René Rosnes, Adam Nussbaum, Paquito D

Varias das principais figuras actuais do jazz, na Coruña

Cultura - 06 Novembro 2012

De Paquito D'Rivera a China Moses no Jazzatlántica até o 11 de novembro.

Xavier P. Docampo/ culturgal

Esperta do teu sono

Cultura - 06 Novembro 2012

Xerais acaba de reeditar unha novela curta de Xabier P. Docampo, 'O País adormentado', unha das mellores homenaxes tolkienianas feitas en Galicia. Crónica de Armando Requeixo.

portada

O pop con estilo propio de La Senda de Afra no Forum Celticum

Cultura - 05 Novembro 2012

Aproveitando o concerto de La Senda de Afra este xoves 8, Rubén Novo, o noso colaborador responsable da web Empuje.net, relátanos a pequena intrahistoria da banda.

Vista da bateria de San Cristovo de Ferrol xa limpa

Un novo espazo cultural recuperado do abandono

Cultura - 04 Novembro 2012

A bateria de San Cristovo xa pode ser visitada logo dos traballos de limpeza realizado polo colectivo 'recuperación dos espazos públicos'. O vindeiro sábado comezarán cunha nova acción de recuperación cultural.

Marcopola no seu primeiro álbum

As viaxes de Marcopola estrean a colección Merlín Cómics de Xerais

Cultura - 04 Novembro 2012

O noso experto en banda deseñada, Eduardo Maroño, achéganos ao álbum "As orixes de Marcopola", primeiro da serie "Marcopola, a illa remeira" de Jacobo Fernández Serrano.

Mavis Staples

A lenda do soul Mavis Staples en Santiago

Cultura - 04 Novembro 2012

O ciclo Galicia Importa presenta este martes día 6 en Santiago de Compostela o concerto da lenda do soul e do gospel Mavis Staples, quen se atopa nun dos seus mellores momentos artísticos tras máis de 60 anos de carreira. O Auditorio de Galicia acollerá, a partir das 21.00 horas, a que será a primeira actuación da vocalista estadounidense nun escenario galego.

Manuel Rivas/ cuaderno10.com

As marabillas do mundo a redor de Manuel Rivas

Cultura - 03 Novembro 2012

Está camiño de converterse no libro do ano. Acaba de saír do prelo e é unha das novelas que mellores críticas está colleitando. Narra as vivencias do propio autor, as grandes modificacións que viviu A Coruña e eses grandes contrastes entre o rural e o urbano galego. Nova crítica de X.M. Eyré.

Cota de asociado

As Fillas de Galicia, un artigo de Cristina Corral Soilán

Cultura - 03 Novembro 2012

Hai máis de un século @s galeg@s fomos pioneir@s no que a emigración se refire. As nosas fotos despedindo a familiares que ían "facer as Américas" nos portos de A Coruña e Vigo deron a volta ó mundo. De alá nos chegaban noticias de grandes fortunas acadadas a forza de traballar duro, a recompensa a un gran esforzo. Pero sabemos en profundidade cal era a vida das mulleres emigrantes? A que se adicaban?

Cartel do Castañazo Rock 2012

Os Diplomáticos de Monte Alto regresan este sábado para celebrar o décimo aniversario do Castañazo Rock

Cultura - 02 Novembro 2012

Acompañaranos neste evento Os Papaqueixos, Liviao do Marrao, Cuchufellos e Rastreros

Vista xeral do castro do Redondo, no Vicedo

A "socialización" dos BIC's galegos

Cultura - 01 Novembro 2012

A Dirección Xeral de Patrimonio fai público o catálogo dos bens patrimoniais. Desde Cultura non se opoñen a que voluntarios, asociacións ou concellos boten unha man pero sempre baixo a súa supervisión.

Habitación Pocoyó

Un cuarto para Pocoyó no Hotel do Xoguete de Ibi

Cultura - 01 Novembro 2012

Curiosa iniciativa. O Hotel do Xoguete de Ibi, especializado no público infantil, tematizou un dos seus cuartos coa figura e complementos do moneco Pocoyó.

