Tendencia de positivos de coronavirus acumulados por países máis afectados, segundo cálculos de científicos chinos.

Científicos chineses cren que o pico da epidemia de coronavirus en España non chegará até maio

Ciencia - 27 Marzo 2020

Calculan que aquí haberá uns 230.000 casos confirmados e que Europa occidental será a rexión do mundo máis golpeada pola pandemia. Critican as medidas que foron adoptando os gobernos español e italiano e a relaxación da poboación, especialmente en Italia.

Experimento dos investigadores da Cátedra de Física da Universidade-Bauhaus Weimar.

VÍDEO: Este experimento científico mostra como se pode espallar o coronavirus cando tosemos

Ciencia - 25 Marzo 2020

Físicos alemáns fan público un vídeo gravado coa técnica coñecida como espello de Schlieren no que se evidencia a importancia de toser coa boca cuberta; con todo nin as máscaras proporcionan total seguridade.

Imaxe dun polbo en acuicultura. NOVA PESCANOVA

O CSIC desenvolve tres plataformas para resolver os desafíos do despoboamento, sistemas agrarios e pesca sustentable

Ciencia - 25 Marzo 2020

Os grupos de investigación están repartidos entre dous centros que son a Misión Biolóxica de Galicia, Instituto de Investigacións Mariñas.

Colas no exterior dun supermercado controladas por militares tras a declaración do estado de alarma pola pandemia de coronavirus / © Miguel Núñez.

Virólogos da Universidade de Santiago: "O virus sobrevive poucos días no plástico, un día en papel e horas en moedas"

Ciencia - 24 Marzo 2020

Recomendan pautas de hixiene como as medidas máis eficaces, airear a roupa e agardar un día para manipular libros comprados, entre outras medidas.

Imaxe dun dispositivo de impresión 3D. CUHK

Máis de mil persoas fabrican material sanitario en 3D desde Vigo

Ciencia - 23 Marzo 2020

O proceso é artesanal, voluntario e sen ánimo de lucro, de modo que funciona unicamente coas achegas de particulares e empresas interesados en arrimar o ombreiro para superar a pandemia canto antes e da mellor maneira.

Vista da páxina web na que se envorcan os datos e as predicións. UNIVERSIDADE DE VIGO / Europa Press

Físicos galegos desenvolven unha web que amosa a previsión da evolución de contaxios e os seus picos

Ciencia - 23 Marzo 2020

Pode prever nos vindeiros dous días os casos de coronavirus a nivel galego e español.

Infografía que explica como funciona o test do coronavirus / Moléculas en galego (@moleculas_gal en Twitter).

Coñece como funcionan as probas para detectar o coronavirus COVID-19

Ciencia - 23 Marzo 2020

Moléculas en Galego axuda aos galegos a entender en que consisten estes tests.

Test realizado desde coche no Hospital Meixoeiro de Vigo para a detección do coronavirus COVID-19 / © Miguel Núñez.

Guía básica sobre a COVID-19: isto é o que realmente saben os científicos sobre o coronavirus

Ciencia - 20 Marzo 2020

Esta reportaxe é o resultado da revisión de case 200 estudos e textos publicados por científicos de todo o mundo, seleccionados de entre centos de documentos publicados xa en bases científicas cos primeiros resultados e análises sobre a enfermidade COVID-19. Trátase dos primeiros resultados e, por tanto, deben ser tomados con cautela: desde a orixe do virus, ata as súas características epidemiolóxicas e clínicas, pasando polas taxas de contaxio e letalidade, ou a subestimación de casos asintomáticos, que serían responsables de contaxios masivos.

Posible infectado de coronavirus entra en Urxencias en Vigo / © Miguel Núñez.

Taxa de letalidade do COVID-19: do 0,2 % en Alemaña ao 7,4 % en Italia, pasando polo 1 % en Galicia e o 5 % en España

Ciencia - 20 Marzo 2020

Coñecer a porcentaxe de mortos sobre o total de infectados polo coronavirus é fundamental para establecer a incidencia real do virus. Con todo, está a resultar moi complicado calculala, xa que se descoñece o número real de infectados en todo o mundo e os datos varían día a día por continentes, países, rexións, cidades...

