Por Rafael Cuiña | Lalín | 11/09/2011
O realmente relevante da disertación, foi escoitar ao estadista máis influínte de occidente, falar da necesidade de rematar co “circo político”, no que tanto Demócratas como Republicanos están sumindo á aínda primeira potencia mundial, poñendo paus nas rodas dos necesarios acordos en materia fiscal e laboral, que afasten aos Estados Unidos dunha recesión que afectaría de xeito decisivo á economía mundial, e como consecuencia posteriormente ,en particular á xa moi castigada europea.
O presunto “circo” do que falaba Obama, e deses de tres pistas, no que seguramente nunha delas estean a actuar os nosos políticos patrios, nos que as actuacións a gozar no espectáculo, van camiño de facerse coas bancadas baleiras de xente. No conxunto do Estado, o acordo entre os grandes tótems do centro reformista e a teórica socialdemocracia, para a reforma constitucional, -que comparto no fondo, aínda que non na forma-, debe ser o vieiro polo que nos próximos anos transcorra o devir da política española, tan próxima nas súas formas a provocar o cansazo da cidadanía, ante a inutilidade de uns, e a falla de alternativas de outros.
Galicia é a primeira comunidade que establece un teito de gasto por lei, buscando a lóxica na xestión do control dos gastos, en función dos ingresos. Esta política, non é máis que a inversión nun futuro, no que os intereses da débeda poden chegar a ser inasumibles, se non se toman as medidas necesarias. Destacados politólogos falan estes días das teses do premio Nobel Paul Krugman, -un dos poucos que dende a diagnose económica predixo este caos-, sobre a necesidade de incrementar a débeda a corto prazo, porque o problema é a ausencia de demanda. Claro que ao que se refire o insigne economista é a necesaria acción da economía americana, na que aínda hai marxe para o endebedamento, e non para a española, na que xa non existe esa posibilidade. Significativo é o apoio dende a súa columna do New York Times, do premio Nobel, afirmando que non pensaba que Obama estivese disposto a chegar tan lonxe.
Veñen tempos duros necesitados de líderes dispostos a tomar medidas nada populares. Dise grado de responsabilidade dependerá, que aos nosos fillos lle quede algunha posibilidade, da que nós, coa nosa inconsciencia, cada día os afastamos máis.
Ou non?
© GC 2025 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting