Comunicación - 10 Xaneiro 2012
"Vitaminas para o galego", iniciativa na que colaboran 16 cabeceiras e radios incluído o GC, supera as expectativas de recadación e xa traballa nunha segunda fase.
Comunicación - 07 Xaneiro 2012
GC agradece o apoio dos lectores que axudan a que este medio siga publicando información libre en galego cun novo desconto no portal galego de compras en grupo Buydeal.
Comunicación - 03 Xaneiro 2012
2011 foi o ano do peche de Galicia Hoxe e Xornal. Antes pecharan ANT, Vieiros e A Peneira. Pero neste 2012 nacerán até 4 novas iniciativas de comunicación integramente en galego. Sermos Galiza, Praza Pública ou Dioivo son algúns dos exemplos.
Comunicación - 01 Xaneiro 2012
O equipo que conforma GC quere desexarvos a todos un moi feliz ano 2012. E faino, ademais, en compaña dos bos amigos de 'Os da ría'.
Comunicación - 21 Decembro 2011
Rematou xa o calvario para máis de 2.200 persoas que preparaban a proba para unha das 193 prazas de persoal fixo na CRTVG. Preguntas do estilo “Quen era mellor comunicador en RNE na Guerra Civil? A. Millán Astray. B. José Antonio Primo de Rivera. C. Francisco Franco. D. Queipo de Llano” entre o temario.
Comunicación - 20 Decembro 2011
Grazas a Buydeal, o primeiro grupo de compra en liña en galego, este diario ofrece un agasallo a todos os que contribúen a manter aberta esta fiestra de información 100% independente no idioma propio.
Comunicación - 19 Decembro 2011
GC supera os dous mil seguidores en Twitter e afiánzase como medio de información xeral en galego máis lido na Internet. Radiografía dos seguidores nas redes sociais (Facebook, Twitter, Youtube e Cabozo) no interior.
Comunicación - 17 Decembro 2011
Bota a andar a campaña Vitaminas para o Galego, que organizan dez medios de comunicación na lingua propia, entre eles o GC.
Comunicación - 16 Decembro 2011
Bota a andar unha campaña de sensibilización para axudar aos medios de comunicación na lingua propia de Galicia.
Comunicación - 15 Decembro 2011
A continúa presenza de Inditex e Pescanova nas portadas de El Correo chama a atención dunha das publicacións de referencia da prensa en España.
Comunicación - 05 Decembro 2011
A crise tamén chegou ao xornalismo. Unha situación que afecta á calidade de vida e á calidade da información. Tamén as condicións laborais seguen sendo moi precarias. Só un 50% ten contrato a tempo completo e a media de horas de traballo por semana é de case 42 horas. E a pesar de todo, os xornalistas galegos din estar "satisfeitos" e evitan as protestas e manifestacións para denunciar a súa situación.
Comunicación - 03 Decembro 2011
A austeridade no gasto do Goberno Galego segue sen chegar ao reparto de convenios de colaboración ás grandes cabeceiras. Agora é Mar quen subvenciona a dedo a seis grupos de comunicación.
Comunicación - 02 Decembro 2011
Repasamos as cintas favoritas do público no festival de cinema compostelán.
Comunicación - 01 Decembro 2011
La Voz sube no EGM e cae no OJD, mentres Faro é un dos poucos xornais que sobe en vendas no quiosco.
Comunicación - 29 Novembro 2011
"La explosión del Periodismo" é o novo libro de Ignacio Ramonet, director de Le Monde Diplomatique en español. Un libro no que analiza a situación actual dos medios e a evolución do xornalismo actual. Un xornalismo que camiña cara unha nova refundación no que os medios dixitais teñen un papel fundamental. Vídeo de Tingalaranga no interior.
Comunicación - 27 Novembro 2011
No congreso da Asociación de Periodistas de Galicia o presidente da Xunta pasa por alto a vaga de despedimentos e o peche de cabeceiras que está a asolar o sector.
Comunicación - 23 Novembro 2011
San José tamén cobrará das axudas da Xunta a pesar de pechar ANT e Xornal este ano. Estas subvencións danse, en teoría, para facer promoción do galego nos medios.
Comunicación - 23 Novembro 2011
Cando se cumpre un ano dos despedimentos nas delegacións, varios traballadores da CRTVG realizarán unha protesta o sábado en Pontevedra. Por outra banda, o actor Carlos Blanco apoia aos traballadores a través dun vídeo.