Comunicación - 20 Febreiro 2006
Tal e como xa apuntou este confidencial, o goberno bipartito comezou xa a poñer en marcha o plan de acción nos medios de comunicación; un plan vinculado directamente á publicidade institucional e á venda de servizos. Unha mostra desta nova política foi a aparición, este domingo, nas páxinas dos xornais galegos dunha páxina na que a Vicepresidencia deu a coñecer o recente acordo asinado cos medios sobre a correcta utilización da linguaxe en casos de minorías étnicas e violencia de xénero. Tamén esta nova política foi a que permitiu que El Correo Gallego e o departamento que dirixe Quintana se teñan reconciliado.
Comunicación - 17 Febreiro 2006
A reestructuración dos centros territoriais de RTVE é inminente e Galicia non vai quedar exenta, a pesar de ser unha das autonomías que menos vai sufrir o impacto da reconversión. Nembargantes, a compañía que dirixe Carmen Cafarell ten a intención de pechar sedes en varias cidades galegas e trasladar ou prescindir dalgúns traballadores. Aínda así, as negociacións están sendo moi difíciles e a canle pública podería recuar nas súas aspiracións iniciais.
Comunicación - 16 Febreiro 2006
Xa o anunciamos aquí, aínda que erramos nos tempos. O Grupo Moll estaba poñendo en marcha un novo proxecto xornalísticos, o terceiro na comunidade, despois de Faro de Vigo e La Opinión. O anuncio, que onte deu o xornal vigués, xestouse na tarde do martes coa cúpula do grupo e a dirección do Faro de Vigo. Moitos dos traballadores deste xornal se enteraron da nova lendo o seu propio xornal ó día seguinte.
Comunicación - 14 Febreiro 2006
O Grupo Planeta e o Grupo Voz están a impulsar dous novos xornais gratuitos en Vigo e A Coruña que estarán listos para o vindeiro marzo. O grupo galego encargarase da información local, a publicidade e a distribución, metres que Planeta fará o resto....
Comunicación - 07 Febreiro 2006
O president da Generalitat, Pasqual Maragall, aproveitou a súa visita a Galicia a pasada semana para reunirse con amigos, empresarios e xornalistas. Entre estes últimos, o líder do PSC mantivo un encontro cos xornalistas e escritores Manuel Rivas e Suso de Toro; o director de Faro de Vigo, Pedro Pablo Alonso e un coñecido columnista de La Voz de Galicia...
Comunicación - 26 Xaneiro 2006
Zeta Gestión de Medios (ZGM) xestiona xa a publicidade da CRTVG, ademáis da publicidade do Grupo Voz. Tras o acordo entre ZGM e a empresa galega, este grupo factura anualmente 150 millones de euros e é a segunda exclusivista de publicidade en España por audiencia...
Comunicación - 25 Xaneiro 2006
Tanto o presidente da Xunta coma o vicepresidente están moi preocupados pola pouca incidencia que están tendo nos medios de comunicación privados, especialmente os escritos. A situación non é nova pero comeza a ser preocupante case seis meses despois da súa entrada na Xunta...
Comunicación - 24 Xaneiro 2006
Remitennos un enlace a un weblog no que se critica o novo método de contratación da CRTVG, especialmente na RG...
Comunicación - 18 Xaneiro 2006
Segundo nos contan, a nova dirección da TVG xa comezou a sustituir ós delegados das emisoras da TVG nas sete grandes cidades galegas, empezando por Lugo e Vigo, aínda que non será un cambio absoluto, xa que algúns deles continuarán no seu posto. Por outra banda, os traballadores que levaban anos contratados por ETT´s están comezando a firmar contratos directamente coa CRTVG.
Comunicación - 17 Xaneiro 2006
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou a pasada semana que este ano se concretará a recepción libre das televisións e radios portuguesas en Galicia. Durante a súa intervención no coloquio "Terceiros Olhares Cruzados sobre o Porto", o presidente galego, apuntou que esta posibilidade poderase facer realizade este ano.
