Tolstoi ademais de Ana Karemina, Guerra e Paz entre outras, tivo tempo para facer apuntamentos no seu diario, coma que mais dunha vez a merenda deulle "cagarria". A xenialidade é unha resultante da mistura do extraordinario co cotián.
Os xenios ás veces non son tan sublimes como supoñemos. A xenialidade tamén convive co común e podemos ( por oportunidade que non por oportunismo) darlle a volta a tal afirmación e comprobar que de cando en vez nós mesmos, a tropa, facemos demostración empírica deste principio. Lembro cando rachei cos meus limites de velocidade dando "zoco". Naquela ocasión, un grupello de amigos estabamos comendo dos abruños dun veciño. Sorprendidos polo dono na póla dun cereixo (tamén do subministro de balde), houbo que sair a fume de carozo para non termos que dar explicacións.
Volto ao rego. O Tolstoi era de carallo. Namentras daba voltas polos xardins da súa finca de Lasnaia Liliana, co can a seu carón, daba renda solta aos seus impulsos sexuais, cascándoa. A grande Rusia xamais foi perxudicada polas sesións de onanismo dun dos seus facedores literarios, aínda que ás veces o xenio sentiuse como unha besta insensible e pecadora.
Neste agosto do 2017 non está de máis desmitificar un pouco os xenios.
"Rajoi" xa no ten doenza nos cadris e segue como Presidente. Camiña de novo polas corredoiras da nosa terra e coma sempre furrulando co seu motor moi revolucionado e pode que " trucado " .Terá algo especial este home? Eu non teño dubidas. De non ser asi tanto D. Mariano como o Pp teñen un xenio contratado como asesor ( aínda que sexa en precario pero con prezo axustado a súa xenialidade), co objetivo de facernos creer que todo o que aconteceu é contaminación ou refugallo, que debemos enterrar para sempre nun punto limpo.
Fermín Paz