Laboratorio de investigación da Universidade de Vigo / DUVI.

Santiago e Vigo, entre as dez universidades que máis patentes solicitan en España

Ciencia - 27 Xuño 2018

A da Coruña ocupa o posto 17 na clasificación elaborada pola Oficina Española de Patentes y Marcas, con datos acumulados entre os anos 2005 e 2017.

Equipo de Radiocirurxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela / Sergas.

O Hospital Clínico de Santiago introduce en Galicia unha nova ténica de radiocirurxía contra tumores cerebrais

Ciencia - 26 Xuño 2018

A radiocirurxía é unha técnica radioterápica de alta precisión que permite tratar lesións de tamaño reducido no cerebro. Os pacientes máis beneficiados por esta nova técnica serán aqueles con metástases cerebrais.

Vacina da gripe

Médicos propoñen un calendario de vacinación para adultos usando códigos QR

Ciencia - 26 Xuño 2018

Un traballo feito por expertos do Sergas e da Universidade do País Vasco aconsella un novo método para sistematizar as vacinacións na poboación adulta.

Lume sobre Gondomar, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 / Miguel Núñez.

A ciencia demostra a relación entre o plan de reforestación franquista e o aumento dos incendios

Ciencia - 24 Xuño 2018

Investigadores da Universidad de Zaragoza constatan mediante un modelo estatístico o "efecto perverso" do Plan Xeral de Repoboación Forestal de España, aplicado desde 1940. No seu estudo atoparon unha "relación positiva significativa entre os incendios forestais e as hectáreas reforestadas, especialmente 30-35 anos despois das plantacións".

Investigadores do consorcio europeo PanCanRisk, liderado polo galego Ángel Carracedo (cuarto pola esquerda) desde a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

A ciencia galega lidera a detección de dous novos xenes implicados no cancro de mama e de colon

Ciencia - 21 Xuño 2018

O consorcio europeo PanCanRisk, liderado polo galego Ángel Carracedo desde a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, presentou esta semana en Santiago un avance das conclusións de tres anos de traballo.

Pneumonía por lexionella.

A pneumonía por lexionela, un problema que vai en aumento en Galicia

Ciencia - 21 Xuño 2018

Un estudo demostra que a área de Lugo acadou taxas tan elevadas nos últimos anos que se sitúan entre as máis altas de España.

Campus Terra, da USC, en Lugo / usc.es

O Campus Terra, á vangarda en España

Ciencia - 20 Xuño 2018

O campus da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo renova o liderado na docencia, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico en tres eidos de coñecemento: Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.

Ría de Vigo

A ría de Vigo, un “enclave único” en Europa polo nivel de afloramentos e fertilización

Ciencia - 20 Xuño 2018

Científicos destacan o sistema de correntes e circulación da auga na ría de Vigo e a súa “boa saúde”. A cidade acolle o VI International Symposium on Marine Sciencies,

Varamento de balea común (Balaenoptera physalus) na praia de O Couto, Barreiros, Lugo, setembro de 2011 / CEMMA.

As baleas que se achegan a augas galegas teñen a clave dos cambios no océano

Ciencia - 20 Xuño 2018

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) participou no primeiro estudo para monitorizar os recentes cambios oceánicos no Atlántico Norte en base á información química das baleas que se alimentan nas augas de Galicia e Islandia.

Embarazadas fumando e bebendo alcol / Andrew Vargas en Flickr.

Un 15,7% das embarazadas galegas fuma

Ciencia - 20 Xuño 2018

Un estudo feito pola Universidade de Santiago mostra que as fumadoras teñen un nivel de estudo inferior, parella fumadora, menor conciencia dos efectos do tabaco, non pensan dar o peito aos seus bebés e presentan maiores niveis de ansiedade, tensión e depresión.

Ricardo Torres, Do Plymouth Marine Laboratory / Europa Press

A circulación da auga na Ría de Vigo convértea nun enclave "único en Europa"

Ciencia - 20 Xuño 2018

A cidade olívica acolle até o 22 de xuño o VI International Symposium on Marine Sciences.

Eclipse solar en 2005 / ComputerHotline wikipedia

Aquí están os fenómenos celestes deste verán

Ciencia - 20 Xuño 2018

Ao longo destes meses haberá varias ocasións de mirar para o ceo e descubrir peculiares fenómenos astronómicos, deses que non acontecen todos os días. As coñecidas Perseidas, puntuais coma sempre, ou o eclipse total de Lúa, serán algúns deles.

Ría de Ares / Padin en Wikipedia.

As rías de Ares, Betanzos e Cedeira teñen as claves do Antropoceno en Galicia

Ciencia - 18 Xuño 2018

O CSIC indaga nas primeiras pegadas desta nova era xeo-estatigráfica tomando como referencia sedimentos destas tres rías.

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar (centro), con representantes do consorcio de empresas do sector biotecnolóxico Neogalfarm / Xunta.

Galicia avanza na loita contra o cancro

Ciencia - 15 Xuño 2018

O consorcio galego Neogalfarm iniciará ensaios clínicos en humanos cun novo composto contra o cancro de colon probado ratos.

Parque Tecnolóxico de Vigo

A tecnoloxía de Vigo viaxa ata o Parc Científic de Barcelona

Ciencia - 15 Xuño 2018

O Parque Tecnolóxico de Vigo estivo presente na asemblea da APTE, onde se deron a coñecer os datos estatísticos "moi positivos" deste último ano.

Sala de espera do Sergas

Cales son os novos avances para loitar contra a depresión e a ansiedade?

Ciencia - 15 Xuño 2018

Esta fin de semana a atención psicolóxica no sistema público de saúde galego pasará a exame por parte dos propios profesionais, nunhas xornada baixo o título "O lugar de encontro bio-psico-social".

Olivas autóctonas / Fonte: Pedro Soto

O aceite galego pode previr o alzhéimer e o párkinson

Ciencia - 14 Xuño 2018

Unha investigación de científicos das universidades de Vigo, Granada e Ancona (Italia) salienta o potencial das variedades de oliveira autóctonas de Galicia 'Brava' e 'Mansa' para previr trastornos neurodexenerativos.

Berberechos / Europa Press

Científicos galegos participan nun proxecto europeo para recuperar o berberecho no Espazo Atlántico

Ciencia - 14 Xuño 2018

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela participan no proxecto 'Cockles'.

Os doutores Antonio Gómez Caamaño e Ana Vega / IDIS.

Científicos galegos participan en novos achados xenéticos sobre o risco de padecer cancro de próstata

Ciencia - 13 Xuño 2018

Membros do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (Idis) participan nun traballo internacional que identificou 63 novas variantes xenéticas que contribúen ao risco de desenvolver cancro de próstata.

Ondas xigantes nun gran temporal / EP

Como será o clima e a costa galega dentro de 1.000 anos?

Ciencia - 12 Xuño 2018

O profesor emérito de xeoloxía na Universidade da Coruña (UDC) e membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, Juan Ramón Vidal Romaní é un dos especialistas máis prestixiosos en Galicia nesta materia. Nesta entrevista apunta o que pasará co clima galego e as nosas prais dentro de 1.000 anos.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.