Sánchez, o Presidente do Estado Español, tivo unha perda histórica nas eleccións andaluzas. Logo da cimeira da Otan e xa con mais folgos , escolleu a SextaTV para falar do que tiña interese para el e, dixo:...temos que estar preparados no caso de que Putin tome a decisión de pechar a chave do gas e do petróleo.
Cando o escotei non souben interpretar as súas verbas xa que, non precisou se a preparación ten que ser colectiva ou individual. Nin tampouco falou de como facelo. Logo de matinar un pouco, tirei a seguinte conclusión : cando cheguemos a dita situación teremos que acostumarnos. É o da preparación, queda tamén dá nosa conta .
Feijóo veu dar unha volta pola terra. Na romaría do Pino falou da falla na coherencia e da soberbia do Goberno, iso si, empregando un "español ben estiradiño". En galego non ten costume de falar e mais aló dalgunha despedida enxebre, non o fará por se o tachan de incoherente agora que chegou o cumio no PP. No caso do inglés, se non é soberbio precisa dunha preparatoria para cando xunte con Joe Biden ou Ursula von der Leyen e demais mandatarios. Sánchez pode axudarlle neste asunto. Eles dous, son os únicos que teñen posibilidade de repartir no roscón do poder político no Estado Español.
No da OTAN e tantas outras cousas, pouco a pouco, teremos que ir acostumandonos a que as lerias na política española de hoxe, camiñen cara a novos acordos e xustificacións. De momento conformemos coas súas "verdades" repetitivas dos bos, malos, o inimigo sistémico e o principal; o carácter "exclusivamente defensivo" desta estrutura guerreira; o grande "paso adiante" coa ampliación dás fronteiras ; a "defensa dos valores" democráticos, do sistema capitalista e da liberdade chegando a guerra si fose necesario. A realidade desta tolemia é outra: fortaleceuse aínda mais a dependencia aos EEUU e tódolos Estados inxeridos na chamada Alianza Atlántica, terán que facer mais contribucións de diñeiro e de tropas , etc...
A cheminea de As Pontes vai quedar en pé. Todo o demais está por ver. Nunha reconversión industrial, sempre escoitamos contos con formato de promesas que, logo non teñen cumprimento. Estamos afeitos a estas practicas.
Fai algun tempo é antes de saber de Vostedes ( Feijóo e Sánchez), e doutras Señorías, un que non é de pedra comeza asustándose, continúa encolléndose de ombreiros, e remata por conformarse co que lle ben enriba, igual que Gregor Samsa ( na Metamorfose) cando espertaba arrepiado un día na cama e non era quen de comprender como pola noite se transformara en escaravello e, aos poucos, ía facéndose á idea que o pesadelo era a realidade.
Non ocupen nin preocupen de nós, tentaremos saír dos seus enredos, contos, falsidades e coartadas. Pese a todo, a vida continúa e xa atoparemos algo para xantar e sobrevivir. Se acaso, dareilles un consello, a estas alturas da súa película xa sabemos que, o único que lles importa é o de gañar mais si non acadan o seu obxectivo , non se amolen, teñen que afacerse a situación onde nada está perdido. Si non gaña ún, gañara o outro, tanto monta que monta tanto.
O que acontece nas nosas vidas ten variadas interpretacións. A miña é, aínda que todo non dependa de nós, sempre hai algo que podemos e debemos facer. Tentemos cambiar o que está a pasar, é logo, será mais doado aceptar calquera situación por difícil que sexa. Fuxamos da resignación. Loitemos con valentía e afrontemos as consecuencias das nosas accións e as dos demais.
Todas estas manobras do poder non poden desposuírnos da nosa humanidade. Vai sendo tempo de interpretar axeitadamente o desprezo e a indiferenza daqueles a quen entregamos a nosa confianza, conxuntamente co voto. Xa fixeron merecementos dabondo para adicarlles os versos cantados no 1974 por: Canovas, Rodrigo, Adolfo e Guzmán,
Señora azul, que sen contemplación,
Desde o cumio da túa dignidade
Vas impor a túa vontade teimuda
E coa túa opinión medir o noso criterio.
Señora azul, que cega a razón,
Deixas sentir o teu olímpico desprezo,
É suxestión o teu presumir do saber,
A túa realidade é só confusión.
Ti non podes valorar con propiedade
A cor da cuestión,
Porque desde a barreira adoitas ver
touros que non son e que parecen ser.
Señora azul, de vicio criticón
Sen dar a talla de profesional
Señora azul, que mágoa dás!
A mediocridade está no teu corazón
Ti non podes valorar con propiedade
A cor da cuestión
Porque desde a barreira adoitas ver
touros que non son e que parecen ser
Señora azul, que sen contemplación
Desde a cumio da túa dignidade
Vas impor a túa vontade teimuda
E coa túa opinión medir o noso criterio
Señora azul, sabemos da túa intención
A frustración que che fai actuar así
Señora azul, que mágoa dás!
A mediocridade está no teu corazón
Fermín Paz