Por Xesús Veiga | Santiago | 11/10/2010
Mais tamén admite unha reflexión a respeito da concepción que se agacha no procedemento utilizado para mudar o status legal existente.
Calquera debate sobre este asunto debería partir da constatación de dous feitos indiscutíbeis:a evidencia de que o actual topónimo –A Coruña- é a consecuencia directa da aplicación dunha normativa aprobada cun amplísimo consenso político e a obviedade de que os resultados duns comicios de carácter municipal non serven para tirar conclusións solventes relativas ao volume de apoios sociais que concita unha cuestión que soborda ese ámbito territorial.
A democracia é, tamén, procedemento.Se o presidente Feijoo e o candidato Negreira queren alterar a legalidade lingüística deberían conseguir un acordo político da mesma ou superior dimensión cualitativa do que se rexistrou para acordar o que hoxe existe.Deben facer o mesmo que repite o argumentario patentado na rúa Génova cando alguén fala de acometer modificacións constitucionais:só lles valen aquelas que teñan o mesmo apoio que propiciou o actual texto da lei de leis.Pois iso:convenzan vostedes ao PSdG e ao BNG de que “La Coruña” ben merece unha nova lei consensuada no Parlamento.E se non o conseguen, non caian na tentación de facer trampas ao solitario.Postos a utilizar os votos populares como argumento decisivo do cambio, atrévanse a convocar un referendo consultivo en todo o territorio galego para saber cal é a opinión da sociedade sobre a forma legal dos topónimos.
Por qué cree Carlos Negreira que todos os votos que sexa capaz de obter o vindeiro mes de Maio van ser consecuencia directa da mudanza que postula para a denominación legal da cidade?E qué pensa das persoas que apoiaron a súa candidatura no ano 2007 sen que esa proposta figurase nas previsións programáticas daquel momento?
Preguntas sen resposta para uns dirixentes políticos que non se poñen limites na caza e captura dos votos.Nin éticos nin estéticos.
Xesús Veiga
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting