Comunicación - 17 Setembro 2007
Non por recurrente deixa de ser noticia os cartos que os grupos mediaticos galegos reciben da Xunta. Desta vez, Galicia Confidencial tivo acceso a un documento sobre os cartos que recibiron de Presidencia da Xunta os medios da comunidade ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2005, aínda que non aparecen reflectidas todas as partidas xa que algunhas delas son froito de convenios bilaterais concretos...
Comunicación - 12 Setembro 2007
O PPdeG converteuse hoxe no gran valedor do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, tras o enfrentamento que o seu departamento mantivo coa TVG, mentras que o vicepresidente defendeu a autonomía do ente público e Touriño asegurou que o Telexornal é líder de audiencia...
Comunicación - 04 Setembro 2007
Remitennos un mail no que denuncian a situación informativa que atravesa a TVG e a RG...
Comunicación - 14 Agosto 2007
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) pídelle á Xunta que, aproveitando a recente reforma da Lei da Función Pública, cree unha categoría profesional para o cento de postos de traballo de xornalistas nos departamentos do Goberno Galego e así transformalos en postos de traballo estábeis...
Comunicación - 02 Agosto 2007
Case 50 xornalistas, entre cámaras e redactores, asistiron hoxe a rolda de prensa de Alejandro Sanz para presentar o concerto que dará o vindeiro sábado en Santiago con Shakira, a maior parte deles dos chamados medios do corazón. E, por suposto, non faltaron os "pelotilleros de turno"...
Comunicación - 31 Xullo 2007
A Autoridade Portuaria de Vigo case que cuadriplicou os gastos en campañas de publicidade dende 2005 a 2006, cando o seu presidente era o actual alcalde da cidade, Abel Caballero, ao pasar dos 237.288,19 euros en 2005 a 849.857,55 euros en 2006...
Comunicación - 26 Xullo 2007
Remitennos unha mensaxe comunicandonos que, dende onte, está na rede un novo portal informativo sobre temáticas relacionadas con Galicia co obxectivo de converterse nun "ponto de encontro vertebrador de toda a comunidade cibernetica galega, independentemente de qual for a sua ideologia, condiçom u opçom linguística e ortográfica"...
Comunicación - 20 Xullo 2007
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia, a través da Federación de Sindicatos de Periodistas (FESP) o secuestro de 'El Jueves'...
Comunicación - 20 Xullo 2007
O xuiz da Audiencia Nacional Juan Del Olmo ordenou hoxe o secuestro de todos os números da revista satírica El Jueves, por considerar que a portada desta semana, na que aparece unha caricatura dos Príncipes de Asturias nunha postura sexual, supón un ataque á Coroa.
Comunicación - 25 Xuño 2007
Logo das eleccións sindicais na TVG, e con case un cuarto dos votos en blanco, a situación laboral no ente público está estancada...
Comunicación - 07 Xuño 2007
O blog Augasceives comunicanos que da un salto informativo...
Comunicación - 15 Maio 2007
O programa 'Hai debate' acadou onte un 18% do share durante o debate que mantiveron Anxo Quintana, Alberto Núñez Feijoo e Xosé Clemente López Orozco. En total, 121.000 espectadores, 14.000 máis que no anterior debate, e dous puntos máis de share. Este espacio foi o terceiro máis visto en Galicia, tras 'Mira quien baila', de TVE e CSI, de Telecinco.
Comunicación - 14 Maio 2007
O Colexio de Xornalistas rexeita o sistema de bloques aplicados á información electoral nos medios públicos e pide que se apliquen criterios profesionais. Preme aquí.
Comunicación - 14 Maio 2007
A Secretaría Xeral de Analese e Proxección, dependente da Presidencia da Xunta, convoca un concurso para a tramitación urxente dun contrato de servizos para o seguimento de información en medios de comunicación audiovisuais e sistemas de arquivo...
Comunicación - 11 Maio 2007
A familia de José Couso remitenos un comunicado no que aclara as críticas realizadas ao xornalistas estadonidense John Lee Anderson tras a concesión do III premio de Liberdade de Espresión por parte do Colexio de Xornalistas de Galicia...
Comunicación - 11 Maio 2007
Os técnicos da TVG en Ferrol protagonizaron esta madrugada un plante en protesta polas xornadas laborais "interminables" ás que están sometidos....
Comunicación - 09 Maio 2007
A Vicepresidencia realiza un novo concurso de contratación para a publicación do Infoxove, o boletín de información para os mozos galegos, que agora imprime o Grupo Compostela, ó que pertence El Correo Gallego...
Comunicación - 07 Maio 2007
Onte foi un día de moitas carreiras, tensión e contraordes na TVG e RG. Os dirixentes da canle pública enfrascaronse nunha enconada discusión para ver se introducían nos informativos unha crítica de Quintana a Touriño e Núñez Feijóo por non asistir ó programa 'Hai debate'...
Comunicación - 04 Maio 2007
O SXG gañou onte as eleccións sindicais en La Región con tres representantes no Comité de Empresa. CC.OO. acadou dous, UXT, outros dous e a CIG, tamén dous. Nun comunicado, o SXG salienta que os seus principais obxectivos son aumentar os días líbres dos traballadores e os seus salarios. Tamén felicita a todos os sindicatos elexidos e chama á colaboración a traballadores e empresa para impulsar a situación laboral do primeiro xornal de Ourense. Podes ver a nota aquí.
Comunicación - 01 Maio 2007
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia a discriminación laboral das traballadoras do sector da comunicación na Comunidade. No Día do Traballo denuncia que só o 2,9% das mulleres ocupan postos directivos nos medios a pesar de ser maioría nas redaccións. Estes datos son parte dunha ponencia que o SXG presentará o vindeiro sábado en Lugo no marco da V Convención de Xornalistas de España que organiza o FOP a través do Colexio de Xornalistas.