Guadi Galego, Pepe Solla ou Carlos Blanco amenizarán o ciclo enocions by Ribeiro

'Enocións by Ribeiro', unha mestura de viño e emocións

Cultura - 27 Abril 2015

Guadi Galego, Pepe Solla ou Carlos Blanco amenizarán un ciclo que patrocina a D.O. do Ribeiro en colaboración coa Cidade da Cultura.

Campaña de Feiraco en homenaxe a Figueira Valverde/ xunta.es

Filgueira Valverde, ata no leite

Cultura - 27 Abril 2015

Os envases de leite de Feiraco levarán a caricatura de Filgueira Valverde que lle fixo Castelao.

Moeda conmemorativa do ano xubilar

Compostela terá outra moeda propia

Cultura - 27 Abril 2015

Será unha peza de cinco euros de valor facial, de prata e cobre.

Conxunto de máquinas de escribir

Da máquina de escribir ao ordenador persoal

Cultura - 24 Abril 2015

Unha mostra en Ferrol repasa o último século a través do deseño dos elementos básicos que configuraron as oficinas durante o século XX.

Diplomáticos de Monte Alto de volta na Coruña en 2010

Os Diplomáticos de Montealto estarán na Foliada de Melide

Cultura - 24 Abril 2015

Melide acolle esta fin de semana un dos encontros máis importantes de música tradicional e cantos de taberna de Galicia.

Antonio Seijo

O violín de Milladoiro versionea grandes éxitos pop para loitar contra o cancro

Cultura - 23 Abril 2015

Antonio Seijo fará coa súa banda un Tributo ao pop nos teatros de Afundación de Vigo e Pontevedra . O ex compoñente de Milladoiro, colaborou con Julio Iglesias, Bonnie Tyler ou Tom Jones, entre outros artistas internacionais. Agora toca algúns dos maiores éxitos da música popular para recadar cartos para loitar contra o cancro.

Alba María

Gala final do Certame de Canción de Autor en galego "Concello de Teo"

Cultura - 23 Abril 2015

O vindeiro 25 de abril terá lugar a gala na que se coñecerá o gañador ou gañadora desta edición. A gran final comezará ás 20 h. no Centro Sociocultural da Ramallosa en Teo e as entradas son de balde. Conversamos co evento con Carme Hermida, da concellería organizadora.

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística

Nova división a conta da lingua galega

Cultura - 21 Abril 2015

A Xunta presenta bases para dinamizar o galego no sector socioeconómico ante as críticas da oposición que di que un novo proxecto “propaganda” do Goberno galego. Novo cruce de acusacións a conta do decreto do plurilingüismo.

Foto: Sue Rainbow

Obxectivo: Diego Martínez Santos

Cultura - 21 Abril 2015

Hoxe pasa polo Obxectivo Diego Martínez Santos, o físico de partículas máis novo e prometedor que deu Galicia, que volve a España, e concretamente Galicia, a súa terra natal, onde esperamos que se quede xa para sempre.

Mercé de Rande

“Levo a cultura galega polo mundo sen crear un discurso nacionalista ou limitante”

Cultura - 21 Abril 2015

Unha ollada a danza contemporánea dunha galega emigrante que marchou de moza. Esa é a de Mercé de Rande. “Parece que existe unha tendencia a desterrar da danza galega aqueles que optamos por outra solución, con todo o risco que eso conleva, e ca única excusa de que xa non estamos (en Galicia), como si a abandonáramos”, suliña.

Mercé de Rande

MERCÉ DE RANDE: O meu lar som eu

Cultura - 21 Abril 2015

Foi-se com 17 anos como dizia Manuel Maria “a percorrer o mundo, olhar tudo o que existe, apalpar, probar e comprobar quanto está ao meu redor”, leva na sua sinatura o nome da ponte de Rande, no coraçom Goiam e Vigo. Mercé de Rande mostra-nos as suas faces mais actuais sem medo a ensinar alguma cicatriz e os seus logros conqueridos com esforzo, carros de creatividade, valentia e um inmenso sorriso.

