A xubilación anticipada en Efe

Comunicación - 08 Decembro 2004

Cóntannos que a semana pasada se decidiu finalmente o expediente de xubilación anticipada da axencia de noticias Efe. E, ao final, non foi tan anticipada como se preveía. Dos 95 candidatos posibles en todo o Estado, só se interesaron 48 traballadores, dos que finalmente quedaron fóra 25, un deles da delegación de Galicia. Éstes se reuniron co presidente de Efe, Álex Grijelmo, quen lles intentou vender o "gran proxecto" de futuro da axencia. "Se creramos nel non estariamos aquí querendo prexubilarnos", foi a resposta da maioria. Dende aquí lle transmitimos moito ánimo aos compañeiros de Efe que non tiveron a sorte de estar entre os 23 agraciados.

Outros que tamén marchan...

Comunicación - 08 Decembro 2004

Tamén na axencia de noticias Europa Press se van a producir cambios nos próximos días. Dous dos seus xornalistas deixarán o barco para tentar sorte en empresas maiores. Un deles recalará na Xunta, mentres que o outro marchará a un novo xornal dun gran grupo empresarial que se publicará en Vigo. Dende aquí tamén lle queremos enviar a nosas felicitacións e ánimos para o futuro.

Os demos do PSdeG

Comunicación - 01 Decembro 2004

Na dirección do PSdeG están que trinan cos medios de comunicación. Están seguros de que o PPdeG está cizañando (ademáis de prometer suculentas prevendas) para provocar que os medios se enfrenten aos socialistas.

O futuro da Gran Enciclopedia Galega

Comunicación - 30 Novembro 2004

Finalmente o ex director xeral do Grupo El Progreso, Antonio Couto, gañoulle a partida ao novo, Jesús Parga. Logo do despido do primeiro pola chegada do ex director xeral de Relacións para os Medios Informativo á gran Casa lucense, Couto pleiteou polos dereitos da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, un megaproxecto polo que o grupo El Progreso pensaba sacar unha boa tallada.

O Estatuto do Xornalista no Congreso

Comunicación - 29 Novembro 2004

A pasada semana o Congreso aprobou o Estatuto do Xornalista, unha iniciativa que impulsou, especialmente, a Federación de Sindicatos de Periodistas(Fesp). Cóntannos que ata última hora o PSOE non deu o seu brazo a torcer e se o fixo foi polas ameazas dos xornalistas que lle lembraron a diputados, ministros e ata o propio Zapatero que durante a campaña electoral comprometerase (con sinatura incluida) a apoiar esta iniciativa. Finalmente, as presións do grupo Prisa e de Vocento sobre o Goberno non surtiron efecto, só, polo momento...

O discurso de Rey...

Comunicación - 26 Novembro 2004

O discurso que o editor da Voz, Santiago Rey, leu onte ante a "crême de la crême" da sociedade galega durante a entrega dos premios Fernández Latorre non ten desperdicio. Volveu lembrar o compromiso deste xornal co cumplimento do Plan Galicia e dixo máis:

A batalla mediática

Comunicación - 26 Novembro 2004

Tal como dicíamos, a batalla por facerse co control das futuras canles dixitais vai ser encarnizada. Hai moitos aspirantes e a Xunta xa se está frotando as mans. O PPdeG negouse onte a que se fale no Parlamento sobre as características do futuro concurso de adxudicacións destas canles.

Urbaneja versus Ramos

Comunicación - 25 Novembro 2004

Cóntannos que foi moi interesante a batalla dialéctica que mantiveron o presidente da Federación de Asociacións da Prensa de España (Fape), Fernando González-Urbaneja, e o presidente da Federación de Prensa de Vigo, Fernando Ramos, nas xornadas de comunicación de Vilalba.

A segunda canle da TVG

Comunicación - 25 Novembro 2004

Unha das próximas bataias mediaticas vai ser a posta en marcha da segunda canle da TVG que Paco Campos prevé poñer en marcha o próximo ano para emitir, principalmente, programación infantil, xuvenil, cinema e programación cultural en galego.

Os problemas da productora Faro

Comunicación - 23 Novembro 2004

A productora Faro tamén está pasando por malos momentos e, como outras empresas de comunicación, tomouna cos traballadores; especialmente cos da área de audiovisual (cámaras e montadores). Así que éstes decidiron elaborar un documento e pasalo a outros compañeiros dos medios para que se solidaricen con eles. Dínnos que en breve nos mandan o enlace na web. Estaremos pendentes deles para botarlles unha mana.

Máis frecuencias para Mundo Radio

Comunicación - 18 Novembro 2004

O Consello da Xunta acaba de otorgar unha frecuencia de FM en A Fonsagrada (Lugo) para a radio de El Mundo. Deste xeito, UNIPREX, a empresa propietaria de ambalos dous medios disporá de case o 24% da cuota galega.

Un Quixote Rey

Comunicación - 18 Novembro 2004

Non ten desperdicio o artigo que hoxe escribe o editor da Voz, Santiago Rey. Recoméndanos que o leamos con atención porque poderemos descubrir as claves da cruzada que o propietario deste xornal emprendeu pola "defensa" de Galicia e contra os "incumplimentos" do Goberno. Aquí a tedes:

Os apaños económicos na "Casa"

Comunicación - 16 Novembro 2004

Dí o director xeral da CRTVG (coñecida como a "Casa" entre os seus traballadores) que en 2006 rematará co déficit da compañía. É un bo desexo que lle leva pedindo aos reis magos dende hai un par de anos... O que pasa é que, cos apaños económicos que está utilizando, igual non vai mal encamiñado.

Exemplos, a centos

Comunicación - 16 Novembro 2004

E un bo exemplo son os despidos de varios xornalistas da Radio Galega, entre eles, un que traballa por cinco e que, ata o de agora, se encargaba de seguir a Fraga alá por todas as estradas e camiños de Galicia, con perigo, mesmo, da súa vida.

Os desexos de Cabaleiro

Comunicación - 16 Novembro 2004

Son dous e moi claros: máxima profesionalización baseada na transparencia e lograr a pluralidade informativa para que os galegos teñamos uns medios fortes e libres. Pero se lles escapa ao secretario xeral Para as Relacións cos Medios Informativos, que na Xunta traballan para a Xunta e para Fraga e que muitos medios chuchan dos tetos do Goberno Galego. Iso é o que dí a oposición.

Os/as "anormais" de turno

Comunicación - 14 Novembro 2004

Resulta que, como en toda boa aldea, sempre hai os parvos de turno. E tampouco ían faltar, non faltaba máis, na manifestación de Nunca Máis.

As oposicións de Recoletos

Comunicación - 12 Novembro 2004

Andan estes días os de Recoletos facendo probas de selección para un xornal gratuíto que queren sacar en Vigo, e candidatos non lles faltan. As probas comezaron a pasada semana e continúan aínda hoxe. Os que xa teñen pasado por alí comentan que máis que probas parecen oposicións porque son sometidos a exames de ortografía, redacción, inglés ou manexo de internet que duran máis de tres horas.

Tamén lle toca o turno a Antena 3

Comunicación - 11 Novembro 2004

Igual que lle pasou hai uns anos a Telecinco, agora tócalle o turno a Antena 3 Televisión. Tras unha primeira remodelación -chamemoslle pola sua palabra: despido- da plantilla o pasado ano, agora toca a segunda tandada.

Política informativa

Comunicación - 08 Novembro 2004

Está claro que os partidos políticos necesitan, agora máis que nunca, de medios de comunicación afíns para espallar os programas e as iniciativas. Como as empresas privadas non xogan o mesmo xogo -salvo casos, que non son excepcionais en Galicia-, as formacións vense na obriga de sacar os seus propios "xornais".

Fodidos, coma sempre

Comunicación - 05 Novembro 2004

Andan os grupos empresarias donos das televisións locais galegas un pouco revoltos. Tan revoltos que lle están vendo as orellas ao lobo no tocante aos beneficios. Así que iso que naceu como a galiña dos ovos de ouro está demostrando que é unha pitiña sen ovos nin proveito.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.