Solta de cabalos galegos de monte en Fornelos de Montes / UVigo.

O cabalo galego, un “ben fundamental” para os montes

Ciencia - 12 Xuño 2018

O uso de drons, no marco dun proxecto de investigación, permitirá avaliar os efectos sobre a biomasa dunha manda de cabalos galegos do monte, unha das poucas especies de cabalos salvaxes que existen en Europa.

Outros dous científicos galegos galardoados polas súas investigacións en neuroloxía

Ciencia - 08 Xuño 2018

O galardón recoñece o incansable labor destes dous neurólogos, Julio Pardo e Rogelio Leira, polo estudo e a difusión científica das cefaleas e as enfermidades neuromusculares.

Ángel Carracedo / USC.

O galego Ángel Carracedo, novo presidente da Academia Internacional de Medicina Legal

Ciencia - 07 Xuño 2018

O catedrático da Universidade de Santiago foi elixido durante o 24º Congreso da Academia que se está desenvolvendo en Fukuoka (Xapón).

O universo / La Vanguardia

Descubrimos co astrónomo José Ángel Docobo os segredos mellor gardados do Universo

Ciencia - 05 Xuño 2018

Que lugar ocupamos no conxunto do Universo? Será a Terra o único planeta que alberga vida? Como é que hai estrelas de diferentes cores? Todas estas preguntas xurdiron nun acto do Ateneo onde tamén se homenaxeou a figura de Ramón María Aller Ulloa, un dos pioneiros da observación astronómica galega.

A árnica montana / Wikipedia

Novo futuro para a Árnica Montana: planta medicinal ameazada en Galicia

Ciencia - 04 Xuño 2018

Esta especie, que presenta propiedades terapéuticas, está a experimentar unha crecente demanda por parte da industria farmacéutica.

Dous exemplares de balea no Banco de Galicia / CEMMA.

Un exemplar atopado en Burela, clave para descubrir que as baleas do Mediterráneo migraban ao Atlántico Norte hai 1,8 millóns de anos

Ciencia - 03 Xuño 2018

Un equipo científico dirixido polo italiano Alberto Collareta, do Departamento de Ciencias da Terra da Universidade de Pisa, presenta os resultados do seu estudo sobre os movementos migratorios das baleas no principio do Pleistoceno. No traballo participou a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, que analizou mostras dunha balea xibarte varada en Galicia en 2011.

Dermatite atópica / Wikimedia.

Paracetamol, convivencia con gatos e antecedentes familiares, entre as causas da dermatite

Ciencia - 01 Xuño 2018

Os resultados da tese de Beatriz Aranegui Arteaga na Universidade de Santiago relacionan a dermatite atópica con diversos factores ambientais.

Federico Martinón (esquerda) e Antonio Salas / USC.

Un estudo xenético liderado por galegos esclarece como foi a colonización humana de América do Sur

Ciencia - 30 Maio 2018

Científicos de Italia e Estados Unidos coordinados polo profesor da Facultade de Medicina de Santiago Antonio Salas e o coordinador da Unidade de Infectoloxía e Inmunoloxía Pediátrica do CHUS, Federico Martinón, achegan datos históricos novidosos sobre a colonización de Sudamérica e o rol das poboacións andinas.

A catedrática María José Alonso/Ateneo de Compostela

María José Alonso: "O nivel dos investigadores aquí é moi alto se o comparamos cos recursos"

Ciencia - 28 Maio 2018

María José Alonso é catedrática de Tecnoloxía Farmacéutica na Universidade de Santiago. Leva detrás un extenso currículo no campo da investigación tanto en Galicia como noutros lugares. Este luns imparte unha conferencia co título “Sobre como os nanomedicamentos poden cambiar as nosas vidas". Unha aproximación ao campo da nanomedicina, un terreo moi pouco coñecido polo grande público.

A investigadora Ana Igea / UVigo.

