Mambo: the most revolutionary galician show of the last years!!!

Cultura - 09 Febreiro 2012

Escena T estrea o seu espectáculo "Mambo" este venres 10 e sábado 11 de febreiro no Auditorio Novacaixagalicia de Vigo ás 20:30. Perdelo é perderse.

Ana Alcaide presenta o seu novo traballo "La Cantiga del Fuego"

Cultura - 09 Febreiro 2012

Estará este xoves na sede da SGAE ás 21.00 horas; na sala Liceum de Porriño, mañá día 10, e no Teatro Principal de Ourense xusto un día despois.

Valle Inclán e Antón Villar Ponte: entre a polémica e a admiración

Cultura - 09 Febreiro 2012

O fundador das Irmandades da Fala, o xornalista viveirés Antón Villar Ponte (1881- marzo de 1936), mantivo co escritor Ramón Mª del Valle Inclán (1866-xaneiro de 1936) un relacionamento complexo e flutuante, por momentos tenso e confrontado, mais, asemade, repleto de expresións de admiración. Afondamos nesa relación da man do profesor e escritor Emilio Xosé Ínsua. Unha relación na que houbo admiración pero tamén enemistade pola negación de Valle Inclán da lingua e da cultura de Galicia.

Quen protexe o legado de Díaz Pardo?

Cultura - 08 Febreiro 2012

Mentres a Xunta fai homenaxes ao galeguista e pintor, o seu legado segue desprotexido. Os socialistas acusan a Feijóo de “inútil reaccionario” por esquencer os bens do artista.

A viaxe alucinante de The Gone&Lost

Cultura - 08 Febreiro 2012

Os metaleiros coruñeses The Gone&Lost pasan a eliminatoria da Wrestling Of Metal de Madrid e volverán competir o 4 de marzo. Este é o retrato da súa alucinante viaxe. Vídeo inédito no interior.

Charles Bukowski, o gran cínico

Cultura - 08 Febreiro 2012

Esta semana, Armando Requeixo trae a Charles Bukowski e o seu 'Servizo de Correos', un libro traducido por Alejandro Tobar e editado por Hugin e Munin.

O que de verdade importa ou A poesía prohibida

Cultura - 07 Febreiro 2012

Esta semana, 'Crac' de Gonzalo Hermo e editada por Barbantesa centra a crítica literaria de Xosé Manuel Eyré.

Estes son os "best-sellers" de Edicións Xerais

Cultura - 06 Febreiro 2012

Edicións Xerais de Galicia superou os dez millóns de exemplares vendidos desde a súa fundación en 1979. Fernández Paz, Manuel Rivas e o eterno dicionario Xerais son os máis populares.

"Os castrexos eran multiculturais, multiétnicos e polígamos"

Cultura - 06 Febreiro 2012

É unha das promesas da arqueoloxía deste país e acaba de presentar a súa tese de doutoramento sobre o mundo castrexo logo de 35 anos de seca sobre a temática. Xurxo Ayán (Pontevedra, 1976) rompe tópicos nunha obra que algún catedrático xa cualificou de obra mestra da arqueoloxía castrexa. Este fiel colaborador do GC fálanos da "Casa, Familia e Comunidade na Idade do Ferro no NW".

CINEMA.- "Os descendentes", unha viaxe que non agarda

Cultura - 03 Febreiro 2012

Poucas historias son máis conmovedoras ca un adeus. Sempre quedan cousas que dicir, rancor por perdoar e preguntas que responder.

Madame Chocò, a casiña encantada de Cardigan Bridge

Cultura - 03 Febreiro 2012

Achegámonos a Melide para merendar con Cardigan Bridge e arrincarlle un tema do seu próximo traballo en primicia para GC.

O Monte Pindo non será parque natural...por agora

Cultura - 02 Febreiro 2012

Os populares rexeitan unha proposición non de lei do BNG, pactada co PSdeG, para converter o mítico monte da Costa da Morte nunha nova reserva da natureza. Sinalan que non descartan facelo no futuro.

Os coruñeses "The Gone&Lost" toman Madrid este venres

Cultura - 02 Febreiro 2012

O grupo foi seleccionado pola sala Ritmo e Compás de Madrid dentro dun concurso chamado 'Wrestling of Metal'.

A viaxe intergaláctica de Miguel Brieva

Cultura - 02 Febreiro 2012

O coñecido debuxante, un «tipo interesante» que pasou polas páxinas de publicacións tan relevantes como El Jueves, El País ou Rolling Stone, deu a luz un novo libro no que recolle retallos do seu traballo.

Hospital Metropolitano Antón Beiras

Cultura - 01 Febreiro 2012

Vigo acolleu gratamente a sobranceiros intelectuais da cultura galega. Moitos deles, malia seren oriúndos doutros lugares, consideráronse fillos adoptivos dunha cidade que non puxo reparos en tal xesto. Esa acumulación e comuñón cos vigueses permitiron o florecer de destacadas iniciativas artísticas, arquitectónicas ou editoriais.

Armando Requeixo novo colaborador literario do GC

Cultura - 01 Febreiro 2012

GC inicia unha colaboración literaria da man de Armando Requeixo, profesor e crítico literario, quen, semanalmente, falará sobre literatura e poesía, tanto de Galicia como do panorama internacional. A revisión de 'Ellis Island' de Georges Perec, será a súa primeira contribución a este medio.

A Torre de Augusto, no Pindo?

Cultura - 01 Febreiro 2012

Un artigo analiza a posibilidade de que o Castelo de Penafiel, no Pindo, poida ser a Torre de Augusto, a Ara Sextiana dos nerios. Este castelo conserva unha inscrición de excomunión única en Galicia.

Crónica parcial dun libro incompleto: acuática alma e o momento da vida

Cultura - 31 Xaneiro 2012

Esta semana traemos a análise 'Acuática alma' de Marta Dacosta, un libro publicado pola editorial Espiral Maior.

Albert Nobbs, unha magoante historia sobre a represión social

Cultura - 27 Xaneiro 2012

GC inicia unha nova sección de crítica cinematográfica. Todas as semanas comentaremos unha estrea. Ignacio Lago, colaborador habitual de nuestroscomics.com e 8milimetros.com será o encargado de poñernos ao día do cinema actual.

Morreu Xosé Manuel Seivane, un dos mestres da gaita

Cultura - 27 Xaneiro 2012

Seivane foi un dos precursores na modernización da gaita galega e o referente de toda unha familia de artesáns que se adica a este instrumento, símbolo da música do país. Vídeo no que explica a súa traxectoria no interior.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.