Por Xesús Veiga | Santiago | 24/03/2016
Estas fortalezas iniciais de Besteiro non foron quen de aturar unha combinación de erros endóxenos e circunstancias exteriores que arruinaron a súa prometedora carreira política.O papel da xuíza Pilar de Lara foi, sen dúbida, decisivo na erosión da figura política do ex –presidente da Deputación de Lugo.Qué tería ocorrido con Louzán ou coa familia Baltar se houbera, nos seus territorios, unha actividade xudicial homologábel á que se desenvolveu na provincia lucense?
Mais alá dos efectos da perversa xudicialización da política –e a correlativa politización partidaria da xustiza-, o “caso Besteiro” é un síntoma das graves carencias que presenta o Partido Socialista á hora de construír un xeito alternativo de xestionar as institucións –nomeadamente as deputacións- e a falta de resposta dilixente e críbel ante os fenómenos de corrupción que afectan a membros da organización.A herdanza de Cacharro non podía ser branqueada:a súa toxicidade era tan elevada que podería contaminar a quen tivese a tentación de usufrutuala sequera fose parcialmente.
O proceso de ascensión e caída de Besteiro confirmou, asemade, a vixencia da coñecida cantonalización do PSdG.A suma das partes locais seguiu sendo a lóxica fulcral do funcionamento interno.O resultado das eleccións municipais de Maio estableceu unha nova xerarquía na relación entre os distintos baróns, entronizou a Abel Caballero como novo poder fáctico e incrementou a debilidade do secretario xeral.
A existencia dunha xestora –afectada seriamente na súa credibilidade pola ausencia deliberada do grupo vigués- e a incertidume sobre a persoa que encabece a oferta electoral ao Parlamento galego, constitúe unha boa nova para Feijoo e un incentivo mais para que presente, de novo, a súa candidatura.Un PSdG medianamente estabilizado e cun liderado razoabelmente consolidado podería sintonizar con aqueles votantes do PP que están desencantados pero que non se senten atraídos pola Marea ou polo BNG.
Xesús Veiga
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting