Por Rafael Cuiña | Lalín | 18/02/2012
A sociedade galega sufre os embates de elementos que conflúen a un mesmo tempo nun mesmo lugar, e que fai especialmente complicada unha saída da crise á que algúns ven un “lóstrego de esperanza” no horizonte, mentres os que a sofren perciben que o buraco no que se están a afundir é cada vez de maior profundidade.
Os médicos queixándose de brutais recortes na sanidade pública e alertando de privatizacións, pacientes aos que anteriormente dedicaban dez minutos, e agora mesmo só o poden facer dous, listas de espera medrando xa incluso nos centros de saúde; funcionarios en rebeldía por normas contra o absentismo laboral nas que poderían pagar xustos por pecadores; sectores como o naval ou o metalúrxico en fase terminal ante a falla de encargos, co conseguinte efecto devastador nas comarcas nas que os estaleiros dan vida a centos de familias, e ás que cada día apágaselle máis a chama da esperanza. Galicia é un drama por cada recuncho desta terra sufridora, á que non lle vale como escusa, a evidencia de estar nunha situación macroeconómica menos mala que outros pobos do Estado español. Ver como os investigadores quedan ser recursos e que non pase absolutamente nada, é un claro síntoma de que unha sociedade até hai pouco con puxanza como a galega, déixase ir tentando cada un salvar os mobles, mentres cada vez máis afástase un proxecto común de país.
© GC 2024 | Galicia Confidencial | RSS | Legal | Política de cookies | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | Co apoio de dinahosting