Josito Porto

Josito Porto presenta as súas 'Laretadas' esta fin de semana en Cambados e Gondomar

Cultura - 31 Outubro 2012

O actor e músico arousano actuará co seu monólogo o sábado no auditorio Lois Tobío de Gondomar e o domingo no Auditorio da Xuventude de Cambados. Ademais de participar en máis de 30 montaxes teatrais, series e filmes, Josito Porto tamén está a presentar un novo como cantautor, Factoría de Subsistencia

Samaín Rock

O Samaín Rock refúxiase na Zona C

Cultura - 30 Outubro 2012

O Samaín Rock que Desconcierto Cultural tiña previsto celebrar inicialmente na Praza dos Bombeiros cambia de lugar á Zona C.

YUL (foto Leti Ocaña)

YUL adiantará os seus novos temas na Mardi Gras

Cultura - 30 Outubro 2012

YUL, o novo e maduro proxecto do recoñecido músico coruñés Julio Béjar, estreará novo traballo a fins de ano. Aqueles siareiros máis ansiosos por coñecer os novos cortes teñen unha cita este sábado na sala coruñesa Mardi Gras.

portada

Con barqueira e remador, Obradoiro Internacional de Tradución Poética

Cultura - 29 Outubro 2012

O martes 30 de outubro no Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira, Pontevedra) ás 19:30, como foro aberto dirixido a todos os escritores/as, docentes de literatura, editores/as, tradutores/as e persoas interesadas na escrita poética do noso e doutros territorios, preséntase unha mesa redonda con título “Cercando as ondas. Que significa ser poeta en … (Finlandia, Cataluña, Croacia, Islandia, Eslovenia, Letonia e Galiza)”

Carlos Lema/ Galaxia

As cereixas de C.L.

Cultura - 27 Outubro 2012

Un conxunto de reflexións sobre literatura, sobre música e sobre algunhas das pedras que constrúen e alicerzan o libro; as palabras, as cedencias, os silencios… Son a esencia de 'Indeterminacións', unha obra de Carlos Lema, publicada por Axóuxere Editora. Artigo de X.M. Eyré.

Presentación do libro Postmodernidade e novas redes sociais

"Os videoxogos, os novos amos patriarcais"

Cultura - 26 Outubro 2012

A USC presentou o libro Postmodernidade e novas redes sociais este xoves. O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero recolleu datos duns 4.000 nenos galegos.

Homenaxe a Manfred Gnädinger, coñecido como Man, o alemán de Camelle / Miguel Núñez

Lembranza de Man

Cultura - 25 Outubro 2012

A dez anos da catástrofe do 'Prestige' e cun xuízo en marcha que semella unha parodia, lembramos, a piques de cumprirse o seu décimo cabodano, a Manfred Gnädinger (Radolfzell, 27 de xaneiro de 1936 - Camelle, 28 de decembro de 2002), o pintor e escultor anacoreta de Camelle que era coñecido como Man o Alemán, un home que morreu da tristura inoculada polo chapapote. Dez anos despois, unha das obras cume do land-art, a de Man, segue abandoada. O fotógrafo Miguel Núñez recupera do seu arquivo unha serie de imaxes en lembranza de Man e agasállanos cunha breve reflexión moi íntima sobre a catástrofe do 'Prestige', a obra e morte de Manfred Gnädinger, e a nosa memoria.

Samaín en Cedeira

Cedeira celebra a súa XXIII Festa do Samaín

Cultura - 25 Outubro 2012

Como cada ano chegado outono, a Asociación de amigos do Samaín celebra na vila de Cedeira a Festa do Samaín, que este ano chega á súa viséximo terceira edición

Manuel Rivas/ cuaderno10.com

Memoria íntima, mais tamén xeracional

Cultura - 25 Outubro 2012

A memoria persoal, mais tamén a memoria xeracional dos que agora andan entre os cincuenta e cinco e sesenta e cinco anos e ostentan o liderado no actual sistema cultural e literario galego, conforma a nova obra de Manuel Rivas, 'As voces baixas', editada por Xerais. Artigo de Manuel Rodríguez Alonso.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.