Que está pasando coas entidades emigrantes de Arxentina?

A crise pola que chegou o Centro Galego de Bonos Aires, o cal está a piques de desaparecer, ten responsabilidades múltiples.

Por Lois Pérez Leira | Bos Aires | 22/03/2018

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Unha delas a carencia de novas camadas migratorias. Outra delas é  a media de idade dos nosos emigrantes, que están nunha etapa terminal. Tamén existen factores políticos. Por unha banda están as Agrupacións de Socios do Centro que dirixiron á institución. Moitas destas Agrupacións a pesar de ter nomes distintos, estaban orientados polo mesmo partido político galego, pero falta a necesaria pluralidade idioligica.
 
Outro dos factores determinantes foi a creación de fundacións que se impulsaron na era Fraga creando a Fundación Galicia Saude. Lonxe de modernizar o servizo e sanear as finanzas foi multiplicando o buraco económico, aumentando o cadro de persoal profesional. Esta situación continuou durante o goberno PSOE BNG.
 
A esta simple radiografía hai que agregarlle un desdén dos problemas da emigración por parte das forzas de esquerda ou nacionalistas. O certo que a institución máis emblemática da emigración galega está pasado o seu peor e máis lamentable situación. Con continuas ameazas de producirse un pelotazo inmobiliario ou unha venda a prezo da a baixa.
 
Nestes anos alzáronse algunhas voces tentando tardíamente achegar solucións a unha entidade que xa está desauciada. Fai xa máis de vinte anos fun sinalando nin opinión de cal era a mellor opción para darlle solución á nosa institución nai.
 
Por entón expuña que o edificio e a xestión parada á sanidade pública Arxentina en carácter de doazón. Garantindo a atención especial aos socios do mesmo. Esta opción realizouse con outra entidade da emigración europea dando resultados moi positivos. Nese acordo o goberno durante 10 anos debería de cofinanciar a entidade. Utilizando do orzamento do goberno central unha porcentaxe que se estima para os cidadáns que residen no exterior.
 
Nestas condicións unha planta do Centro podería continuar co seu labor cultura e podería manter os seus fondos históricos. Seguramente teña que ser o presidente Núñez Feijo que debería persoalmente pilotear esta etapa de transición do Centro. Feijoo conta cunha relación previlexiada co Presidente Arxentino Mauricio Macri.
 
A crise do Centro Galego debe de abrir un serio debate nas institucións galegas. Xa é anacrónico tanta cantidade de asociacións. Xa non existe a substitución xeracional necesario. Por iso debe unha repartición de roles entre dúas entidades. Por en lado o Centro Galicia que debe concentrar toda a actividade deportiva, recreativa e educacional a través do seu Colexio Santiago Apóstolo. Mentres que a federación de Asociacións Galegas debe ser o foco cultural e o mantemento da memoria histórica a través do Museo da Emigración Galega. É alí onde deberían estar os fondos históricos da emigración, especialmente os do Centro  Galego de Buenos Aires.
 

Lois Pérez Leira



Lois Pérez Leira

Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.