Cultura - 12 Maio 2015
Entre 1931 e 1934 os principais intelectuais galeguistas do momento, entre eles Filgueira Valverde ou Bóveda, centraron a súa actividade na vía política, desatendendo a vía cultural a través do Seminario de Estudos Galegos. Un feito que provocou as iras do seu presidente, Salvador Cabeza de León.
Cultura - 12 Maio 2015
Comezou na televisión e fíxose coñecido na teleserie vasca Goenkale. Logo pasou ao famoso programa da ETV, Vaya Semanita. E de aí a Cuestión de Sexo ou a Pagafantas.
Cultura - 11 Maio 2015
Hoxe temos connosco a Gorka Otxoa, un grande actor español e concretamente un dos meus favoritos, e iso que non son eu moito do cine made in Spain, todo hai que dicilo, pero é que este rapaz non só ten talento, senón bo ollo para aceptar proxectos. Quedei con el no estudo de Espazo Mood en Madrid, e ofreceunos unha breve entrevista en exclusiva para a sección Obxectivo. Aproveitando que está actualmente co proxecto teatral "Continuidad de los parques" xunto con outros grandes do panorama do cine español.
Cultura - 09 Maio 2015
A Fundación Manuel María celebra unha sesión anual en Outeiro de Rei coa incorporación de tres institucións e seis novas persoas ao seu padroado.
Cultura - 09 Maio 2015
Ten unha croa circular que supera os 95 metros e destaca bo estado de conservación da muralla interior. As similitudes co Castro de Viladonga (Lugo) son evidentes e xa hai quen o considera o seu irmán xemelgo coruñés.
Cultura - 08 Maio 2015
A entidade galega promove a participación activa nesta efeméride con iniciativas destinadas a toda a sociedade . As actividades de colaboración interxeracional son unhas das protagonistas nesta ocasión As actividades de colaboración interxeracional son unhas das protagonistas da homenaxe a Filgueira Valverde.
Cultura - 08 Maio 2015
Paul Daniel é o director da Real Filharmonía de Galicia. Un home cunhas cualidades inmensas que leva a música na cabeza e a Compostela no Corazón. Aínda así, recoñece as dificultades do mundo das artes escénicas en Galicia e no Estado.
Cultura - 08 Maio 2015
Seguimos indagando na figura de Paul Daniel, director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia, aportando a visión dende dentro.
Cultura - 08 Maio 2015
“O director que necesitabamos” di un músico da Real Filharmonía de Galicia sobre Paul Daniel. “Un grandísimo músico”; “enerxía,” “entusiasmo,” “respecto,” “esixencia,” son todos cualificativos que aportan os músicos nesta enquisa improvisada tras un ensaio da orquestra esta semana no Auditorio de Galicia, Santiago. / Fotos de Xaime Cortizo.
Cultura - 06 Maio 2015
Os decanos e decanas das facultades de Humanidades e Artes de toda Galicia reuníronse este mércores na sede da Reitoría da USC para dar lectura –simultánea en todas as Universidades españolas– á Declaración de Salamanca en defensa da Universidade pública e do papel que a ensinanza das Humanidades ten na sociedade e no momento actual.
Cultura - 06 Maio 2015
A Real Filharmonía de Galicia tocará con Heidi Melton como soprano invitada. Os menores de 35 anos terán a posibilidade de asistir a un prezo de 5 euros.
Cultura - 05 Maio 2015
Doce artistas nados na vila do Lérez ou ben residentes nela durante longos períodos son os protagonistas desta exposición, titulada «Unha mirada, dous tempos. Pintores de Pontevedra II». Ramón Rozas é o comisario deste proxecto que se desenvolve ao abeiro da colaboración entre Afundación e o Concello de Pontevedra.
Cultura - 05 Maio 2015
A Asociación de Medios en Galego, na que colabora Galicia Confidencial, e o Colexio de Xornalistas recibirán compartido o galardón na categoría de institucións culturais. Lista completa dos finalistas no interior.
Cultura - 05 Maio 2015
Marta Lado é unha das actrices galegas máis versátiles para retratar...simpática, guapa e con ganas de comer o mundo. Traballou de cómica en locais de toda Galica e programas da TVG. Agora coñecémola como "Begoña" na serie O Faro, recordarémola tamén de Quen Toca, A Casa da conexa, e Vilamor, é guionista na webserie Dalle Jas!! Que esta facendo estrago e ten actores que van dar moito que falar no mellor dos sentidos.
Cultura - 02 Maio 2015
A asociación ORAL de Galicia (Oralidade, Rima, Arte e Lingua de Galicia), en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Santiago, organiza un obradoiro de rap e regueifa, as improvisacións entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son -a miúdo de catro vesos octosílabos- durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.
Cultura - 01 Maio 2015
A fotoxornalista Eva Garrido realiza unha viaxe de visibilización social da man da etnia uigur de China, as mulleres de India e os nenos e nenas de Etiopía.
Cultura - 30 Abril 2015
Mondoñedo celebra as As Quendas 2015 dende o 30 de abril ao 3 de maio cun amplo programa que inclúe actividades culturais, deportivas e musicais; ademais da tradicional feira de gando.
Cultura - 30 Abril 2015
Participarán as corais Xumela e Monte Txio de Zarauz e máis a Coral Olagarro, de Ondarribia e a Agrupación Coral Solfa e o Coro da Semente, de Galicia.
Cultura - 27 Abril 2015
Ana Acuña vence na categoría de investigación e ensaio polo seu volume sobre os intelectuais do país na capital do Estado. En creación gañou outro autor que edita con Xerais, Diego Ameixeiras, con "Conduce Rápido".
Cultura - 27 Abril 2015
Guadi Galego, Pepe Solla ou Carlos Blanco amenizarán un ciclo que patrocina a D.O. do Ribeiro en colaboración coa Cidade da Cultura.