"Apartheid" na biblioteca da Pobra

Cultura - 16 Febreiro 2011

O PSdeG denuncia que o concello "discrimina á cultura galega" pola pouca visibilidade dos libros galegos.

"Eu falo porque me sale de adentro, del jondo"

Cultura - 12 Febreiro 2011

As artistas galegas Maria Lado e Lucía Aldao logran rachar con moitos dos tópicos en torno á poesía co seu espectáculo. Vídeo da súa actuación na Coruña no interior.

A presenza creadora de Lois Pereiro

Cultura - 08 Febreiro 2011

Manuel Rivas, Xurxo Souto, Xosé Manuel Pereiro e O Leo reflexionaron para Galicia Confidencial sobre o Lois-poeta e sobre o Lois-persoa, o seu pensamento, o seu compromiso. Entre a nostalxia e a revolta. Vídeo no interior.

Fotos e planos inéditos nun blog da Cidade da Cultura

Cultura - 08 Febreiro 2011

ACTUALIZADO. Cultura nega vinculación algunha cun blog case máis completo que a páxina web oficial do complexo cultural. O seu autor nega ser un técnico.

A Galicia escintilante fronte a Galicia real

Cultura - 08 Febreiro 2011

Xunta, concellos, deputacións e mesmo a Federación de Montañismo deixan crecer as silveiras e os toxos en vías senlleiras de Galicia. 19 roteiros publicitados por Turgalicia están impracticables.

Atentados contra a Memoria Histórica en Vigo

Cultura - 06 Febreiro 2011

Nos últimos días varios monumentos conmemorativos dos asasinados polo franquismo foron saboteados en Vigo.

Xunta e Igrexa rehabilitarán o pazo de Diomondi

Cultura - 01 Febreiro 2011

Investigadores e arquitectos visitarán este monumento para resaltar a súa importancia.

Case un millón nos estantes da Biblioteca da Cidade da Cultura

Cultura - 26 Xaneiro 2011

As obras do Gaiás seguen malia a crise. Logo da inauguración de dous edificios, aínda hai que dotalos de contidos e para iso cómpren baldas. PDF do concurso no interior.

A Xunta di que tivo que dobrar as guías do Gaiás

Cultura - 20 Xaneiro 2011

O Goberno asegura que a inaguración da Cidade da Cultura foi un éxito.

Os galegos que pasaron polos campos de concentración nazis

Cultura - 17 Xaneiro 2011

Galicia tamén estivo nos grandes campos de concentración dos nazis. Por alí pasaron preto de 200 galegos, dos que só saíron con vida pouco máis do 25%. A maioría deles eran loitadores republicanos e antifascistas.

Rosalía inaugura os actos na Cidade da Cultura

Cultura - 14 Xaneiro 2011

Helena Villar Janerio será a encargada de presentar o primeiro acto cultural na Cidade da Cultura que conta coa presencia de colectivos críticos con esta obra.

Cort, guitarras que soan a explotación laboral

Cultura - 13 Xaneiro 2011

Esta é a historia duns traballadores en loita dende hai case catro anos. Esta é unha historia que comezou o 9 de abril de 2007 en Deajon, Corea do Sur. Esta é a historia dos homes e mulleres que fabricaron durante anos, en condicións deplorabeis, milleiros de guitarras na factoría coreana de Cort/Cor-Tek.

"Proxecto de futuro para a nación española" ou "símbolo do despilfarro público"?

Cultura - 11 Xaneiro 2011

Manuel Bragado alerta que o coro evitou a palabra "nazón" ao cantar o himno galego na inaguración. Houbo ademais visións contrapostas sobre a estrea dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura. Críticas e ausencia do Bloque, loas de Feijóo aos Príncipes de Asturias e boicot dunha plataforma cidadán ao acto deste mediodía. Vídeos no interior.

Os "galego-irlandeses"

Cultura - 09 Xaneiro 2011

En Galicia existen moitos apelidos de orixe irlandesa e unha relación sementada durante séculos. Un dos episodios máis sobranceiros nesta relación galego-irlandesa é o da sublevación de Irlanda de 1601.

A Xunta patrocina unha exposición sobre extraterrestres

Cultura - 04 Xaneiro 2011

"El diseñador de Especies" é unha exposición sobre a suposta semellanza de formas homínidas no universo que acollerá a Casa de Galicia en Madrid.

Derrúbase un dos pazos bispais máis antigos de Galicia

Cultura - 03 Xaneiro 2011

O edificio románico de Diomondi, en Lugo, está anexo a unha das igrexas máis importantes de Galicia. A Xunta diminúe nun 82% as axudas a Patrimonio.

Primeiro gran ciclo de actos na Cidade da Cultura

Cultura - 30 Decembro 2010

Dulce Pontes será unha das protagonistas dun programa que tamén prestará atención a escritores galegos en lingua castelá como Cela ou Valle.

Nace unha nova plataforma cultural da man da UPG

Cultura - 27 Decembro 2010

Pilar García Negro é a presidenta da Federación Galiza Cultura que ten coma fin elaborar “proxectos culturais nacionais” e rachar coa actual división provincial na concepción cultural.

Agasallos en galego

Cultura - 20 Decembro 2010

O Nadal é a época máis propicia do ano para os agasallos e, en Galicia, están proliferando as institucións que promoven os agasallos ou os concursos "made in Galicia" e "en galego".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.