O Día da Ciencia en Galicia homenaxeará a Ignacio Ribas, o gran valedor dos produtos naturais galegos

Ciencia - 16 Febreiro 2016

A Real Academia Galega de Ciencias homenaxea este ano ao químico Ignacio Ribas Marqués, coincidindo co vinte aniversario da morte deste científico e catedrático da Universidade de Santiago.

A tartaruga mariña Rostro, cando foi liberada logo de máis de ano e medio de recupración nas instalacións de CEMMA / CEMMA.

“Galicia precisa un centro de recuperación de fauna mariña”

Ciencia - 12 Febreiro 2016

José Cedeira, presidente da CEMMA, pide nesta entrevista revitalizar o proxecto paralizado deste centro autonómico na parroquia baionesa de Baredo, cuxa execución é de responsabilidade compartida entre Xunta e Goberno central.

Crustáceos identificados en augas de Mauritania / IEO.

Unha investigadora galega descobre catro novas especies de crustáceos en Mauritania

Ciencia - 11 Febreiro 2016

Investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) veñen de presentar o traballo máis completo realizado ata a data sobre a biodiversidade dos crustáceos profundos de Mauritania

Esta é a primeira referencia documentada de cabaliños de mar nas illas Cíes / Manuel E. García Blanco.

As Cíes mostran por primeira vez á ciencia un cabaliño de mar

Ciencia - 09 Febreiro 2016

Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo documentan por primeira vez a presenza do Hippocampus hippocampus en augas de Cíes, no marco do proxecto Hippoparques.

Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) de Vigo / CSIC.

CSIC Galicia segue perdendo investigadores e recursos, e lanza un novo dardo á Xunta

Ciencia - 09 Febreiro 2016

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas di na súa última Memoria que "las circunstancias concretas en relación con Galicia tampoco han sido propicias", e apunta ao Goberno autonómico por "imponer un límite infranqueable a la concurrencia competitiva".

O lince ibérico Kentaro corre cara á liberdade tras ser solto nos Montes de Toledo / Luis Suárez - WWF España.

Kentaro, o lince ibérico que percorreu 2.410 quilómetros até chegar a Galicia

Ciencia - 04 Febreiro 2016

O espécime, seguido por GPS polos científicos, atópase en Ourense tras percorrer o norte da Península Ibérica, logo de ser liberado nos Montes de Toledo en decembro de 2014.

Equipo de investigación da CEMMA que levou adiante as campañas oceánicas no Banco de Galicia / CEMMA.

Así se conseguiu a protección do Banco de Galicia

Ciencia - 01 Febreiro 2016

Investigadores da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA participaron no proxecto Life+ Indemares, que deu como resultado a declaración do Banco de Galicia como espazo protexido pola Unión Europea.

Exemplar de lagostiña / IIM.

A lagostiña, un novo manxar para a gastronomía galega?

Ciencia - 29 Xaneiro 2016

Este pequeno crustáceo, descartado pola frota pesqueira pola súa difícil conservación, podería entrar no mercado grazas a un sistema de valorización comercial desenvolvido polo Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo estrea páxina web

Ciencia - 29 Xaneiro 2016

O centro do CSIC conta xa cun novo espazo propio en Internet para dar a coñecer mellor á sociedade o seu traballo científico.

Situación do Banco de Galicia / IEO.

A UE protexe o Banco de Galicia

Ciencia - 27 Xaneiro 2016

A Unión Europea declara Lugar de Importancia Comunitaria da Rede Natura 2000 este monte submarino profundo, situado a 180 quilómetros da costa galega, que xa deu vinte novas especies á ciencia.

Tiburón azul / Mark Conlin.

Os tiburóns, en risco de sobrepesca

Ciencia - 26 Xaneiro 2016

Un estudo internacional no que participa o Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo advirte da necesidade de establecer novas cotas de captura para protexer as quenllas oceánicas

O alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, na exposición

Unha neurona xigante no Muncyt de A Coruña

Ciencia - 25 Xaneiro 2016

O Museo Nacional de Ciencia y Tecnología acolle até o 26 de xuño a exposición 'Big Neurona', pensada como un museo móbil interactivo.

Identificación da alga vermella Pneophyllum cetinaensis / Žuljević, A. et al. First freshwater coralline alga and the role of local features in a major biome transition. Sci. Rep. 6, 19642; doi: 10.1038/srep19642 (2016).

Unha investigadora galega descobre unha nova especie de alga

Ciencia - 22 Xaneiro 2016

Viviana Peña Freire, da Universidade da Coruña, dá a coñecer a primeira alga vermella coralina de auga doce nun traballo colaborativo publicado en Scientific Reports.

Mapa da Península mostrando a localización da turbeira da Molina / USC.

5.000 anos de contaminación por metais no norte peninsular

Ciencia - 19 Xaneiro 2016

Investigadores da Universidade de Santiago demostran que os primeiros sinais de contaminación atmosférica por metais remóntanse ao Calcolítico, 1.500 anos antes do que se pensaba.

Exemplar de cangrexo azul atopado na ría de Vigo / Ecología Azul.

Un novo cangrexo invasor nas rías galegas

Ciencia - 18 Xaneiro 2016

O grupo Ecología Azul mostra o exemplar de cangrexo azul Callinectes sapidus, atopado na ría de Vigo. Trátase do primeiro rexistro desta especie en augas galegas. Vídeo no interior.

Ötzi, o Home de Xeo tirolés, unha das momias máis antigas de Europa / Wikimedia Commons.

Investigadores galegos tralas pegadas xenéticas de Ötzi, o Home de Xeo tirolés

Ciencia - 15 Xaneiro 2016

Científicos da Universidade de Santiago participan nunha investigación internacional para rastrexar a traxectoria xenética dunha das momias máis antigas de Europa.

Golfiño varado na praia de Razo / CEMMA.

Os arroaces que visitan augas galegas presentan altas concentracións do contaminante PCB

Ciencia - 15 Xaneiro 2016

Un estudo europeo no que participa a Cemma alerta dos altos niveis atopados deste axente químico en varias especies de cetáceos que ameazan a súa existencia.

Sesión de hipoterapia activa / DUVI.

A terapia con cabalos mellora a socialización dos autistas

Ciencia - 14 Xaneiro 2016

A investigadora Sonia Bouzo, da Universidade de Vigo, vén de demostrar na súa tese que o contacto con estes équidos proporcionan melloras físicas e psicolóxicas.

Detalles dun embrión de melgacho e dun exemplar novo / USC.

Unha tese galega sobre o hipotálamo do melgacho pode axudar a comprender a evolución do cerebro

Ciencia - 14 Xaneiro 2016

O doutor Gabriel N. Santos Durán, da Universidade de Santiago, estuda como a xenética inflúe na morfoloxía do cerebro deste tiburón para comparalo co que sucede noutras especies animais.

Laboratorio da Universidade de Santiago / USC.

Os galegos, os que máis apoian o investimento en ciencia e tecnoloxía

Ciencia - 13 Xaneiro 2016

Un novo informe da FECYT salienta que Galicia é a comunidade na que os cidadáns se mostran máis dispostos a apoiar o aumento do gasto nestes sectores, pero tamén na que se percibe menor desenvolvemento en I+D.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.