Os Anonymous, en apoio a Julian Assange e WikiLeaks

Premio extraordinario á primeira tese en España sobre WikiLeaks e hackers, do galego Alberto Quian

Ciencia - 27 Xaneiro 2017

A Universidad Carlos III de Madrid premia a primeira tese doutoral feita en España sobre ética e cultura hackers e a organización liderada por Julian Assange. Parte do traballo de investigación supuxo a publicación en GC de documentos filtrados da axencia de intelixencia gobal Stratfor.

Integrantes do grupo de Quí­mica Coloidal da Universidade de Vigo / UVigo.

Un equipo vigués usa nanomateirais para achar contaminantes químicos nos alimentos

Ciencia - 25 Xaneiro 2017

O proxecto do grupo de Química Coloidal da Universidade de Vigo ten como principal obxectivo o desenvolvemento dun sensor portátil que permita a detección “rápida e in situ” de microorganismos patóxenos e contaminantes químicos en mostras reais de alimentos.

Estrutura dunha das moléculas modelo e a súa correspondente imaxe, obtida mediante Microscopía de Forza Atómica / AFM (IBM Research).

Investigadores galegos botan luz sobre a complexa composición molecular do petróleo

Ciencia - 24 Xaneiro 2017

Científicos do CiQUS, da Universidade de Santiago, colaboran con expertos de IBM e ExxonMobil nun estudo sobre a estrutura molecular dalgunhas fraccións pesadas do petróleo.

O físico Ángel Paredes / Uvigo.

Investigadores galegos avanzan no estudo da materia escura

Ciencia - 23 Xaneiro 2017

Científicos galegos atoparon puntos de contacto entre a óptica non lineal, a materia escura e a formación de buratos negros.

Captura dunha das pezas do documental

Galicia perde peso en produción científica

Ciencia - 23 Xaneiro 2017

O país é unha das tres autonomías onde menos medrou a actividade científica e onde as cotas de produción estatal diminúen, pasando a ocupar o sexto posto tras ceder o quinto ao País Vasco, segundo un informe do Observatorio Español de I+D+i (ICONO) sobre varios indicadores bibliométricos.

A campaña para o estudo da biopsia líquida do Grupo de Oncoloxía Médica do IDIS logra 40.000 euros nunha semana

Ciencia - 21 Xaneiro 2017

A campaña de micromecenado do Grupo de Oncoloxía Médica Translacional (Oncomet) logrou 38.408 euros en só unha semana.

Gonzalo López Lorenzo, na Facultade de Veterinaria de Lugo / USC.

Premio europeo para un proxecto veterinario galego sobre circovirose porcina

Ciencia - 20 Xaneiro 2017

Boeheringer Ingelheim distingue un proxecto do chantadino Gonzalo López Lorenzo, do Campus Terra da Universidade de Santiago, entre as mellores propostas europeas de I+D sobre PCV2.

Ruta do Ribeiro.

Crean un modelo para predicir a colleita do Ribeiro e fumigar só cando sexa necesario

Ciencia - 18 Xaneiro 2017

Investigadores da Facultade de Ciencias do campus de Ourense lideran un estudo estatal para incrementar a eficiencia da produción e a calidade do viño.

Tratamento de cancro mediante hipertermia / Dr. Sennewald Medizintechnik GmbH

Estudan en Compostela o uso de nanopartículas magnéticas para o tratamento de cancro

Ciencia - 18 Xaneiro 2017

Investigadores de España e Reino Unido xúntanse na Universidade de Santiago para o tratamento do cancro mediante hipertermia.

Un estudo da UVigo suxire que o consumo de auga alcalina mellora os síntomas da diabetes tipo 1 en ratas

Ciencia - 17 Xaneiro 2017

O traballo foi desenvolvido pola Universidade de Vigo e a empresa galega Alkanatur Drops SLU.

Pediatras do CHUS participan nunha investigación internacional sobre infeccións respiratorias graves

Ciencia - 17 Xaneiro 2017

Pretenden elaborar guías de práctica clínica para mellorar a forma na que estas patoloxías se monitorizan e asesorar en vacinación

O profesor José Luis Mascareñas / USC.

