Comunicación - 04 Abril 2012
A institución que preside Rafael Louzán asina un convenio publicitario coa empresa de Santiago Rey para a venta de espazos publicitarios en La Voz de Galicia, Radio Voz, Voz TV e www.lavozdegalicia.es
Comunicación - 02 Abril 2012
O Comité interempresas da CRTVG denuncia a actitude de Alfonso Sánchez Izquierdo e doutros directivos que fuxiron cando a sede da TVG foi asaltada por manifestantes das preferentes. Piden unha comisión de investigación no Parlamento mentres a crise cóbrase a súa primeira vítima mediática.
Comunicación - 01 Abril 2012
Os altos cargos da CRTVG repártese máis de 120.000 euros a mesma semana que a empresa anuncia recortes económicos para o cadro de persoal.
Comunicación - 30 Marzo 2012
Dez persoas vense afectadas por unha medida que ven imposta polas perdas económicas do grupo Unidad Editorial que tenta renegociar o ERE do 2009. Este grupo pechou a semana pasada a delegación de Castela e León.
Comunicación - 23 Marzo 2012
O diario cobrou por crear emprego indefinido cando botou asalariados. PDF da sentencia no interior.
Comunicación - 22 Marzo 2012
A Xustiza abriu dilixencias contra este medio por revelación de sumario.
Comunicación - 18 Marzo 2012
PRISA lanzará en xuño a versión española de The Huffington Post, o popular sitio web estadounidense creado en 2005 pola nova gurú das empresas informativas: Arianna Huffington. A xornalista da SER Montserrat Domínguez será quen dirixa a edición española do agregador de blogs e opinións.
Comunicación - 12 Marzo 2012
A nosa páxina de Facebook superou este mes os 6.000 seguidores e en Twitter xa temos máis de 3.000 entre a conta xeral e a de GcTendencias, aos que hai que sumar os usuarios que nos seguen en Cabozo.
Comunicación - 12 Marzo 2012
O Grupo El Correo Gallego galeguiza a cabeceira do seu semanario gratuíto “Tierras de Santiago” co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística. A publicación non será integramente en galego.
Comunicación - 08 Marzo 2012
Os cartos gastaranse en sete campañas de "promoción das iniciativas da Xunta". PDF do prego de condicións no interior.
Comunicación - 29 Febreiro 2012
Editorial Compostela acaba de botar sete traballadores máis logo do ERE de hai un ano e e tras pechar Galicia Hoxe.
Comunicación - 29 Febreiro 2012
Este mércores nace Dioivo, un novo medio de comunicación en galego feito por profesionais parados que queren iniciar o "alivio do loito" tras o peche de tantos medios. GC fala con un dos seus promotores, Alberto Ramos, en nome de todo este grupo de profesionais.
Comunicación - 28 Febreiro 2012
A Axencia Galega de Infraestruturas abre urxentemente un capítulo do orzamento para abonar unha nova quenda de convenios a certos periódicos. La Voz volve a ser o máis favorecido. PDF da solicitude e "pantallazos" da aplicación de gasto no interior.
Comunicación - 26 Febreiro 2012
Xacovisión, administrada por un irmán dun ex-cargo do PP, gaña o mesmo día dous concursos idénticos que foron publicados no Diario Oficial da Unión Europea pero non no DOG. A suma total supera os 720.000 euros.
Comunicación - 24 Febreiro 2012
Finalmente, tampouco o concurso de acredores conseguiu salvar ao xornal escrito máis crítico co goberno do PP. Manterá a súa edición dixital, aínda que a maior parte dos seus xornalistas e traballadores irán a rúa.
Comunicación - 21 Febreiro 2012
O ex-edil do BNG Nestor Rego argumenta que Sermos nace "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica".
Comunicación - 19 Febreiro 2012
Co gallo do cuarto aniversario de Cabozo, entrevistamos a Antonio Mariño e Ángel Folgueira, os autores desta rede social galega