Presentación proxecto saúde UDC / Europa Press

Investigadores galegos crean unha plataforma para o diagnóstico médico en tempo real a distancia

Ciencia - 30 Marzo 2017

O proxecto, do Centro de Investigación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación da Universidade da Coruña, facilitará valoracións por parte de especialistas internacionais practicamente de maneira inmediata

Hospital Clínico / EP.

Investigadores do Clínico de Santiago avanzan na vacinación fronte a enfermidade por rotavirus

Ciencia - 29 Marzo 2017

Federico Martinón, xefe do servizo de pediatría, presenta os últimos datos das investigacións desenvolvidas no IDIS.

Acto de entrega dos premios Vigueses Distinguidos e da Medalla da cidade / IEO.

O Centro Oceanográfico de Vigo recibe a Medalla da cidade polos seus 100 anos de traballo

Ciencia - 28 Marzo 2017

A institución científica do Instituto Español de Oceanografía é recoñecida pola súa "defensa da xusta causa da ecoloxía, o medio ambiente e o coñecemento dos océanos".

Parque eólico mariño / Jumanji Solar.

O uso conxunto das enerxías eólica e das ondas reduce á metade os custes de produción

Ciencia - 27 Marzo 2017

Unha investigación do Campus Terra aposta por combinar ambas fontes de enerxía para fomentar a competitividade destas enerxías e o seu desenvolvemento.

Polígono de bateas / C.R. Mexillón de Galicia.

Galicia participa no proxecto europeo para previr e mitigar enfermidades de bivalvos en acuicultura

Ciencia - 27 Marzo 2017

O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC forma parte do proxecto Vivaldi para incrementar o coñecemento científico e ofrecer á industria acuícola solucións prácticas.

A curtametraxe galega

A galega ‘Einstein-Rosen’, mellor curtametraxe no festival de cinema e ciencia do CERN

Ciencia - 26 Marzo 2017

A xuízo do xurado, a curtametraxe encarna á perfección o espírito do festival da Organización Europea para a Investigación Nuclear, con sede en Suíza.

Unidade do CHUS de atención a enfermidades metabólicas hereditarias / Europa Press

O hospital Clínico de Santiago é designado como centro de referencia para a atención de enfermidades raras

Ciencia - 24 Marzo 2017

Unha unidade do CHUS foi elixida pola Unión Europea como centro de referencia para a atención ás enfermidades raras e complexas no campo de patoloxías metabólicas hereditarias.

As 'Regueifas da Ciencia' volven o martes 28 á USC cun debate sobre a alimentación saudable

Ciencia - 23 Marzo 2017

A segunda edición das 'Regueifas da Ciencia', organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, arrinca o vindeiro martes 28 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación cun debate sobre alimentación saudable.

Arroaces arredor de bateas / BDRI.

As bateas de mexillón atraen arroaces ás rías galegas

Ciencia - 23 Marzo 2017

Un novo estudo de científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) e da Université Bordeaux confirma que as zonas de produción de mexillóns en Galicia son frecuentemente visitadas por estes golfiños.

Versión en galego da Táboa Periódica dos Elementos / USC.

A nova versión en galego da Táboa Periódica dos Elementos

Ciencia - 23 Marzo 2017

O grupo de innovación docente CienciaNOSA da Universidade de Santiago de Compostela publica a versión actualizada na nosa lingua cos novos elementos incoporados.

Presentación da publicación sobre o fuso horario

Pode ter Galicia un fuso horario diferente ao do resto do Estado?

Ciencia - 23 Marzo 2017

O Consello da Cultura remitirá ao Congreso e ao Goberno central un documento no que se defene a necesidade de revisar o fuso horario do Estado con “bases científicas”.

Preparativos da campaña oceanográfica SAREVA para estimar a biomasa das poboacións de sardiña, xarda e xurelo, entre outras especies / IEO.

O IEO estudará a distribución e abundancia de sardiña en Galicia e Golfo de Biscaia

Ciencia - 22 Marzo 2017

O Centro Oceanográfico de Vigo coordina a campaña do Instituto Español de Oceanografía, na que tamén participa Portugal.

A catedrática de Farmacia da USC María José Alonso. / Europa Press

A galega María José Alonso ingresa no American Institute for Medical and Biological Engineering

Ciencia - 21 Marzo 2017

A catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela forma parte desde este martes do prestixioso College of Fellows desta institución estadounidense.

Tres novos científicos titulares incorpóranse a dous dos centros do CSIC en Galicia

Ciencia - 20 Marzo 2017

Os novos científicos son Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, quen se incorpora ao Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento, e Manuel Pazos Palmeiro e Luís Taboada Antelo, quen se incorporan ao Instituto de Investigacións Mariñas.

Visita dos conselleiros de Educación de Castela e León e Galicia ao Cimus / Europa Press

Castilla-León, interesada no sistema de investigación universitaria de Galicia

Ciencia - 14 Marzo 2017

O conselleiro de Educación da Xunta de Castilla-León, Fernando Rey, acompañado polo seu homólogo galego, Román Rodríguez, realizou este martes un percorrido polo Cimus (Centro de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas) da USC (Universidade de Santiago de Compostela).

Xerais colección ciencia / Europa Press

Xerais estrea ‘Básicos Ciencia’, a primeira colección dedicada exclusivamente á divulgación científica en galego

Ciencia - 14 Marzo 2017

O director da editorial, Manuel Bragado, presentou este martes en Santiago a colección.

Bocareus en vinagre / Tamorlan.

Científicos galegos alertan da alta incidencia da anisaquíase por consumo de bocareu en vinagre

Ciencia - 14 Marzo 2017

Un estudo realizado polo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC Galicia, en colaboración coa Universidade de Aberdeen (Escocia), estima que en España se dan uns 8.000 casos ao ano e advirte de que a incidencia desta doenza esta "subestimada e infradiagnosticada".

Presentación de XXVI Congreso Cuatrienal do Consello Internacional de Enfermeira / Europa Press

A enfermaría galega estará presente no congreso mundial de Barcelona con cinco traballos científicos

Ciencia - 13 Marzo 2017

O conselleiro de Sanidade avoga por incorporar a investigación á enfermaría para descubrir "novas técnicas, métodos e coidados"

Buque oceanográfico

Científicos á procura de larvas de pescada entre Fisterra e Ribadeo

Ciencia - 13 Marzo 2017

O buque oceanográfico 'Sarmiento de Gamboa' parte de Vigo para iniciar a primeira campaña DREAMER, co obxectivo de analizar os procesos ecolóxicos do recrutamento de pescada europea.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.