Comunicación - 22 Novembro 2011
Unicamente La Voz de Galicia ten máis seareiros nas redes sociais que este diario electrónico.
Comunicación - 19 Novembro 2011
As 17 emisoras municipais que emiten Radiofusión quedan sen subvención da Secretaría Xeral de Medios por un formalismo, que a Xunta nunca utilizara antes para negarlles axudas.
Comunicación - 17 Novembro 2011
O OJD dá un "tirón de orellas" a Faro por usar datos parciais para destacar a caída de vendas de La Voz na provincia. Con todo, os dous medios aplican unha política de recortes, que tamén podería afectar a El Correo.
Comunicación - 04 Novembro 2011
O xornal coruñés só deixará na capital do Estado a tres redactores e un fotógrafo das once persoas que tiña nesa delegación. A empresa sigue adiante co seu plan de viabilidade que formalizará a comezos do vindeiro ano e que recolle preto de cen despedimentos e o peche de novas delegacións.
Comunicación - 04 Novembro 2011
Galicia Confidencial, o medio de información xeral en galego con máis audiencia da Internet, lanzou este xoves un especial con todas as claves do 20N no país.
Comunicación - 02 Novembro 2011
O Parlamento Galego aprobou este mércores, cos votos a favor de PP e PSOE, a nova Lei de Medios Públicos de Galicia que regula, entre outras cuestións, a elección do director xeral, a dos cargos directivos do ente público e a do Consello de Administración.
Comunicación - 02 Novembro 2011
A Secretaría Xeral de Política Lingüística destinou máis de 225.000 euros desde 2009 para impulsar o galego. Sen embargo, só un medio escrito integramente en galego recibiu estas axudas que se repartiron entre os grandes medios de comunicación.
Comunicación - 30 Outubro 2011
"Os medios en galego, importan?", título das xornadas que organiza a Universidade de Santiago.
Comunicación - 27 Outubro 2011
O director da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) asegura que os custes laborais do ente público están por encima do 50% e "iso non se mantén en ningunha empresa". Alfonso Hermida e Ana Pérez poderían ser sancionados por participar nun telexornal para informar do futuro do ente público.
Comunicación - 27 Outubro 2011
O Grupo Editorial Atlántica de Comunicación e Información de Galicia S.A. presenta o seu novo portal dixital cunha liña editorial "progresista e galeguista".
Comunicación - 26 Outubro 2011
Un grupo de representantes do Comité interempresas da CRTVG foron desaloxados este mércores do pleno tras interrumpir a sesión con carteis sobre a situación do ente público.
Comunicación - 25 Outubro 2011
Entre os beneficiarios están os empresarios que pecharon Galicia Hoxe e que acaban de despedir 10 traballadores de La Región. La Voz é de novo o máis beneficiado destas axudas que distorsionan a liberdade de prensa .
Comunicación - 18 Outubro 2011
Un grupo de traballadores da Compañía de Radio Televisión de Galicia concentráronse este luns en Compostela para denunciar as medidas adoptadas pola dirección da TVG contra os presentadores Alfonso Hermida e Ana Pérez. Video no interior.
Comunicación - 18 Outubro 2011
O SXG denuncia que as administracións subvencionan sen control aos medios sen esixirlles que manteñan postos de traballo. Nos últimos dous anos uns 400 informadores galegos foron á rúa.
Comunicación - 17 Outubro 2011
Varios centos de informadores perderon o seu posto de traballo nos últimos anos, pero en moitos casos non houbo mobilizacións.
Comunicación - 14 Outubro 2011
GC publica os vídeos do Telexornal informal que provocou as iras do PP e da dirección da TVG e acabou cos seus presentadores, Alfonso Hermida, e Ana Pérez, excluídos do especial das vindeiras eleccións do 20N.
Comunicación - 13 Outubro 2011
A Compañía asegura que non comunicara a ningún presentador que fose a presentar o programa da noite electoral. Sen embargo, varias voces corroboran a denuncia de represión sindical a dous presentaroes por participar na folga do luns.
Comunicación - 12 Outubro 2011
"E iso que non pretendiamos máis que se soubera a realidade. Pero as cousas se volveron así", escribe un dos presentadores que conduciron o informativo informal que se representou na rúa durante a folga deste luns. El e outra compañeira foron apartados do programa especial da noite electoral do 20N.