saen a luz porque os sumidoiros do aparello do estado, xa non son quen do drenaxe de tanta “merda”. O “fenómeno” Podemos, foi unha expresión da canalización do cabreo contra certo podrecer do institucional e da mentira permanente. Mais tamén expresou a potencialidade dunha nova xeración que quixo ser protagonista, cansa de esperar por un cambio real, de tanta promesa incumprida e que soubo aproveitar intelixentemente a cointura cunha estratexia formulada sobre a tese que fai anos berramos outros, aínda que parecera que pouca xente quería escoitar e menos corrixir o que se denunciaba co lema “ PSOE –PP, a mesma merda é”. Saúdei a súa aparición como organización política e cansei na espera para que os avais electorales que recibiron serviran para un confronto de verdade co bipartidismo e xa que logo fose posible, a limpa do “chiringo” que estes dous partidos tiñan e teñen montado.
Como nacionalista galego na situación actual dunha non militancia escollida, non votei a Podemos, nin acredito na súa dialéctica circular españolista que xa nos primeiros pasos organizativos foi unha espiral do silencio coas minorías e co pluralismo. Ademais fun contrario e non acreditei no hexemonismo sectorial e da amizade nas direccións das súas organizacións e mantiven unha desconfianza confesable co seu irresistible ascenso e cos peaxes da formulación das Mareas. Sigo defendendo, unha organización cos pes, o corazón e cabeza na nosa terra, nova si, democrática e integradora de sensibilidades tamén, pero sempre galega. Non precisamos escoitar, a "Iolanda"de Pablo Milanes aínda que algún día sintamos a derrota.
É necesaria unha proposta para a reforma da Lei electoral e das diferentes representacións (tamén a sindical), e un adianto de como meterlle man o enriquecemento indebido e os diferentes poderes do Estado, tanto eiqui como acolá.
A teoría que consiste en fundamentar a saída da crise sobre a noción moral da xustiza, a loita contra o modo de distribución, en lugar de darlle cimentos a loita contra o modo da produción, ou o antagonismo de clases na economía capitalista xa ven de moi lonxe, das primeiras manifestacións teóricas da socialdemocracia. Nestas latitudes o discurso non é novo, pero a práctica amosou que quen reparte sempre é o beneficiado e logo cando nos decatamos, fuximos das responsabilidades cara aos “salvadores”. ¡ Salvémonos nos mesmos!.
A crises podemos vivila e padecela de moitos xeitos, pero considero que cando menos, obríganos a matinar e tratar de construír un proxecto nacional e social na nosa terra. Son tempos para un proxecto novo para a nación galega, que sin esquecer o vello, o actuante, tente de novo sumar esforzos e xentes do común nun novo Riazor, sobre do organizado, de quen resiste ao poder establecido individual ou colectivamente , de quen participa de movementos sociais, de quen queira debater e impulsar un proceso constituínte, tanto na consolidación de formas antagonistas de poder como na articulación, impulso e apoio a políticas claras, concretas da disputa do poder.
Formulo cinco eixos sobre os que debater para logo construír, aínda sen esquecer a dimensión internacional, mesmo a cuestión Europea, nun contexto de tanta esixencia para a nosa terra :
-Unha clara orientación a politización baseada na mobilización.
-Unha tendencia a radicalización do análise (Critica) e das accións.
-Unha sintonía entre militancia, xente do común e reivindicación. A construción e o exercicio de poder non esquece a etapa da reivindicación.
-A conformación de identidade política ou socio-política con subxectivación antagonista.
-Construír organización política sobre bases comunitarias e de camaradería real. Novos métodos de traballo e de participación, nova dirixencia integradora de calquera sensibilidade, non sobra ninguén. Quen participa vota e decide.
Non sei se é posible materializalo, aínda así, é unha obriga propoñelo antes de que as furnas falen e logo a necesidade e oportunidade faigan mixtura. A unidade do nacionalismo popular con miras a superar a orde social existente, a fusión da loita diaria coa transformación do sistema, é a tarefa.
De todolos xeitos, sei que é moi difícil poñerse de novo o choio. O 2007 deixei o Bloque porque estaba e estou convencido de que dita proposta é a uneca solución que ten o nacionalismo galego nas diferentes formulacións para facer posible o seu ideario.
Fermín Paz