Por Fermín Paz | As Pontes | 31/05/2016
Idomeini é Europa
A idea central
da súa construción
tambaléase
Os arames dan votos ao racismo
A democracia matiza o decorado no seu extremo dereitista
Nova estética
Refuxiados fuxindo
de guerras e mafias
con boa-vinda inicial,
e status teórico
De novo o conflito
Bombas formateadas,
para os desperdigar,
humillalos e botalos
Non caben dúbidas
Os cimentos filosóficos
e morais están en dúbida
Quizais debésemos ser coñecedores
da cultura grega,
Preguntémonos de novo,
De onde vimos?
E para onde imos?
Somos o que somos
Deixemos de autoenganarnos
e de mirar ao ceo,
Volvamos a vista cara a
o que están facendo no noso nome
A farsa europea
ten pseudónimo: Goliat
Realmente evolucionamos?
Darwin nunca
falou de superioridade,
aínda que a súa teoría en boca allea
xustificase supervivencias adaptativas
No fondo a gobernanza europea
retoma no seu facer,
debates dun tempo excedido
A historia tende a repetirse,
os campos de refuxiados son subterfuxios
Representan de novo o destempo:
razas como especies distintas,
abusos contra os pobos,
burdos argumentos e xustificacións,
categorización étnica e deshumanización
Europa!!!, Poboadores europeos!!!
ou somos:
unha democracia de verdade,
unha liberdade sen arames,
un muro de compromiso,
uns dereitos humanos sen retorcer
unha mestizaxe pura,
un proxecto compartido e solidario,
ou cada día a idea será máis tambaleante
correndo o perigo de desmoronarse e converterse:
no clube da indiferenza,
un norte imposíbel sen puntos cardinais
un cheque en branco sen fondos,
unha trampa ao solitario ou en compañía doutros da mesma calaña,
un oportunismo vello que nunca ten idade
Fermín Paz
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting