Por Xesús Veiga | Santiago | 29/08/2011
No pecado levan a penitencia:a partir de agora, a mitoloxía da inmutabilidade da Constitución xa non poderá ser utilizada como coartada.Se as deputacións non son eliminadas neste mesmo paquete-express é porque non existe vontade política de facelo:pesan mais as vantaxes derivadas do control político desas entidades que os retóricos obxectivos de racionalización do gasto público.
O fundamentalismo económico dominante fixo do déficit público a principal obsesión de certos economistas e dirixentes políticos.Da igual que o diagnóstico da crise económica española non se axuste ao estereotipo dunha esaxerada débeda pública e conteña elementos diferenciais (nivel elevado de desemprego e forte endebedamento de empresas e familias) que non se compadecen coas liñas de política económica baseadas na diminución contundente do gasto público.Tampouco importa a experiencia vivida nos últimos anos cando Alemania e Francia non foron quen de cumprir os pactos de estabilidade económico-financeira fixados polos propios organismos da UE.Estamos ante un requisito de obrigado cumprimento:os dogmas non se discuten, aplícanse.
Por qué non se aceita a realización dun referendo sobre esta reforma? Ou tamén:por qué non agardan -PP e PSOE- á vindeira lexislatura e aproveitan a convocatoria do 20-N para explicar a proposta ao electorado?A pedagoxía que se destila desta manobra pensada para o derradeiro minuto da lexislatura non pode ser mais negativa:dous partidos que non levaban esta reforma constitucional nos seus programas electorais de 2008 non son quen de consultar semellante cambio aos seus propios votantes.Visto o visto, a credibilidade das propostas que formulen na vindeiras semanas de campaña fica seriamente cuestionada.Quen nos asegura que non van facer outro cambio na Constitución no 2013 ou no 2014?
Xesús Veiga
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting