Por Xesús Veiga | Santiago | 13/09/2010
“Estes son os meus principios; se non lle gustan teño outros”, dicía o inesquecíbel Groucho.Os seus pretendidos imitadores na política galega afirman agora que é perfectamente normal defender a transferencia no pazo do Hórreo e non apoiala na sede do Parlamento estatal.Ou que o PP –a diferenza do PSOE- non pechou a porta da transferencia aínda que impediu –coa súa abstención- que se abrira legalmente semellante posibilidade.
O xornal de maior difusión dos que se editan no territorio galego tamén quixo facer unha homenaxe ao surrealismo marxiano e decidiu que o episodio acontecido o martes 7 de Setembro no Congreso non merecía figurar na primeira páxina da edición do día seguinte.Total, para qué?A quen lle interesa, de verdade, o futuro do tráfico, mais alá do parte de sucesos que aparece cada luns?E ademais:non se trata de facerlle o xogo ao BNG e moito menos a un político –Anxo Quintana- que debe ficar enterrado “ad calendas grecas”.
Vintecatro horas despois da votación parlamentaria de Madrid, Alberto Núñez Feijoo regalounos outra xoia do seu potente marxismo cinematográfico: prometeu que o PP seguía tendo na súa axenda política a transferencia de tráfico.Con este dirixente, todo é posíbel.Canto tardará en proclamar que nunca pertencería a un partido que admitira como afiliado a alguén coma el?
Fagan apostas.
Xesús Veiga
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting