Unha guerra calada

Comunicación - 03 Abril 2006

PSOE e BNG non están pola labor de crear novos frontes de bataia nos medios públicos de comunicación; tanto na TVG como na RG. Unha medida que xa comunicaron os seus respectivos sindicatos, aínda que hai quen xa vai por libre. A situación é tensa na Radio Galega, logo da celebración dunha asamblea que serviu para pouco...

Apoios ós traballadores de RTVE-Galicia

Comunicación - 24 Marzo 2006

Toda a clase política, sindical e social de Galicia apoia as reclamacións dos traballadores de RTVE-Galicia para que se manteñan os actuais postos de traballo e, especialmente, as desconexións locais e os boletíns de Radio 5...

O futuro de La Voz

Comunicación - 23 Marzo 2006

A saída de Bieito Rubido da dirección de La Voz de Galicia non será o único cambio que se produza neste medio de comunicación. Segundo nos contan, no futuro podería ter lugar unha reestructuración dos seus altos cargos; subdirectores, redactores xefes e xefes de sección. Tamén se barralla sustituir no futuro o novo director en funcións, José Luis Vilela, e xa comezan a sonar nomes...

ULTIMA HORA: Bieito Rubido abandona La Voz

Comunicación - 21 Marzo 2006

O director de La Voz de Galicia, Bieito Rubido, chegou na tarde de hoxe a un acordo co grupo que dirixe Santiago Rey para deixar o seu actual cargo. Segundo nos comentan as negociacións foron fructíferas e o propio Rubido suliñou que o acordo foi "amistoso". O actual director adxunto, Luis Vilela, será, a partir de agora, o responsable directo do xornal coruñés. Tal e como xa apuntou este confidencial en dúas das súas informacións de setembro( 1 e 2), Rubido podería ter deixado este xornal logo dun pacto entre Rey e José Blanco o pasado verán.

Veto a un xornalista

Comunicación - 21 Marzo 2006

Remitennos unha información sobre o veto do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a un xornalista de La Voz de Galicia como entrevistador. Segundo La Voz, Fernández Lores vetou ó xornalista por disconformidade co "tono" das informacións que este publica na edición local de Pontevedra sobre a demora da tramitación do Novo Plan Xeral de Urbanismo. Máis información aquí e aquí.

Os recortes en RTVE

Comunicación - 02 Marzo 2006

Tamén o dixemos aquí hai uns días. A pesares de que a reconversión laboral en RTVE non vai a afectar de cheo a Galicia (nas ses de Pontevedra, principalmente) si o fai no campo dos contidos. A disminución de programación de Radio 5 e das emisións en galego ten feito reaccionar os traballadores da canle pública da comunidade que se movilizarán en vindeiros días.

Ás voltas coas TDT

Comunicación - 01 Marzo 2006

A nova Xunta non se pon dacordo á hora de conceder as licencias de emisión de 63 televisións dixitais de ámbito local, seis emisoras autonómicas de radio e 66 de carácter municipal, que deixou pendente o anterior goberno galego. PSOE e BNG teñen distintos criterios á hora de poñerse dacordo nas bases dos concursos e, especialmente, sobre a posibilidade de revisar a concesión das duas licencias de TV de ámbito autonómico ó Grupo Voz e á Cope. O tema xa foi tratado en Consello da Xunta sen que socialistas e nacionalistas chegaran a ningún consenso.

Políticas mediáticas

Comunicación - 20 Febreiro 2006

Tal e como xa apuntou este confidencial, o goberno bipartito comezou xa a poñer en marcha o plan de acción nos medios de comunicación; un plan vinculado directamente á publicidade institucional e á venda de servizos. Unha mostra desta nova política foi a aparición, este domingo, nas páxinas dos xornais galegos dunha páxina na que a Vicepresidencia deu a coñecer o recente acordo asinado cos medios sobre a correcta utilización da linguaxe en casos de minorías étnicas e violencia de xénero. Tamén esta nova política foi a que permitiu que El Correo Gallego e o departamento que dirixe Quintana se teñan reconciliado.

A reconversión de RTVE

Comunicación - 17 Febreiro 2006

A reestructuración dos centros territoriais de RTVE é inminente e Galicia non vai quedar exenta, a pesar de ser unha das autonomías que menos vai sufrir o impacto da reconversión. Nembargantes, a compañía que dirixe Carmen Cafarell ten a intención de pechar sedes en varias cidades galegas e trasladar ou prescindir dalgúns traballadores. Aínda así, as negociacións están sendo moi difíciles e a canle pública podería recuar nas súas aspiracións iniciais.

