III Mufest, Festival de cine feito por mulleres

Cultura - 25 Febreiro 2012

Entre os días 22 e 25 de febreiro o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle unha nova edición desta mostra de cine feminino e en feminino.

Engurras, unha historia para os anciáns que seremos

Cultura - 24 Febreiro 2012

Esta semana Ignacio Lago recomenda Engurras, un filme galego que se inspira no mundo da vellez, os asilos e o Alzheimer, e que vén de gañar dous premios Goya.

Unha Rosalía “inédita”

Cultura - 24 Febreiro 2012

Ramón Torrado descubre una nova imaxe de Rosalía nos arquivos da Real Academia, que Certo publica no 175 aniversario do nacemento da escritora. Imaxe de maior resolución no interior.

"O florido pénsil" volve a Vigo

Cultura - 24 Febreiro 2012

Antonio Durán ‘Morris’, Xosé Manuel Olveira ‘Pico’, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez protagonizan unha obra sobre a escola franquista, escrita por Andrés Sopeña

Carlos Quintá e Suso Novás afondan en torno á figura do cineasta francés Jean Vigo

Cultura - 23 Febreiro 2012

Este xoves 23 de febreiro, ás 20:00, o Espazo Sirvent propón dúas interpretacións acerca da obra dunha das figuras clave da vangarda cinematográfica de entreguerras a través da música e a historia

Francis Scott Fizgerald, o gran sedutor

Cultura - 22 Febreiro 2012

'Contos da era do Jazz' é o título dunha obra de Francis Scott Fitzgerald que a editorial Rinoceronte acaba de editar, traducida por Rafael Salgueiro, e que Armando Requeixo analiza esta semana para o GC.

Plus Lottus: o plan oculto do InDrumstrial Dance

Cultura - 21 Febreiro 2012

Presentámosvos a banda-espectáculo Plus Lottus, formación galaico-venezolana asentada en Sada e creadora do xénero musical denominado InDrumstrial Dance. Absolutamente mortal. Definitivamente Plus. Permanentemente Lottus.

A verdadeira aventura e o lesbianismo

Cultura - 21 Febreiro 2012

Esta semana, falamos de 'Meu pai vaite matar', un libro de María Xosé Queizán editado por Xerais.

O disco máis comprometido de Machina

Cultura - 20 Febreiro 2012

Un dos referentes do novo metal en galego presentan Ensaio sobre o silencio. Canción de adianto e vídeo no interior.

Tres premios Goya para o cine de animación galego

Cultura - 20 Febreiro 2012

'Arrugas', mellor filme de animación e guión adaptado; 'Birdboy', do debuxante Alberto Vázquez, premio á mellor curtametraxe animada. Videos de ambas as dúas producións no interior.

A segunda armada invencible que afundiu en Galicia

Cultura - 18 Febreiro 2012

Oito anos despois do desastre da Armanda Invencible, Felipe II mandou outra gran frota de castigo contra Inglaterra. Pero o mar e a climatoloxía provocaron, novamente, o desastre. Fronte a Fisterra afundíronse 25 naves e houbo 1706 mortos. Foi o maior desastre naval de Galicia e catro deses barcos ocupan as listas dos dez peores naufraxios da nosa historia. Entre os mortos, ademais de galegos, portugueses e andaluces, tamén había irlandeses contrarios á coroa inglesa. A traxedia coñécese como o desastre da Armada de Padilla.

"Moneyball", béisbol, matemáticas e pensamento paralelo

Cultura - 17 Febreiro 2012

Esta semana a crítica de cinema céntrase en "Moneyball", a última produción de Bennett Miller e protagonizada por Brad Pitt. Un filme que paga a pena segundo o noso crítico Ignacio Lago.

Armando Requeixo presenta o volume Criticalia

Cultura - 17 Febreiro 2012

O crítico literario e colaborador de GC Armando Requeixo presentou o volume Criticalia, unha escolma de recensións publicadas ao longo de dúas décadas en diferentes xornais e revistas de toda Galicia que foi editada por Sotelo Blanco Edicións.

Lovecraft, escritor primordial

Cultura - 15 Febreiro 2012

Armando Requeixo trae esta semana o libro "Nas montañas da loucura", unha obra de Howard Phillips Lovecraft, con tradución de Tomás González Ahola e editado por Urco.

Novas promesas nas "Noites Cósmicas" da sala Playmóvil de Vigo

Cultura - 14 Febreiro 2012

Despois de gozar coas prometedoras bandas Litoral (Barcelona) e Trampoline (Vigo) será o momento de poder escoitar a LInda Guilala e When Nalda became punk, dous grupos vigueses expoñentes do mellor indie pop da cidade.

Todas as historias son a historia

Cultura - 14 Febreiro 2012

Esta semana falamos de 'Laura no deserto', un libro de Antón Riveiro Coello editado por Galaxia.

A luminosidade de Jane Joyd e Russian Red na Coruña

Cultura - 12 Febreiro 2012

Os proxectos musicais de Elba Fernández e Lourdes Hernández esgotaron as entradas unha semana antes do seu concerto, celebrado este sábado. O Centró Ágora da Coruña encheuse para gozar do espectáculo. GC estivo coas protagonistas. Vídeos no interior.

Últimas datas da sala The Star (Carral)

Cultura - 11 Febreiro 2012

Os seus responsables, os actores Marcos Pereiro e Xosé Touriñán -As Cantareiras de Ardebullo- anunciaron esta semana o seu inminente peche a finais deste frío, xélido, mes de febreiro.

O Centro Ágora e a luz

Cultura - 10 Febreiro 2012

Tarkovski impera, Vermeer espera. Visitamos o novo "centro cultural para o progreso social" da Coruña. Jane Joyd e Russian Red actuarán no seu Auditorio este sábado, 11 de febreiro

"Declaración de guerra", loitando sen descanso

Cultura - 10 Febreiro 2012

"Declaración de guerra" é un filme francés que acaba de ser aclamado polo público no Festival de Xixón. Estrease este venres e é a pelicula que centra a crítica de cinema semanal de Ignacio Lago.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.