Por Rafael Cuiña | Lalín | 30/01/2010
Son perigosos os pensamentos unívocos dentro das organizacións que queren seguir vivas e evolucionar ao mesmo ritmo que a sociedade, para poder ofrecerlle solucións ás súas inquedanzas e achegalos máis aos seus lexítimos soños, de aí que provoquen tristura os ataques a aqueles que saen da liña marcada por algúns nostálxicos do despotismo ilustrado, que non buscan máis que opinar en liberdade sobre situacións puntuais coas que disenten, e as que a súa conciencia non lles permite calar polo compromiso existencial adquirido con esta terra.
Canto te mollas sobre aspectos polémicos da concepción social e de país que en ocasións teñen os teus, e sofres ataques anónimos aos que facilmente poslle nome e apelidos, só tes dúas posibilidades, ou ben baixas a cabeza ante o poder ao que nada lle debes, ou ben rebélaste dende a dignidade dos que non lle preocupa moverse polo temor a non saír na foto, porque entre outras cousas non hai ningunha foto na que saír lle interese. A dependencia do sustento vital dependente da xerarquización organizativa, provoca que algúns defendan en ocasións o indefendible, e que outros dende a liberdade e a subxectividade de boa fe, comprométanse con cuestións nas que teñan claro que non lle van a saír de balde. Así pois o coherente e o que senten os que non baixan a cabeza, é dicirlle aos teus que non se pode defender a cegas o que con claridade contemplas que é inmoral, e que os movementos dos subvencionados polas xerarquías, non atemorizan ás conciencias nas que as vosas “armadanzas” no pasado provocaron proídos xa superados, que non fixeron máis que reafirmar que os que pretenden calarnos nunca formarán parte do que queremos ver cando esteamos diante dun espello.
Ou non?
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting