Deslealdades con Galicia

Non son dos que gustan facer leña da árbore caída, mais en ocasións, as frivolidades e menosprezos á nosa terra, non poden deixar de ser denunciados.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 22/12/2010

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

 O Presidente do Goberno do Estado, (non sei se chamarlle xa saínte...), José Luis Rodriguez Zapatero, non tivo a ben visitar a periferia noroeste de España, na celebración do Ano Xacobeo compostelán. Este ávido visitador de mesquitas otomanas, e “polemizador” contra credos lexítimos, considerou que na Galicia xacobea do 2010, a súa presencia non era necesaria, ou quen sabe se merecedora, de tal ilustre visitante. Se ven os galegos non precisamos da achega de quen nos despreza, determinados cargos institucionais deberan ter en conta, que o importante non é o alimento dos seus egos, e a súa miserenta vaidade, senón o respecto por quen foron elixidos para representar, e dos que na maioría das ocasións non están á altura.

 
As “escopetas” de determinados altovoceiros, estaban cargadas contra o posible fracaso da xestión do goberno galego, nun evento da magnitude mundial do Ano Santo compostelán. Atopáronse cun éxito histórico de participación de xentes de todo o orbe, ben por motivos relixiosos, ben por motivos culturais. Proe o que debera ser un suceso satisfactorio para unha sociedade galega, necesitada de motores económicos que a axuden a aguantar unha crise provocada pola xestión incapaz de outros lares, e a desmedida ambición da cruenta especulación capitalista. O Xacobeo axudou á maquillaxe de cifras en vermello, que tampouco poden ser consideradas brotes verdes. A sinerxía xacobea debe representar un motor “diesel” para a economía galega, de longo recorrido e baixo custe para unha tesourería castigada, e con necesidade de priorizar os seus minguados recursos.
 
Escoitaba a un dirixente político galego con varios “master” en deslealdades, e “doutorado” en ciencias políticas escuras, pedir a declaración de Zapatero como “persoa non grata” para o noso país galego. A cuestión non é se persoa física de Zapatero o pode merecer polo evidente e reiterado desprezo a Galicia, senón como reclamar que o Presidente dos españois, se non está a altura, marche para a súa casa, poucos meses antes que o faga a democracia representativa. José Blanco foi un dignísimo representante do goberno central nas conmemoracións xacobeas, mais a desidia e o cansazo, que provoca nunha sociedade como a nosa tanta deslealdade, quedou claro que non o soluciona nin a visita do Ratzinguer de quenda...
 
Ou non?
 

Rafael Cuiña