Faro de Galicia

Comunicación - 16 Febreiro 2006

Xa o anunciamos aquí, aínda que erramos nos tempos. O Grupo Moll estaba poñendo en marcha un novo proxecto xornalísticos, o terceiro na comunidade, despois de Faro de Vigo e La Opinión. O anuncio, que onte deu o xornal vigués, xestouse na tarde do martes coa cúpula do grupo e a dirección do Faro de Vigo. Moitos dos traballadores deste xornal se enteraron da nova lendo o seu propio xornal ó día seguinte.

Novos xornais en Vigo e A Coruña

Comunicación - 14 Febreiro 2006

O Grupo Planeta e o Grupo Voz están a impulsar dous novos xornais gratuitos en Vigo e A Coruña que estarán listos para o vindeiro marzo. O grupo galego encargarase da información local, a publicidade e a distribución, metres que Planeta fará o resto....

As xuntanzas de Maragall

Comunicación - 07 Febreiro 2006

O president da Generalitat, Pasqual Maragall, aproveitou a súa visita a Galicia a pasada semana para reunirse con amigos, empresarios e xornalistas. Entre estes últimos, o líder do PSC mantivo un encontro cos xornalistas e escritores Manuel Rivas e Suso de Toro; o director de Faro de Vigo, Pedro Pablo Alonso e un coñecido columnista de La Voz de Galicia...

Zeta xestiona a publicidade da CRTVG

Comunicación - 26 Xaneiro 2006

Zeta Gestión de Medios (ZGM) xestiona xa a publicidade da CRTVG, ademáis da publicidade do Grupo Voz. Tras o acordo entre ZGM e a empresa galega, este grupo factura anualmente 150 millones de euros e é a segunda exclusivista de publicidade en España por audiencia...

Os medos de non sair nos medios

Comunicación - 25 Xaneiro 2006

Tanto o presidente da Xunta coma o vicepresidente están moi preocupados pola pouca incidencia que están tendo nos medios de comunicación privados, especialmente os escritos. A situación non é nova pero comeza a ser preocupante case seis meses despois da súa entrada na Xunta...

Ás voltas coa contratación na CRTVG

Comunicación - 24 Xaneiro 2006

Remitennos un enlace a un weblog no que se critica o novo método de contratación da CRTVG, especialmente na RG...

Sustitución de delegados na TVG

Comunicación - 18 Xaneiro 2006

Segundo nos contan, a nova dirección da TVG xa comezou a sustituir ós delegados das emisoras da TVG nas sete grandes cidades galegas, empezando por Lugo e Vigo, aínda que non será un cambio absoluto, xa que algúns deles continuarán no seu posto. Por outra banda, os traballadores que levaban anos contratados por ETT´s están comezando a firmar contratos directamente coa CRTVG.

Televisións e radios portuguesas en Galicia

Comunicación - 17 Xaneiro 2006

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou a pasada semana que este ano se concretará a recepción libre das televisións e radios portuguesas en Galicia. Durante a súa intervención no coloquio "Terceiros Olhares Cruzados sobre o Porto", o presidente galego, apuntou que esta posibilidade poderase facer realizade este ano.

Política mediática e estudios de medios

Comunicación - 11 Xaneiro 2006

O pasado martes La Voz de Galicia publicaba unha información en portada afirmando que os deputados galegos aumentaban un 10% os seus soldos. O mércores, os titulares cambian completamente e afirman que o Parlamento aplaza a subida do soldo. Ambas informacións son inexactas...

Premios a xornalistas

Comunicación - 27 Decembro 2005

O pasado venres o secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, anunciaba que o vindeiro ano o Goberno Galego non outorgará ningún premio máis a xornalistas. Ademáis acusaba duramente ao anterior executivo de ter utilizado os premios Galicia Comunicación para mercar a "docilidade" dalgúns xornalistas. Reproducimos aquí, íntegramente, este anuncio, así como a resposta do deputado do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas...

Críticas dos enxeneiros industriais

Comunicación - 22 Decembro 2005

Remitennos unha mensaxe en nome dos Inxeñeiros industriais criticando que a nova lei de Televisión dixital terrestre denega a estes profesionais a posibilidade de firmar proxectos de telecomunicacións...

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.