Comunicación - 11 Xaneiro 2006
O pasado martes La Voz de Galicia publicaba unha información en portada afirmando que os deputados galegos aumentaban un 10% os seus soldos. O mércores, os titulares cambian completamente e afirman que o Parlamento aplaza a subida do soldo. Ambas informacións son inexactas...
Comunicación - 27 Decembro 2005
O pasado venres o secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, anunciaba que o vindeiro ano o Goberno Galego non outorgará ningún premio máis a xornalistas. Ademáis acusaba duramente ao anterior executivo de ter utilizado os premios Galicia Comunicación para mercar a "docilidade" dalgúns xornalistas. Reproducimos aquí, íntegramente, este anuncio, así como a resposta do deputado do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas...
Comunicación - 22 Decembro 2005
Remitennos unha mensaxe en nome dos Inxeñeiros industriais criticando que a nova lei de Televisión dixital terrestre denega a estes profesionais a posibilidade de firmar proxectos de telecomunicacións...
Comunicación - 20 Decembro 2005
O premio á Mellor labor de comunicación en medios radiofónicos da Xunta outorgado a RNE-Galicia pola recuperación das emisións en galego e por Radio 5 Todo Noticias, non sentou nada ben en asociacións de defensa da língua que acusan á dirección de RNE en Madrid de negar a posta en marcha de Radio 4, íntegramente en galego. Ademáis, houbo un encontro entre a dirección de RNE-Galicia e a Mesa pola Normalización Lingüística para impulsar o galego que acabou en fracaso cando ambalas dúas partes se atascaron na denominación de Galicia como nación.
Comunicación - 14 Decembro 2005
PSOE e BNG aínda non decidiron o formato definitivo dos novos medios públicos, especialmente na TVG. O reparto dos postos entre os dous partidos aínda non cuallou e teñen xurdido diferencia de pareceres en varios espacios informativos. A situación repetiuse no Consello de Administración, órgano que socialistas, populares e nacionalistas utilizaron para colocar a cadros dirixentes e non persoal cualificado tal e como xa denunciou o CPXG. Galiciaconfidencial recibiu unha carta ó director asinada por Alberte Paz na que se critica a actual orientación da TVG.
Comunicación - 25 Novembro 2005
Remitennos información sobre a primeira editora galega de
Comunicación - 08 Novembro 2005
A CRTVG volta, novamente, a ser noticia e, desta vez, pola comparecencia do seu director xeral no Parlamento. Benigno Sánchez sorprendeu aos grupos parlamentarios coa presentación dos resultados dunha auditoría do ente público que destaca que a súa débeda asecendeu a 84 millóns de euros en 2004...
Comunicación - 03 Novembro 2005
Cóntannos que no Centro Territorial da TVE en San Marcos a situación está un pouco revolta internamente. A reconfiguración dos cargos directivos do ente público tras a victoria do PSOE nas eleccións xerais deixou moitos cabreados en Galicia, tanto do lado da dereita como da esquerda. "Algún xefe mesmo chegou a ir de viaxe a México nun feito sen precedentes nesta casa", comentaron traballadores da TVE a Galiciaconfidencial.
Comunicación - 28 Outubro 2005
O Informe de Fiscalización da CRTVG correspondente o 2002 aporta moitas claves da actual situación do ente público galego, tanto económicas, profesionais, como laborais. Este confidencial tamén se decatou de que non hai unanimidade lingüística nos distintos informes do Consello de Contas, xa que aparecen tanto en galego como en castelán...
Comunicación - 19 Outubro 2005
Este confidencial cumpre hoxe un ano de existencia na súa segunda tempada. E xa son 1.000 lectores os que día a día consultan esta páxina e interactuan a través dela. Galiciaconfidencial seguirá informando da actualidade galega, contando aquilo que outros non queren contar. Agardamos que sigades con nós durante moito tempo máis, participando das nosas noticias aínda que vos pedimos que o fagades sen insultar nin difamar. Moitas gracias a todos por estar aí e ser o nosos altofalantes.