O CSIC inicia en Galicia unha rolda de actos en librarías en torno ao libro 'Las legumbres'

Ciencia - 22 Febreiro 2017

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) inicia en Galicia este xoves unha rolda de actos en librarías en torno ao libro 'Las legumbres', publicado no marco da celebración do Ano Internacional dos Legumes en 2016.

Chernas / IEO.

O Centro Oceanográfico de Vigo avanza na domesticación e cultivo de chernas

Ciencia - 21 Febreiro 2017

Trátase dun peixe de rápido crecemento que posúe un alto prezo no mercado e que está sometido a unha grande presión pesqueira.

Participantes na First Lego League / UDC.

Ferrol acolle a terceira edición da First Lego League

Ciencia - 17 Febreiro 2017

A Universidade da Coruña volve organizar o certame, dirixido a estudantes de 6 a 16 anos para a promoción da ciencia e a tecnoloxía.

O catedrático Manuel Arturo López Quintela / USC.

O profesor Arturo López Quintela ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

Ciencia - 15 Febreiro 2017

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela entra como académico numerario.

Eva Cabanelas Dopazo / USC.

A galega Eva Cabanelas, semifinalista do certame de divulgación científica Famelab

Ciencia - 14 Febreiro 2017

É a única representante por Galicia no xa famoso concurso de monólogos científicos.

Esqueleto dun peregrino leproso da Idade Media atopado en Winchester (Inglaterra) e que puido chegar a terras británicas dende Galicia / Simon Roffey.

O esqueleto medieval que axudará a entender a lepra puido chegar a Inglaterra dende Galicia

Ciencia - 13 Febreiro 2017

Científicos británicos aseguran que os restos do home atopado en Winchester pertencen a un peregrino de 18 a 25 anos que tería chegado a estas terras dende Compostela. Os investigadores confían en que a cepa da lepra atopada no esqueleto axudará a coñecer as orixes xenéticas desta enfermidade e o seu proceso de expansión por Europa na Idade Media.

A científica galega Olimpia Valencia López / Álbum da Ciencia e Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.

Galicia enxalza as súas heroínas no Día da Muller e a Nena na Ciencia

Ciencia - 11 Febreiro 2017

Figuras senlleiras da ciencia galega son recordadas neste día, no que tamén se dá a coñecer o labor das investigadoras que están a desenvolver a súa actividade no noso país. As tres universidades, o MUNCYT e os centros oceanográficos de Vigo e A Coruña súmanse aos actos reivindicativos.

A Sociedade Americana de Radioloxía premia varios traballos da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago / Sergas.

A Sociedade Americana de Radioloxía premia a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago

Ciencia - 10 Febreiro 2017

A institución americana recoñece de novo varios traballos do Servizo de Radioloxía da Xerencia compostelá, cuxo responsable é Roberto García Figueiras.

Laboratorio de Farmacia na Universidade de Santiago / USC.

Galicia supera a media estatal e europea en mulleres investigadoras

Ciencia - 10 Febreiro 2017

O informe 'Científicas en cifras' destaca o peso investigador feminino no noso país, un punto por enriba da media española e sete da europea, e só por detrás de Baleares, A Rioxa e Castela e León no Estado. O sector empresarial é onde hai unha maior fenda de xénero, mentres que na Administración Pública se acadan os maiores valores en Galicia, con máis mulleres que homes.

Nace nos laboratorios do CiTIUS da USC o sistema automático máis preciso do mundo para interpretar o electrocardiograma / USC.

O sistema automático máis preciso do mundo para interpretar o electrocardiograma é galego

Ciencia - 09 Febreiro 2017

Investigadores dos laboratorios do CiTIUS da Universidade de Santiago desenvolven un novo método que mellora todas as técnicas dispoñibles na actualidade e que atraeu xa a atención de investigadores do prestixioso Massachusetts Institute of Technology (MIT).

Unha edición do

O IES Universidade Laboral de Culleredo, representante galego no ‘Finde Científico 2017’

Ciencia - 09 Febreiro 2017

Será o único representante de Galicia entre os 32 centros escolares seleccionados para participar na feira científica organizada pola FECYT e que se celebrará na sede do MUNCYT en Madrid os días 27 e 28 de maio.

O Muncyt conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia cunha conferencia e talleres

Ciencia - 07 Febreiro 2017

A sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) na Coruña unirase á celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa organización dunha conferencia e talleres, segundo informa.

Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia / CSIC.

Científicos galegos avanzan no cultivo in vitro de especies forestais

Ciencia - 07 Febreiro 2017

O Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC) logra un novo avance no desenvolvemento e posta a punto de ferramentas biotecnolóxicas para a conservación ex situ de material vexetal de especies forestais mediante cultivo in vitro.

o catedrático Pedro Diz Dios / USC.

Un catedrático de Santiago, primeiro europeo editor xefe da revista ‘Special Care in Dentistry’

Ciencia - 07 Febreiro 2017

O catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz Dios foi elixido entre outros candidatos de Estados Unidos e Canadá para ocupar este cargo na revista máis destacada deste ámbito da Odontoloxía.

Edificio do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña,  CITIC / UDC.

O CITIC da Universidade da Coruña acada o recoñecemento como centro singular de investigación

Ciencia - 06 Febreiro 2017

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións é recoñecido pola Xunta pola súa potencialidade investigadora e de transferencia de coñecemento á sociedade.

O realizador Daniel López, co decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal / Europa Press.

Un documental narra a expansión por China dunha técnica galega para operar cancro de pulmón

Ciencia - 06 Febreiro 2017

A Facultade de Medicina acolle a proxección de '7 days 7 cities', que narra o éxito no país chinés da técnica Uniportal VATS, desenvolvida polo cirurxián galego Diego González Rivas.

Científicos galegos na Antártida / UVigo.

A expedición galega da Campaña Antártica parte rumbo a Illa Decepción

Ciencia - 03 Febreiro 2017

Mariano Lastra, Jesús Souza Troncoso, Jesús López agardan chegar á base Gabriel de Castilla o día 10. No continente xeado estudarán os efectos do cambio climático sobre as macroalgas

Antón Barreiro (á esquerda) con parte do equipo do departamento de Bioloxía Funcional da Universidade de Santiago / USC.

Científicos galegos buscan financiamento en Internet para un proxecto sobre lesións medulares

Ciencia - 03 Febreiro 2017

O departamento de Bioloxía Funcional da Universidade de Santiago lanza unha campaña no portal Precipita da FECYT para desenvolver unha investigación sobre fármacos para a rexeneración axonal tras unha lesión medular.

Nova especie de verme plano achada na Ría de Arousa / GEMM.

Descobren na ría de Arousa unha nova especie mariña

Ciencia - 02 Febreiro 2017

O Grupo de Estudos do Medio Mariño (GEMM) informa do descubrimento dun novo animal que se corresponde cunha especie de verme plano.

O Nobel Tosten Wiesel ve "clave" investir en prevención para evitar o desenvolvemento de enfermidades neurodexenerativas

Ciencia - 02 Febreiro 2017

Na Coruña, onde participa nun ciclo de conferencias, Wiesel pide a Trump manter o "apoio" financeiro á investigación científica

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.