Comunicación - 29 Abril 2010
Os populares galegos están divididos á hora de afrontar o proceso da Oferta Pública de Emprego (OPE) para a CRTVG. A convocatoria non se producirá antes do verán.
Comunicación - 28 Abril 2010
O blog Takana Music publicou un adianto do cartel do próximo Pop na Ascensión, festival a celebrar en Compostela. Ao día seguinte, a mesma información era reproducida textualmente en La Voz de Galicia, sen citar a fonte.
Comunicación - 14 Abril 2010
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) denuncia a contratación por parte de entidades públicas de persoas que non teñen a titulación de Ciencias da Comunicación para a realización de tarefas informativas.
Comunicación - 13 Abril 2010
O produtor de 'Reporteiros', casado coa directora da TVG, chega ás mans cun redactor do programa. Os implicados restan importancia ao acontecido.
Comunicación - 11 Abril 2010
O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo denuncia que a desaparición da televisión analóxica impedirá ver as actuais emisións da TVG no Bierzo e reclama aos gobernos galego e castelán-leonés que poñan os medios técnicos necesarios para que a canle galega se poida ver nesta comarca e tamén na Alta Sanabria.
Comunicación - 04 Abril 2010
Encaminate.com non inclúe o galego malia ser unha “plataforma web” que goza da colaboración do Xacobeo e varios concellos. Gastronomíadegalicia.com tamén exclúe ao idioma do país a pesar de ser promocionada pola Consellería de Cultura.
Comunicación - 31 Marzo 2010
As alusións de Feijóo a María Mera e as críticas a oposición nunha cea-festa benéfica desatan un gran interese tras a súa incial censura.
Comunicación - 24 Marzo 2010
m.galiciaconfidencial.com é a dirección da nova versión móbil deste diario, que supera unha media de 2.600 usuarios únicos ao día dende o seu redeseño.
Comunicación - 22 Marzo 2010
O Goberno galego puxo en marcha hoxe unha campaña publicitaria para celebrar o Día Mundial da Auga chea de castelanismos.
Comunicación - 20 Marzo 2010
O diario dixital defende a súa independencia en resposta a un artigo no xornal de Santiago Rey que o vincula coa UPG.
Comunicación - 14 Marzo 2010
O editor de La Voz de Galicia volve a súa faceta de editorialista e, con críticas en todas as direccións, denuncia que Galicia non pode perder as súas dúas grandes caixas.
Comunicación - 11 Marzo 2010
Feijóo asegura que o seu Executivo non realiza 'algunhas prácticas' do bipartito, malia que son varias as consellerías que violan a Lei de Transparencia.
Comunicación - 10 Marzo 2010
Violando a Lei, o departamento de Guerra non publica os datos das súas axudas directas nin na súa web nin no DOG. Galicia Confidencial desvela as cifras destes doce convenios na segunda parte dunha serie de informacións sobre as axudas a dedo a certas publicacións.
Comunicación - 09 Marzo 2010
Incumprindo o mandato do Parlamento, o Goberno segue a subvencionar á prensa sen pedir o mantemento do emprego estábel. La Voz, cun 33%, é o máis favorecido polos convenios, que moitas consellerías tentan ocultar violando flagrantemente a Lei de Transparencia.
Comunicación - 09 Marzo 2010
O Comité Interempresas da CRTVG acusa a CUT e a “certos dirixentes” do ente autonómico de “azuzar” aos contratados para crear unha guerra entre os traballadores. Os contratados denuncian que o comité “vendeunos" e o ente público di que a OEP é a mellor forma de "acabar coa precariedade".
Comunicación - 06 Marzo 2010
La Voz de Galicia recibiu 3,4 millóns de euros desde que o PPdeG goberna a Xunta, unha media de 22.500 euros por día. A maior parte, 2,2 millóns, foron para sufragarlle o 10% da nova rotativa.
Comunicación - 04 Marzo 2010
O que fora delegado de El Pais en Galicia, Felix Monteira, abanona a dirección do xornal Público para ser o novo secretario de Estado de Comunicación.
Comunicación - 01 Marzo 2010
A teima do presidente en defender a Aznar e o bloqueo da Lei de Caixas lastran a presenza de Feijóo nos medios na semana que rematou o 28F. Faro de Vigo, cunha liña moi crítica coa fusión, foi o máis crítico co líder conservador.
Comunicación - 22 Febreiro 2010
O histórico militante socialista Miguel Barros será o novo conselleiro delegado de Xornal de Galicia tras a dimisión presentada este luns por Miguel Angel Souto.
Comunicación - 22 Febreiro 2010
Miguel Angel Souto, conselleiro delegado e xerente de Xornal de Galicia, acaba de presentar a súa dimisión por "diferenzas de criterio sobre o modelo de xestión diaria da empresa". Miguel Barros, até agora presidente de A Nosa Terra, probábel recambio.