A Xunta pagou 11,8 millóns a dedo aos donos dos xornais

Comunicación - 16 Febreiro 2012

Velaquí todos os convenios a dedo, contratos e subvencións ás empresas xornalísticas dende que goberna Nuñez Feijóo. Tras desvelar os ingresos de La Voz, GC e Novas de Galiza detallan como a Xunta reparte un pastel de 18 millóns en tempos de recortes e "austeridade". Máis do 60% dáse a dedo. Base de datos e PDF no interior.

"San José tenta pechar os dominios de Xornal Galicia"

Comunicación - 14 Febreiro 2012

Xornal Galicia acusa á empresa de Jacinto Rey de "ameazas veladas" para presuntamente facerse co dominio xornaldegalicia.com.

A Xunta pagou 7,2 millóns a La Voz de Galicia dende que goberna Núñez Feijóo

Comunicación - 13 Febreiro 2012

Unha investigación do GC e do Novas da Galiza revela todas as axudas aos editores de prensa dende que goberna o PPdeG. Hoxe debullamos os pagos o máis beneficiado, o Grupo Voz. Santiago Rey recibe case a metade dos pagamentos da Xunta aos xornais. En menos de tres anos van máis de sete millóns, un 65% deses cartos sen concurso público.

Os lectores de GC están de aniversario

Comunicación - 10 Febreiro 2012

Os usuarios deste portal xa publicaron máis de 600 noticias no GC Aberto.

Morre o editor de El Correo Gallego

Comunicación - 09 Febreiro 2012

Feliciano Barrera morreu en Madrid con 93 anos. Foi o impulsor do Grupo El Correo Gallego, que agora queda en mans dos seus fillos e nunha difícil situación.

Benvidos Praza Pública

Comunicación - 31 Xaneiro 2012

A natureza para o "atentado ecolóxico" en Valdoviño

Comunicación - 30 Xaneiro 2012

O mar abre a lagoa d'A Frouxeira minutos antes de que operarios da Xunta completasen unha canle artificial, que os ecoloxistas denunciaron xa ante a Unión Europea. Vídeo no interior.

“Vitaminas para o galego” demostra a demanda real de medios na lingua propia

Comunicación - 28 Xaneiro 2012

A campaña, na GC é un dos dez organizadores, case duplica o obxectivo de recadación inicial. Aínda quedan tres días para contribuír.

Os incumprimentos laborais da TVG, na Fiscalía

Comunicación - 28 Xaneiro 2012

Como adiantou GC hai dúas semanas, un xulgado do social de Santiago pídelle á Fiscalia que investigue se a CRTVG cometeu un delicto de desobediencia á autoridade.

Enfrontamento entre os sindicatos da TVG por gravar entrevistas sen xornalistas

Comunicación - 26 Xaneiro 2012

A USO desmárcase dun comunicado que asinara e no que se denunciaba a gravación de entrevistas a altos cargos da Xunta sen ningún xornalista. Este sindicato chega a dicir que os xornalistas están para “suxeitar os micrófonos”.

Ante a crise: "rigor, verdade e obxectividade"

Comunicación - 25 Xaneiro 2012

A xornalista Pilar Cernuda pídelle a todos os profesionais do xornalismo un esforzo para que "ninguén poña en dúbida a grandeza desta profesión".

A CRTVG custa 33 euros por galego ao ano

Comunicación - 24 Xaneiro 2012

Sindicatos e outras organizacións lanzan a Plataforma en Defensa dos Medios Públicos Galegos para evitar que a CRTVG caia na ofensiva privatizadora impulsada por Rajoy. A directora do ente presume do "baixo custo" da compañía.

Despedimentos de informadores locais en seis medios galegos

Comunicación - 24 Xaneiro 2012

O Sindicato de Xornalistas acusa aos políticos de mirar cara outro lado mentres subvencionan continuamente aos empresarios da comunicación sen pedirlles sequera que manteñan os empregos nas súas compañías, algo que non sucede en ningún outro sector.

Este venres concerto a prol dos medios en galego en Redondela

Comunicación - 20 Xaneiro 2012

A campaña Vitaminas para o Galego, na que colabora o GC, segue adiante con éxito grazas á colaboración de vinte medios, 150 mecenas e artistas como Roi Casal e Silvia Ferré.

Contribúe en liña ao esforzo dos colaboradores do GC

Comunicación - 19 Xaneiro 2012

Co novo sistema de pago por visión mediante Paypal, GC avanza no seu modelo de medio independente e plural. Dende hoxe, os colaboradores poderán cobrar directamente grazas das achegas dos lectores. Os profesionais interesados poden contactar coa redacción do GC.

A xuíza denuncia ao xefe de persoal da TVG

Comunicación - 18 Xaneiro 2012

Carlos Paz Miñó remitido á fiscalía por presunta desobediencia á autoridade en catro casos de traballadores cedidos ilegalmente por unha produtora privada. Preitos deste tipo complicarán que as oposicións cheguen rápido a bo porto. PDF do auto xudicial no interior.

Santiago Montes, novo secretario xeral do SXG

Comunicación - 17 Xaneiro 2012

Tras más de ano e medio vacante, o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) acaba de elixir a Santiago Montes, como novo secretario xeral do SXG. Este sindicato tamén anuncia a rebaixa dos custes de afiliación ante a situación crítica do sector.

A audiencia do GC medra un 40% nun ano

Comunicación - 14 Xaneiro 2012

As noticias sobre a explotación nas subcontratas de Inditex e o debate no Bloque fan do o segundo día de máis audiencia neste medio.

Os profesionais da TVG alertan do deterioro de O Tempo

Comunicación - 13 Xaneiro 2012

A cadea botou aos científicos especialistas de Meteogalicia despois de que estes traballadores pediran nos xulgados que a Xustiza recoñecese a súa relación laboral coa emisora pública.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.