Carta ao director sobre Ramonet e Chao

Comunicación - 05 Xullo 2006

Remitennos un correo para ser publicado por este medio..."Esta carta envieina a Cartas al Director de La Voz de Galicia. Como teño poucas esperanzas de que sexa publicada aí vola mando"...

DOCUMENTO.- As peticións da Voz ó Parlamento

Comunicación - 01 Xullo 2006

Galiciaconfidencial obtivo un documento que o xerente da Corporación Voz de Galicia remitiu ó Parlamento galego lembrando que o próximo mes de abril remata o contrato que a Cámara ten con esta empresa para a publicación dos seus boletíns...

A CRTVG, unha "caldeira"

Comunicación - 28 Xuño 2006

A CRTVG estase convertendo nunha caldeira, ou como nos ten comentado un traballador do ente público, "nunha ola a punto de estoupar", logo do control que o sindicato CC.OO. ten de importantes áreas directivas da compañía. Unha situación que está provocando enfrentamentos entre sindicatos e mesmo "rebelións" por parte dalgúns traballadores...

A guerra entre La Voz e o Depor

Comunicación - 28 Xuño 2006

O Depor Sport, o xornal do Deportivo da Coruña que edita en colaboración co grupo Zeta, arremeteu con dureza contra La Voz de Galicia e contra as asociacións da prensa ás que tilda de "fondo de reptiles", logo de que a Comisión de Queixas e Deontoloxía da Federación de Asociaciones de Periodistas de España -FAPE- condenara ó Depor Sport por inflinxir o seu Código Deontolóxico. A guerra entre La Voz e o Deportivo ven de lonxe e ten como transfondo as pretensións do clube coruñés de cobrar 18.000 euros ós medios do grupo pola información deportiva. Máis información en Periodistas21.

Máis de 500 sinaturas na CRTVG

Comunicación - 12 Maio 2006

O colectivo de contratados da CRTVG presentou xa máis de 500 sinaturas, que representan ó 56% dos traballadores, para que non se asine o novo convenio desta compañía sen a aprobación da maioría dos traballadores nunha asamblea con votación vinculante....

Novas dende os Pirineos

Comunicación - 05 Maio 2006

Remitennos dende Andorra unha mensaxe para comunicarnos a existencia de GALICIA MÁIS CERCA , un programa en lingua galega que se emite martes e xoves de 15.00 a 16.00 horas na emisora R7P de Andorra. "Levamos 4 anos en antena comentando a actualidade galega , promovendo a cultura , as tradicións e dando voz á comunidade galega residente en Andorra cifrada nunhas 4000 persoas. Fai meses que nos conectamos á vosa páxina para saber un pouco máis sobre o que se coce por ahí. Un saúdo dende os Pirineos".

Día da Liberdade de Prensa?

Comunicación - 03 Maio 2006

Os xornalistas galegos celebraron hoxe o Día da Liberdade de Prensa e Espresión de distintos xeitos. Así, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) considerou "imprescindible" que Galicia conte cunha rede de medios de comunicación propios, públicos e privados, "nos que os galegos aparezamos como actores protagonistas e responsables da nosa historia". Tanto a Asociación de Periodistas de Galicia como a Asociación de Prensa de Santiago fixeron fincapé na importancia da liberdade de espresión na sociedade actual e o Sindicato de Xornalistas de Galicia(SXG) denunciou a situación de precariedade dos profesionais da comunicación....

Matizacións da Voz de Galicia

Comunicación - 03 Maio 2006

La Voz de Galicia púxose en contacto con este medio para puntualizar certas informacións que dimos nesta mesma páxina hai algúns días sobre a denuncia de censura por parte de Ignacio Ramonet e Ramón Chao..

Ramonet e Chao denuncian censura en La Voz

Comunicación - 28 Abril 2006

Ignacio Ramonet e Ramón Chao remiten unha mensaxe na que denuncian que foron censurados pola Voz de Galicia tras a saída do xornal do anterior director...

Nova campaña dos traballadores de RTVE-Galicia

Comunicación - 26 Abril 2006

Os compañeiros de RTVE en Galicia comezaron unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar ós galegos que se posicionen en contra dos plans que a SEPI ten para o ente público e que supoñen a redución a un tercio das emisións en galego e problemas para o 44% da plantilla. Aemáis, dispoñen dunha weblog na que poderedes coñecer todos os seus pasos. Pincha aquí.

Novo xuizo polo caso Toques

Comunicación - 06 Abril 2006

O vindeiro seis de xuño arredor de 30 profesionais dos medios de comunicación están chamados a xuizo para declarar contra o alcalde de Toques por impedirlles, hai case dous anos, cubrir informativamente o famoso pleno no que se pedía a súa demisión. Moitos compañeiros foron insultados, empurrados e mesmo case agredidos por un grupo de veciños fieis ó rexedor que, agora, terá que dar contas ante a xustiza por estes feitos.