Galicia pon o seu selo nunha nova terapia contra o cancro de mama máis agresivo

Ciencia - 25 Maio 2018

A investigadora Ana Igea, do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, participou nun artigo publicado en 'Cancer Cell' que describe as bases dunha potencial nova vía terapéutica máis eficaz e eficiente.

Serpe recuperada en Vigo.

Novidades no Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia

Ciencia - 22 Maio 2018

A Sociedade Galega de Historia Natural anuncia a sétima edición, tras actualizarse con novos datos recollidos ao longo do ano 2017.

Intelixencia artificial / Pixabay

Un futuro no que as máquinas interpretarán as nosas emocións e interactuarán cos humanos

Ciencia - 21 Maio 2018

O investigador galego David Vilares Calvo recibe un premio estatal de Informática polo seu traballo, centrado na análise de sentimentos nas redes sociais. Este enxeñeiro informático predí que no longo prazo as máquinas poderán interpretar sentimentos humanos.

O profesor e

"Profe, para que serven as mates?"

Ciencia - 21 Maio 2018

O profesor e 'youtuber' Sergio Castro falará sobre o apaixonante reto de aprender matemáticas na sede de Afundación en Santiago de Compostela.

De dereita a esquerda María Tomás, Cristian Vidal e Paolo Destito, autores do traballo xunto con Fernando López e Jose L. Mascareñas / Andrés Ruiz - USC.

Científicos galegos crean enzimas artificiais que xeran reaccións que non existen na natureza

Ciencia - 15 Maio 2018

Investigadores da Universidade de Santiago deseñan catalizadores de ouro que multiplican as posibilidades de xerar novos tipos de produtos bioactivos dentro dunha célula de maneira totalmente controlada.

Ría de Pontevedra / Gabriel González en www.flickr.com/photos/gaby1/37232183582.

Asocian o quecemento da temperatura das rías galegas co aumento de infeccións por unha toxina en mariscos

Ciencia - 07 Maio 2018

Científicos galegos, ingleses e estadounidenses relacionan a infección por Vibrio parahaemolyticus co aumento da temperatura da superficie do mar nas zonas costeiras de Galicia. Esta bacteria causa enfermidades asociadas coa inxesta de marisco e considérase rara e esporádica en toda Europa, agás en Galicia.

Sonda MarumaSat III / NOSA

Todo listo para o lanzamento da sonda espacial galega Marumasat III

Ciencia - 04 Maio 2018

A Axencia Espacial Escolar Galega finaliza con éxito as probas desta terceira misión, que será lanzada este luns 7 de maio.

Sonda MarumaSat II / NOSA.

A Axencia Espacial Escolar Galega, lista para crear vida na estratosfera

Ciencia - 26 Abril 2018

NOSA, a Axencia Espacial Escolar Galega, prepara o lanzamento dunha nova sonda en tres anos. O obxectivo esta vez é obter imaxes estratosféricas a máis de 35.000 metros de altura do fenómeno do ocaso da lúa diurna, facer que naza un animal na estratosfera coa eclosión sincronizada dun ovo de abella, e poñer nos ceos os poemas vencedores do I Premio de Poesía Estratosférica.

Laboratorio de prácticas de Física na Universidade de Santiago / USC.

A ciencia, en feminino

Ciencia - 25 Abril 2018

Concello e Universidade de Santiago poñen en marcha a terceira edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ para visibilizar o traballo das mulleres na ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas e incentivar unha maior pesenza de mozas nestas carreiras.

Científicos galegos avanzan no borrado selectivo dos recordos do medo

Ciencia - 22 Abril 2018

A USC presenta os resultados dun experimento de laboratorio con humanos no que probaron como se pode modificar un mal recordo nun só día. Os seus achados reforzan os estudos previos feitos en Estados Unidos sobre o chamado adestramento de extinción, que permite bloquear a memoria do medo sen usar fármacos.

Feijó na xornada STEM en Santiago / Europa Press

Galicia entra na Axencia Espacial Europea

Ciencia - 20 Abril 2018

Xunta e Universidade de Vigo abrirán unha delegación co obxectivo de fomentar as vocacións científicas.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.