Por Rafael Cuiña | Lalín | 05/01/2011
Se algún político coñecín que describise mellor o concepto de “falcón”, ese foi Francisco Álvarez Cascos. Rudo nas formas e pouco dado ao diálogo. Mando sen concesións, “xeneral secretario” no máis amplo senso do termo. Conta a Historia de numerosas batallas, nas que os responsables de dirixir os ataques dende a trincheira, non sabían asumir posteriormente o segundo plano do ostracismo na batalla, ao mando doutro xeneral máis ou menos dotado para o obxectivo estratéxico. Cascos medrou nun entorno político, no que o “ordeno e mando” era un axioma fronte ao cal só podía existir, o distanciamento de aqueles ignotos nos entrexixos da política con minúsculas. Nunca permitiu movementos afastados do pensamento único, de aí que a receita que lle aplica “Génova” para a súa patoloxía, non pode ser outra que o mesma medicamento, co que tan reiteradas veces tratou aos seus pacientes.
© GC 2024 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting