Ciencia - 23 Xaneiro 2018
Científicos do CSIC conclúen, trala necropsia, que o exemplar de lura xigante atopado na praia de Bares en 2016 "mantivo unha loita cun exemplar máis grande da súa especie". Foi un feito insólito, xa que nunca antes se fotografara unha lura xigante viva fóra de Xapón.
Ciencia - 19 Xaneiro 2018
Investigadores do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo describen catro novas especies de hidrozoos. Unha delas leva o nome de 'diphasia leonisae' en homenaxe a Leonisa, avoa da científica Marta Gil.
Ciencia - 19 Xaneiro 2018
Emalcsa e as universidades de Santiago e A Coruña colaboraron nesta iniciativa, presentada en Nova York. A presa galega convértese na máis meridional en Europa desta rede de investigación en lagos e encoros.
Ciencia - 18 Xaneiro 2018
Investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo logran mellorar a supervivencia e crecemento de larvas de polbo en condicións de cultivo. Trátase dun avance cara a comercialización de polbo en catividade no mercado, onde o cefalópodo galego está cedendo terreo ao de Marrocos.
Ciencia - 17 Xaneiro 2018
Investigadores da USC xunto con especialistas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e do Hospital de Xove en Xixón identifican un novo mecanismo no desenvolvemento de metástases asociadas ao cancro de mama.
Ciencia - 16 Xaneiro 2018
Investigadores de Edafoloxía da Universidade de Santiago contribúen a reconstruír de forma precisa o clima nos últimos 700 anos, incluído o período frío máis prolongado e intenso dos últimos 10.000 anos.
Ciencia - 14 Xaneiro 2018
Un estudo científico confirma que as prevalencias significativas das xenoespecies patóxenas de Borrelia Burgdorferi detectadas nos carrachos de Galicia son máis altas que as atopadas previamente en España. Lugo é a provincia máis afectada.
Ciencia - 14 Xaneiro 2018
Científicos da Universidade de Vigo desenvolveron un novo recheo óseo a partir de dentes de quenllas procedentes da pesca sustentable, que ademais permiten valorizar os descartes no sector.
Ciencia - 11 Xaneiro 2018
Estudos previos xa demostraran a capacidade do Eucalyptus globulus para colonizar plantacións autóctonas en Galicia non afectadas polo lume. Agora, unha nova achega científica demostra por vez primeira que os incendios poden aumentar este risco de invasión, especialmente en bosques nativos de carballo.
Ciencia - 10 Xaneiro 2018
O Campus Terra da Universidade de Santiago bota a andar unha nova edición de ‘Ciencia para novos investigadores’.
Ciencia - 09 Xaneiro 2018
Un estudo de científicos franceses mostra que os exemplares máis grandes de quenlla e marraxo que chegan á lonxa viguesa teñen concentracións de mercurio por enriba do límite máximo permitido para o consumo. Isto, advirten, supón "un problema para as autoridades pesqueiras galegas". O porto de Vigo leva anos no punto de mira de ecoloxistas, científicos e xornalistas estranxeiros polo comercio masivo e sen límites de carne e aleta de tiburón.
Ciencia - 08 Xaneiro 2018
Neurólogos de toda España asinan un documento de consenso sobre a eficacia da OnabotulinumtoxinA no tratamento preventivo en pacientes con hemicrania crónica. Entre os expertos que aconsellan o uso do bótox atópase o doutor Rogelio Leira, do Servizo de Neuroloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
Ciencia - 04 Xaneiro 2018
Investigadores do Instituto de Salud Carlos III e do CIEMAT presentan o primeiro estudo a nivel de toda España sobre o impacto da combustión de biomasa na mortalidade en cidades. Os científicos atoparon evidencias de que a advección de partículas en suspensión PM10 se asocia cunha maior taxa de falecementos nas rexións nas que os incendios forestais son máis frecuentes, como Galicia. Julio Díaz Jiménez, xefe de Área do Departamento de Epidemioloxía e Bioestatística da Escuela Nacional de Sanidad do Instituto de Salud Carlos III, explica a Galicia Confidencial os achados desta investigación.
Ciencia - 25 Decembro 2017
Apuntan que sería "beneficioso" para o turismo galego como mostra da "riqueza" das súas augas confirmar a presenza estable desta especie.
Ciencia - 21 Decembro 2017
Profesores do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo son os responsables desta magna tradución,
Ciencia - 20 Decembro 2017
As aplicacións da xenómica para mellorar a produción forestal ou a xenética do vacún, porcino ou da acuicultura estarán no centro do debate.
Ciencia - 19 Decembro 2017
A nova estación durará ata o 20 de marzo.
Ciencia - 18 Decembro 2017
Avoga por potenciar a "importantísima" labor de investigadores en Galicia nos ámbitos do mar, forestal e sobre patrimonio, entre outros
Ciencia - 18 Decembro 2017
O catedrático de Xeografía Física da USC Augusto Pérez Alberti, membro do grupo AMBIOSOL, participará nunha misión internacional na Antártida para analizar o cambio climático.
Ciencia - 15 Decembro 2017
Científicos do CSIC en Barcelona aportan o primeiro estudo sobre depredación de ovos de sepia por invertebrados. Os resultados indican que o cangrexo azul é unha ameaza potencial para os chocos. Esta especie exótica invasora foi identificada recentemente en augas de Galicia por vez primeira. Científicos xa alertaron da "pasividade das autoridades" ante as novas invasións de especies foráneas nas nosas rías.