O catedrático galego José Luis Mascareñas, novo membro da Academia Europea das Ciencias

Ciencia - 16 Xaneiro 2017

O profesor da Universidade de Santiago formará parte da división de Química desta institución, que conta con figuras científicas tan destacadas como os premios Nobel Barry Sharpless ou Jean-Pierre Sauvage.

Peixe anxo anano en Christmas Island / Luiz Rocha.

Científicos de Galicia, Xapón, Australia e EE.UU. colaboran para protexer a biodiversidade mariña

Ciencia - 16 Xaneiro 2017

Iria Fernández Silva, do Campus do Mar, participa nun proxecto internacional que aportará unha "avaliación sen precedentes dos procesos de especiación, hibridación e introgresión nos ecosistemas mariños".

Base científica na Antártida / UVigo.

Científicos galegos regresan á Antártida para estudar os efectos do cambio climático

Ciencia - 13 Xaneiro 2017

Investigadores das universidades de Vigo e Santiago viaxarán de novo ao continente xeado para facer traballos de campo e experimentos de laboratorio co fin de coñecer os efectos do cambio climático sobre as macroalgas desta zona polar.

As enfermidades pulmonares sitúanse entre as doenzas que máis mortes causan.

Galicia participa na maior investigación europea sobre infeccións pulmonares mortais

Ciencia - 12 Xaneiro 2017

O SERGAS colabora nun proxecto internacional subvencionado con 29 millóns de euros xunto coas universidades de Edimburgo, Oxford e Imperial College de Londres, o Centro Médico Universitario de Utrecht, o Centro Médico Universitario de Groningen, o Instituto Nacional de Saúde Pública dos Países Baixos, a Universidade de Amberes, o Hospital do Suroeste de Finlandia, o Statens Serum Institut en Dinamarca e a Rede Europea de Pediatría para o Tratamento do Sida.

Investigadores da USC e de México avanzan na caracterización das proteínas

Ciencia - 03 Xaneiro 2017

Para o labor computacional utilizáronse os recursos do Centro de supercomputación de Galicia

Gañadores dos Premios Ernesto Viéitez 2016 / RAGC.

A Real Academia Galega de Ciencias premia un método rápido de detección de anisakis

Ciencia - 29 Decembro 2016

Un equipo do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC gaña o Premio de Investigación Ernesto Viéitez que concede a RAGC, que tamén distinguiu na categoría de investigadores mozos a Silvia Barja Fernández, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Peregrina Quintela, Premio María Josefa Wonenburg, reclama frear a “desaceleración científica”

Ciencia - 26 Decembro 2016

Feijóo enxalza o exemplo das "mulleres científicas" e avanza a aprobación no Consello do 2º programa 'Muller e Ciencia' 2016-2020

Inauguración na depuradora da Silvouta dunha plataforma de ensaios de tratamento de augas / Iria Lema.

Santiago estrea un sistema pioneiro en España para ensaios de tratamento de auga

Ciencia - 22 Decembro 2016

O equipo Biogroup da Universiade de Santiago de Compostela instala na planta depuradora da Silvouta unha plataforma para ensaios na que desenvolverá varios proxectos, entre eles dous europeos.

Vista dorsal (arriba) e lateral (abaixo) da nova especie de fósil Beneziphius cetariensis / Miján, I., Louwye, S. e Lambert, O. (2017). A new Beneziphius beaked whale from the ocean floor off Galicia, Spain and biostratigraphic reassessment of the type species. Acta Palaeontologica Polonica 62 (X): xxx–xxx.

Descrita para a ciencia unha nova especie de cetáceo en Galicia cuns 12 millóns de anos

Ciencia - 21 Decembro 2016

Investigadores da Sociedade Galega de Historia Natural, do Museo Real de Ciencias Naturais de Bélxica e da Universidade de Gante fan público o achado e estudo dunha nova especie bautizada co nome de Beneziphius cetariensis, en honor á localidade de Cedeira.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.