Biohackers / Reason.com.

Biohackers súmanse á loita contra a pandemia do coronavirus

Ciencia - 17 Marzo 2020

Diversas iniciativas de hackers interesados na bioloxía buscan o desenvolvemento de ferramentas e solucións para combater o COVID-19, desde a análise, modelado e simulación de datos baseados ​​en datos dispoñibles publicamente sobre o virus, ata o desenvolvemento dunha vacina de dominio público.

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

Un novo estudo científico corrobora que o eucalipto empobrece a biodiversidade en Galicia

Ciencia - 05 Marzo 2020

“Os traballos que levamos feito con plantas, aves e liques apuntan a que os eucaliptais albergan en xeral menos diversidade”, destaca María Calviño Cancela, autora principal de varias investigacións realizadas por científicos da Universidade de Vigo. Estos achados corroboran as liñas doutros investigadores que sinalan as plantacións de eucalipto como empobrecedoras da diversidade e abundancia de especies animais e vexetais.

Balea común alimentándose xunto con golfiños comúns na costa galega / Cemma.

Galicia, clave para entender onde procuran comida as baleas no Atlántico Norte

Ciencia - 03 Marzo 2020

Científicos de varios países coordinados analizaron mostras de individuos desta especie en Islandia, Azores, Estreito de Xibraltar e augas galegas.

Alicerce de luz fotografado en Muras / SGHN.

Fotografían por primeira vez en Galicia un alicerce de luz, un fenómeno fascinante comparable ás auroras boreais

Ciencia - 03 Marzo 2020

Membros da Sociedade Galega de Historia Natural e de Fotografía Ferroltera presentan as imaxes tomadas o pasado 24 de xaneiro.

Centro Oceanográfico de Vigo / IEO.

O BNG pide o traspaso á Xunta dos centros que pertencen ao Instituto Español de Oceanografía

Ciencia - 27 Febreiro 2020

Os nacionalistas queren as competencias sobre os dous centros creados polo organismo estatal e pertencentes á súa rede de oceanográficos.

Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona en pleno outubro / © Miguel Núñez.

O CSIC proba en Galicia unha nova técnica para determinar a gravidade dun incendio forestal no chan

Ciencia - 27 Febreiro 2020

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas presenta unha técnica isotópica para analizar o impacto dos lumes sobre as propiedades do terreo.

A USC e a Fundación Renal crean unha cátedra de investigación para fomentar o estudo das enfermidades do ril / Europa Press

A Universidade de Santiago crea unha cátedra de investigación para fomentar o estudo das enfermidades do ril

Ciencia - 24 Febreiro 2020

A USC asina un convendio coa Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo.

Pescadores / CEMMA.

O Cetmar mostrará en Roma os resultados dun proxecto europeo que tenta adaptar a pesca ao cambio climático

Ciencia - 23 Febreiro 2020

O proxecto 'ClimeFish', financiado pola Unión Europea con cinco millóns de euros, desenvolveuse durante 2015 e 2020 cun total de dezaseis estudos.

Pola esquerda, Ángel García Alonso, María N. Barrachina, Serena Lacerenza, Irene Izquierdo (primeira autora), Lidia Hermida-Nogueira, e Luis A. Morán / USC.

Científicos da Universidade de Santiago avanzan no descubrimento de novos fármacos antitrombóticos

Ciencia - 20 Febreiro 2020

Descifraron o mecanismo e as proteínas claves para a activación dun receptor de plaquetas fundamental no mantemento da integridade vascular.

Imaxe da bacteria Pseudomona aeruginosa / Janice Haney Carr | CDC.

Proban en Galicia o prototipo da que podería ser a primeira vacina no mundo contra unha superbacteria mortal

Ciencia - 20 Febreiro 2020

Os ensaios realizáronse con "resultados prometedores" en ratos infectados coa bacteria Pseudomonas aeruginosa, unha das principais causas de pneumonía nosocomial, asociada a unha alta mortalidade. Na investigación participaron científicos do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), en colaboración con colegas da Universidade de Porto.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.