Rodaballos triploides / Instituto Español de Oceanografía.

O rodaballo, primeiro vertebrado secuenciado xeneticamente en España por científicos galegos

Ciencia - 09 Marzo 2016

Investigadores da Universidade de Santiago e do CSIC Galicia lideran a identificación dos xenes desta especie, que pode ser fundamental para o deseño de programas de selección xenética ou posibles vacinas.

Imaxe do furacán

Os naufraxios españois no Caribe ilustran cinco séculos de ciclóns tropicais

Ciencia - 08 Marzo 2016

Unha doutora da Universidade de Santiago asina unha investigación pioneira na que se usaron datos históricos de afundimentos de buques españois para achegar o primeiro rexistro anual de furacáns dende 1495, cuxa actividade se relaciona coas flutuacións da radiación solar.

Imaxe de Galicia tomada dende a Estación Espacial Internacional / Tim Peake - ESA.

Viaxando de Galicia a Moscova na Estación Espacial Internacional

Ciencia - 08 Marzo 2016

Imaxe espectacular de Galicia dende o espazo.

Asunción Longo, Salustiano Mato e a investigadora Elena Ojea / DUVI.

A Universidade de Vigo atrae talento investigador

Ciencia - 03 Marzo 2016

Elena Ojea é a primeira fichaxe do programa de captación de persoal seleccionado nas convocatorias ERC. A investigadora conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros para estudar a adaptación ao cambio climático en sistemas pesqueiros.

Exemplar de espiñento / DUVI.

A poboación de espiñento en Galicia axudará a entender o cambio climático

Ciencia - 01 Marzo 2016

A investigadora coreana da Universidade de Vigo Sin-Yeon Kim estudará esta especie de peixe para coñecer a resposta dos organismos ao cambio climático.

Comparación entre as anomalías de altura da superficie do mar nos eventos de 1997 e o actual / USC.

A USC participa nun estudo que relaciona o fenómeno El Niño con enfermidades transmitidas pola auga

Ciencia - 25 Febreiro 2016

Un estudo internacional liderado por un ex-profesor da Universidade de Santiago, e no que participa a institución galega, apunta a que ese fenómeno climático pode provocar a chegada de patóxenos asiáticos a América.

As miñocas son un dos grupos de invertebrados terrestres cun maior impacto sobre os solos / DUVI.

As miñocas xa teñen o seu mapa a gran escala en Europa

Ciencia - 25 Febreiro 2016

A Universidade de Vigo participou nun gran estudo europeo que cartografía a diversidade destes invertebrados, fundamentais para o funcionamento dos solos.

A investigadora do CiQUS Rebeca García Fandiño presenta en Barcelona a aplicación que permite visualizar moléculas en Realidade Virtual / MD.USE Innovative Solutions.

Tecnoloxía galega para visualizar moléculas en realidade virtual

Ciencia - 24 Febreiro 2016

A aplicación foi presentada en Barcelona pola empresa MD.USE Innovative Solutions, 'spin-off' do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), da Universidade de Santiago de Compostela.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo,  xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS / Xoán Crespo.

Galicia lidera a principal investigación europea sobre o alzhéimer

Ciencia - 23 Febreiro 2016

Máis de cen científicos europeos traballarán en novas solucións contra esta enfermidade, coordinados polo Grupo de Neurociencias Clínicas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

Científicos da Universidade de Vigo da campaña antártica, na base Gabriel de Castilla / DUVI.

Novo fito da Universidade de Vigo ao transmitir datos meteorolóxicos da Antártida vía satélite

Ciencia - 23 Febreiro 2016

Científicos da Campaña Antártica instalan en Illa Decepción unha estación conectada á constelación de satélites HumSAT, dende onde se reciben datos diarios na estación de seguimento do campus de Vigo.

Laboratorio do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiales Moleculares (CIQUS)

7 millóns de euros para poñer no mercado a investigación galega

Ciencia - 19 Febreiro 2016

O Xunta presenta o programa IGNICIA cunha primeira achega de 1.650.000 euros para este ano. O obxectivo é explotar comercialmente o coñecemento xerado polos investigadores galegos, para obter retornos económicos e crear "emprego de calidade e sostible".

Galicia lidera un estudo europeo sobre os efectos dos microplásticos nos ecosistemas mariños

Ciencia - 18 Febreiro 2016

A Universidade de Vigo coordina un equipo de trinta investigadores de dez países europeos nun proxecto de investigación que avaliará os efectos destes materiais en sistemas biolóxicos. Cada ano, oito millóns de toneladas de plástico son vertidas no mar en todo o mundo.

O Día da Ciencia en Galicia homenaxeará a Ignacio Ribas, o gran valedor dos produtos naturais galegos

Ciencia - 16 Febreiro 2016

A Real Academia Galega de Ciencias homenaxea este ano ao químico Ignacio Ribas Marqués, coincidindo co vinte aniversario da morte deste científico e catedrático da Universidade de Santiago.

A tartaruga mariña Rostro, cando foi liberada logo de máis de ano e medio de recupración nas instalacións de CEMMA / CEMMA.

“Galicia precisa un centro de recuperación de fauna mariña”

Ciencia - 12 Febreiro 2016

José Cedeira, presidente da CEMMA, pide nesta entrevista revitalizar o proxecto paralizado deste centro autonómico na parroquia baionesa de Baredo, cuxa execución é de responsabilidade compartida entre Xunta e Goberno central.

Crustáceos identificados en augas de Mauritania / IEO.

Unha investigadora galega descobre catro novas especies de crustáceos en Mauritania

Ciencia - 11 Febreiro 2016

Investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) veñen de presentar o traballo máis completo realizado ata a data sobre a biodiversidade dos crustáceos profundos de Mauritania

Esta é a primeira referencia documentada de cabaliños de mar nas illas Cíes / Manuel E. García Blanco.

As Cíes mostran por primeira vez á ciencia un cabaliño de mar

Ciencia - 09 Febreiro 2016

Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo documentan por primeira vez a presenza do Hippocampus hippocampus en augas de Cíes, no marco do proxecto Hippoparques.

Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) de Vigo / CSIC.

CSIC Galicia segue perdendo investigadores e recursos, e lanza un novo dardo á Xunta

Ciencia - 09 Febreiro 2016

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas di na súa última Memoria que "las circunstancias concretas en relación con Galicia tampoco han sido propicias", e apunta ao Goberno autonómico por "imponer un límite infranqueable a la concurrencia competitiva".

O lince ibérico Kentaro corre cara á liberdade tras ser solto nos Montes de Toledo / Luis Suárez - WWF España.

Kentaro, o lince ibérico que percorreu 2.410 quilómetros até chegar a Galicia

Ciencia - 04 Febreiro 2016

O espécime, seguido por GPS polos científicos, atópase en Ourense tras percorrer o norte da Península Ibérica, logo de ser liberado nos Montes de Toledo en decembro de 2014.

Equipo de investigación da CEMMA que levou adiante as campañas oceánicas no Banco de Galicia / CEMMA.

Así se conseguiu a protección do Banco de Galicia

Ciencia - 01 Febreiro 2016

Investigadores da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA participaron no proxecto Life+ Indemares, que deu como resultado a declaración do Banco de Galicia como espazo protexido pola Unión Europea.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.