Éxito da folga de RTVE-Galicia

Comunicación - 06 Abril 2006

A folga de RTVE-Galicia, ó igual que aconteceu en prácticamente todo o estado, foi un éxito. Máis do 90% dos traballadores galegos secundaron o paro xeral en contra do Plan de Reestructuración da RTVE proposto pola Sepi e aceptado polo Goberno de Madrid. Medio cento de traballadores concentraronse onte pola mañán diante do Parlamento, logo de que a Cámara aprobara unha iniciativa por unanimidade na que reclama que se manteñan os postos de traballo, a producción propia e o uso do galego nos medios públicos.

Unha guerra calada

Comunicación - 03 Abril 2006

PSOE e BNG non están pola labor de crear novos frontes de bataia nos medios públicos de comunicación; tanto na TVG como na RG. Unha medida que xa comunicaron os seus respectivos sindicatos, aínda que hai quen xa vai por libre. A situación é tensa na Radio Galega, logo da celebración dunha asamblea que serviu para pouco...

Apoios ós traballadores de RTVE-Galicia

Comunicación - 24 Marzo 2006

Toda a clase política, sindical e social de Galicia apoia as reclamacións dos traballadores de RTVE-Galicia para que se manteñan os actuais postos de traballo e, especialmente, as desconexións locais e os boletíns de Radio 5...

O futuro de La Voz

Comunicación - 23 Marzo 2006

A saída de Bieito Rubido da dirección de La Voz de Galicia non será o único cambio que se produza neste medio de comunicación. Segundo nos contan, no futuro podería ter lugar unha reestructuración dos seus altos cargos; subdirectores, redactores xefes e xefes de sección. Tamén se barralla sustituir no futuro o novo director en funcións, José Luis Vilela, e xa comezan a sonar nomes...

ULTIMA HORA: Bieito Rubido abandona La Voz

Comunicación - 21 Marzo 2006

O director de La Voz de Galicia, Bieito Rubido, chegou na tarde de hoxe a un acordo co grupo que dirixe Santiago Rey para deixar o seu actual cargo. Segundo nos comentan as negociacións foron fructíferas e o propio Rubido suliñou que o acordo foi "amistoso". O actual director adxunto, Luis Vilela, será, a partir de agora, o responsable directo do xornal coruñés. Tal e como xa apuntou este confidencial en dúas das súas informacións de setembro( 1 e 2), Rubido podería ter deixado este xornal logo dun pacto entre Rey e José Blanco o pasado verán.

Veto a un xornalista

Comunicación - 21 Marzo 2006

Remitennos unha información sobre o veto do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a un xornalista de La Voz de Galicia como entrevistador. Segundo La Voz, Fernández Lores vetou ó xornalista por disconformidade co "tono" das informacións que este publica na edición local de Pontevedra sobre a demora da tramitación do Novo Plan Xeral de Urbanismo. Máis información aquí e aquí.

Os recortes en RTVE

Comunicación - 02 Marzo 2006

Tamén o dixemos aquí hai uns días. A pesares de que a reconversión laboral en RTVE non vai a afectar de cheo a Galicia (nas ses de Pontevedra, principalmente) si o fai no campo dos contidos. A disminución de programación de Radio 5 e das emisións en galego ten feito reaccionar os traballadores da canle pública da comunidade que se movilizarán en vindeiros días.

Ás voltas coas TDT

Comunicación - 01 Marzo 2006

A nova Xunta non se pon dacordo á hora de conceder as licencias de emisión de 63 televisións dixitais de ámbito local, seis emisoras autonómicas de radio e 66 de carácter municipal, que deixou pendente o anterior goberno galego. PSOE e BNG teñen distintos criterios á hora de poñerse dacordo nas bases dos concursos e, especialmente, sobre a posibilidade de revisar a concesión das duas licencias de TV de ámbito autonómico ó Grupo Voz e á Cope. O tema xa foi tratado en Consello da Xunta sen que socialistas e nacionalistas chegaran a ningún consenso.

Políticas mediáticas

Comunicación - 20 Febreiro 2006

Tal e como xa apuntou este confidencial, o goberno bipartito comezou xa a poñer en marcha o plan de acción nos medios de comunicación; un plan vinculado directamente á publicidade institucional e á venda de servizos. Unha mostra desta nova política foi a aparición, este domingo, nas páxinas dos xornais galegos dunha páxina na que a Vicepresidencia deu a coñecer o recente acordo asinado cos medios sobre a correcta utilización da linguaxe en casos de minorías étnicas e violencia de xénero. Tamén esta nova política foi a que permitiu que El Correo Gallego e o departamento que dirixe Quintana se teñan reconciliado.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.