Mario Outeiro e Xoán Anllo durante a cesión da coleción de arte africana do segundo ao Museo Provincial de Lugo

Lugo tamén será capital da arte africana

Cultura - 20 Abril 2015

O museo provincial exporá unha importante colección de 150 pezas africanas doadas por Xoán Anllo e que conformará a única exposición permanente deste arte en Galicia.

O Souto dos Prodixios, obra de Producións Dispersas

Piden axuda para publicar un libro ilustrado baseado nun espectáculo infantil

Cultura - 19 Abril 2015

Trátase do Souto dos Prodixios, o último espectáculo de Producións Dispersas que conta a historia de Curisiño, o gardián dun souto máxico onde a natureza cobra vida.

 Xosé Manuel Sánchez Rei / Esta imaxe foi obtida da páxina web da AELG, a Asociación de Escritores en Lingua Galega. As fotos orixinais foron producidas por Santos Díez e Eduardo Castro Bal cunha licenza CC-BY-SA 3.0

“O galego popular presenta unha hibridación alarmante”

Cultura - 17 Abril 2015

Usando “unha variedade fortemente erosionada” non se axuda a normalizar o idioma. Esta é unha das teses dos autores de “Modelos de Lingua e Compromiso”; libro de Baía Edicións editado por Xosé Manuel Sánchez Rei. Nesta entrevista, este profesor de Filoxoxía da UDC denuncia, entre outros puntos, que na TVG faise gala de deturpar o galego e di que xornalistas e políticos deberían dar exemplo de boa praxe coa lingua.

Los Esquizos / Foto: Óscar Brandariz "Branda"

“Los Eskizos, electricidad a contracorriente”. Retrato do underground coruñés

Cultura - 17 Abril 2015

Como unha agulla hipodérmica inxectaron o seu veleno a toda unha xeración que a día de hoxe aínda conserva eses recordos relativamente frescos. Los Eskizos deixaron a súa pegada nos 90 do mesmo xeito que moitos recordamos con pelos e sinais o que estabamos a facer cando escoitamos por primeira vez "Smells Like Teen Spirit" de Nirvana.

Actores da webserie galega Gafas e Pallasos

Audiovisual amateur en galego, entre o máis visto do Estado

Cultura - 13 Abril 2015

“Gafas e Pallaso” é unha webserie feita por estudantes que leva máis de 10.000 visitas nunha semana a pesar de non contar con recursos nin orzamentos. Vídeo no interior.

Documental sobre a traxedia do tren Alvia en Angrois

Sorpresas nos XIII Premios Mestre Mateo

Cultura - 12 Abril 2015

Os Fenómenos premiada como mellor película e mellor director, Antonio Durán 'Morris', como mellor actor e Mabel Rivera como mellor actriz. 'Angrois no esquecemento', do colectivo Lentes Diverxentes, mellor documental.

Lois Pereiro

Lois Pereiro recibe unha homenaxe no seu Monforte natal

Cultura - 10 Abril 2015

Concertos, actos literarios e rebautismo de varios centros culturais conflúen no programa de homenaxe ao poeta organizado polo Concello de Monforte este sábado.

Santi Alverú / Foto: www.suerainbow.es

Obxectivo: Santi Alverú

Cultura - 10 Abril 2015

Santi Alverú é un de tantos que esta empezando neste duro mundo e con quen nos internamos en buscar o segredo do éxito dende os inicios. Porque todos empezamos dende abaixo. Agás claro, aqueles que teñan a sorte de ter un enchufe a man.

Resurrection Fest 2013/ Rubén Navarro

O Resurrection Fest traerá a Motorhead e a Korn

Cultura - 09 Abril 2015

Dende Viveiro, a organización do Ressurection Fest, o festival de metal máis importante do Estado, acaba de anunciar a incorporación destas novas 17 bandas ao cartel. Súmanse así ás bandas anteriormente anunciadas e deixando practicamente pechado o cartel a falta de dous grupos. Os cabezas de cartel coñecidos até o e agora son Motorhead e Korn.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.